violencia

now browsing by tag

 
 

Pequenos xogadores dan unha lección contra a violencia no fútbol base aos seus pais

Como sabedes, na Escola Deportiva Santiago defendemos o xogo limpo e os valores que aporta o deporte aos nenos e nenas. Nesta ocasión, queremos contarvos unha historia que se converteu en toda unha lección contra a violencia no fútbol base. E non partiu dos adultos, senón dos pequenos xogadores. Isto foi o que sucedeu.

Fin de semana do 4 e 5 de marzo. Dous equipos de Valencia, de categoría ‘querubín’ (nenos de 5 anos de idade), Paterna CF e Torrent CF, disputan un partido no que o pai dun dos pequenos actúa como árbitro. Cara o final, sinalou un penalti que propiciou un escándolo sobre o céspede, unha pelaxa que podedes en vídeo premendo aquí.

Que fixeron os clubes? Para empezar, reunirse cos pais para explicarlles a mala imaxe que deron diante dos seus fillos. Tamén traballaron en concienciar a grandes e pequenos na importancia de respectar ao contrario. E, no caso do Torrent CF, elaboraron un cartaz coa sinatura de todos os nenos do equipo no que se pode ler ‘fair play’ (xogo limpo) e que ensinaron no seu seguinte encontro. Bravo por eles! E polos clubes, por non deixar a situación pasar.

 

E ti, tamén pensas que no fútbol o respecto gaña?

Encántanos esta campaña da Federación de Fútbol de la Región de Murcia! Chámase #ElRespetoGana e trata de concienciar contra a violencia no fútbol. Unha tarefa na que interveñen todos: futbolistas, adestradores, árbitros, nais e pais.

Por un 2015 sen violencia no fútbol

Esta semana anunciouse que A Coruña acollerá en abril un foro nacional contra a violencia no fútbol promovido por la Asociación Galega de Xestores Deportivos (Agaxede). Tamén colaboran o Consello Superior de Deportes, a Liga de Fútbol Profesional e o Club Deportivo. O obxectivo é erradicar as actitudes violentas dos campos.

Desde a Escola Deportiva Santiago sempre intentamos inculcar a boa educación nos partidos, tanto aos nosos xogadores/as como aos seus pais e nais. Peor moitas veces son os nenos e nenas os que maiores leccións dan aos adultos. É o caso de Alejandro Rodríguez, un pequeno de 5 anos de Canarias que se fixo famoso o ano pasado polo seu xesto durante un encontro prebenxamín. O meniño púxose en medio do adestrador dun dos equipos e do árbitro para que parasen de discutir. A imaxe separándoos cos seus brazos estirados (e que podes ver neste artigo) valeulle un Premio Nacional do Deporte. Todo un exemplo que queremos que non se esqueza no 2015.

LER MÁIS:

Piden deter os partidos de fútbol base cando haxa violencia verbal 

Como deben comportarse os pais cando os seus fillos fan deporte

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR