volta ao cole

now browsing by tag

 
 

Remata o verán co Campus Volta ao Cole da Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago organiza en setembro un novo campus polideportivo denominado Campus Volta ao Cole. Así, do 5 ao 9 de dito mes, nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade, poderán rematar as súas vacacións dun xeito divertido, educativo e saudable; regresando as súas clases máis fortes que nunca.

O Campus, no que colaboran a Deputación da Coruña, o Concello de Santiago e Gadis, desenvolverase en horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas) no campo de fútbol e pavillón de Santa Isabel. Os pequechos practicarán diferentes actividades deportivas como fútbol, fútbol sala, atletismo, deportes alternativos e exercicios para mellorar a atención.

campus_volta_ao_cole

Desde 12 euros
Aqueles que queiran anotar aos seus fillos/as poderán facelo desde tan só 12 euros por días soltos. En caso de inscribirse ao campus completo, o prezo é de 50 euros (40 euros para segundos irmáns e familias numerosas). Ademais, os que o desexen, poderán formar equipos de ata cinco rapaces/zas obtendo así un importante desconto: 40 euros para os grupos de 3; e 35 euros para os grupos de 5.

As inscricións poden realizarse cubrindo o seguinte formulario online e mandando o xustificante de pago ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com

Para calquera dúbida podedes chamar ao teléfono 697 408 573.

Non hai escapatoria! Chega a volta ao cole!

Os nenos e nenas galegas regresarán as clases o próximo 10 de setembro e, superada xa a primeira quincena de agosto, non hai escapatoria! Estamos a piques de enfrontarnos á temida volta ao cole!

Os pais e nais terán que soportar un gasto que pode chegar ata os 600 euros entre libros de texto, material escolar, roupa… e, ademais, os nenos e nenas terán que acostumarse de novo aos madrugóns, a cargar coa mochila, a adicar tempo aos estudos…

Para pasar os últimos días de vacacións divertíndose dun xeito saudable, a Escola Deportiva Santiago organiza un Campus Polideportivo que podedes consultar premendo neste enlace. Pero ademais, queremos darvos algúns consellos que rescatamos da páxina web escuela20.com para facer máis doado este adeus ao verán:

  • Comezar coa rutina do espertar: Máis ou menos unha semana antes da volta ao cole hai que empezar a acostar aos nenos antes para que se levanten da cama máis cedo.
  • Menos tempo coa tele e o ordenador: Se es dos que en verán deixas pasar máis tempo aos nenos coas novas tecnoloxías, hai que empezar a restrinxilo. Podedes organizar unha reunión familiar e fixar as novas normas xuntos para que os pequenos se sintan implicados.
  • Preparar as merendas: Podedes facer unha lista cos 10-20 alimentos que lles gustarían levar aos vosos fillos ao cole para as merendas e combinar os seus gustos con alternativas saudables.
  • Mapa da escola: Se o pequeno vai a empezar nun novo colexio sería interesante poder visitalo con el antes. E tanto se é novo como se non, facer un mapa para, dun xeito divertido, saber onde están as distintas aulas pode ser moi interesante.
  • Limpar o armario: Os nenos aprenderán a importancia do compartir se revisamos con eles os seus armarios, doando as prendas que xa lles queden pequenas e mirando o que necesitan para o novo curso.
  • Facer un orzamento: Chega unha época de moito gasto, así que é básico ter claro que é o imprescindible e que non.
  • Un espazo para estudar: Se todavía non o ten, non esperes para acondicionar un espazo de estudo para eles que sexa cómodo, estea ordenado e onde non haxa demasiadas distraccións.

Foto: Clarissa Rodrigues para o banco de imaxes Cenice

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR