xogo limpo

now browsing by tag

 
 

Pequenos xogadores dan unha lección contra a violencia no fútbol base aos seus pais

Como sabedes, na Escola Deportiva Santiago defendemos o xogo limpo e os valores que aporta o deporte aos nenos e nenas. Nesta ocasión, queremos contarvos unha historia que se converteu en toda unha lección contra a violencia no fútbol base. E non partiu dos adultos, senón dos pequenos xogadores. Isto foi o que sucedeu.

Fin de semana do 4 e 5 de marzo. Dous equipos de Valencia, de categoría ‘querubín’ (nenos de 5 anos de idade), Paterna CF e Torrent CF, disputan un partido no que o pai dun dos pequenos actúa como árbitro. Cara o final, sinalou un penalti que propiciou un escándolo sobre o céspede, unha pelaxa que podedes en vídeo premendo aquí.

Que fixeron os clubes? Para empezar, reunirse cos pais para explicarlles a mala imaxe que deron diante dos seus fillos. Tamén traballaron en concienciar a grandes e pequenos na importancia de respectar ao contrario. E, no caso do Torrent CF, elaboraron un cartaz coa sinatura de todos os nenos do equipo no que se pode ler ‘fair play’ (xogo limpo) e que ensinaron no seu seguinte encontro. Bravo por eles! E polos clubes, por non deixar a situación pasar.

 

Como ensinarlles aos nenos o respecto no deporte

Un dos seguidores da Escola Deportiva Santiago recomendounos esta entrevista que lle fan á psicóloga Patricia Ramírez no programa ‘Para todos La 2’. Nela falan de como fomentar o respecto no deporte entre os máis pequenos.

O primeiro punto que resalta esta profesional é a necesidade de ensinarlles aos nenos a “respectar a todos por igual”, desde o adestrador ata o xardineiro que coida o céspede, pasando polo árbitro e os pais do noso equipo e do equipo rival. E como o facemos? A través de modelos de conduta. Difícilmente un neno vai a respectar a outro compañeiro se o modelo que ten é o dun pai que insulta desde o público”, afirma Ramírez. A psicóloga insta aos proxenitores a comportarse cos demais como quererían que se portasen estes cos seus fillos. E tamén suxire inculcar desde pequenos que o importante non é gañar, senón entender o deporte como unha gran escola de valores. 

Ramírez aporta unha serie de regras para traballar neste senso dentro do terreo de xogo:

  • Non amosar xestos agresivos nin comentarios fóra de lugar
  • Agradecer o tempo e esforzo a todos
  • Dar valor ao traballo de todos
  • Ser honesto no xogo (fomentando o xogo limpo, sen enganar ao árbitro, por exemplo).
  • Comportarse de forma tranquila e aceptar a derrota
  • Obedecer as regras
  • Ser valente para pedir aos outros que tamén respecten
  • Dar a man cando comeza e remata o partido, tanto se gañas como se perdes, e outras mostras de respecto como axudar a levantar aos que se caen

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR