vídeo

now browsing by tag

 
 

‘The Present’, un corto co que maiores e peques poden aprender moito

Aínda non víchedes ‘The Present’? É un corto creado por Jacob Frey que xa gañou máis de 50 premios en 180 festivais de cine. Por que? Seguramente moito terá que ver a fermosa mensaxe que lanza. Aquí o tendes (está en inglés pero non é necesario entendelo):

The Present from Jacob Frey on Vimeo.

Efecto Pigmalión: Empuxa aos teus fillos cara ás súas metas

Seguro que moitos de vós tendes visto na televisón este anuncio de Divina Pastora Seguros. Publicámolo hoxe no noso blog porque trata sobre un tema moi interesante para os pais e nais: o efecto Pigmalión. En psicoloxía e pedagoxía, este é un dos sucesos que describe como a crenza que ten unha persoa pode influír no rendemento doutra. 

É moi sinxelo. Se ti lle dis ao teu fillo/a constantemente, por exemplo, que é un vago é moi probable que ese sexa o seu comportamento máis habitual. Pero se fas o contrario, animándoo a moverse, posiblemente consigas que cambie. Explícase moi ben no comentado anuncio e nun artigo publicado na plataforma Naxio News que podes ler premendo aquí.

Os novos retos da educación segundo un dos mellores profesores do mundo, César Bona

A moitos de vós xa vos soará César Bona. O zaragozano fíxose famoso tras ser elexido como un dos 50 mellores mestres do mundo segundo o Global Teacher Prize, o chamado Nobel dos profesores. Pero que é o que o fai diferente? Sobre todo que promove a necesidade de escoitar aos nenos e estimulalos para que sintan curiosidade polas cousas.

Recentemente publicou un libro titulado La nueva educación. Los retos y desafíos de un maestro de hoy. Tamén podedes coñecer un pouco máis del nesta entrevista que lle fixeron no xornal ABC.

Pero sobre todo non deixedes de ver este vídeo dunha das súas ponencias onde explica o seu método educativo e por que é tan importante fomentar a creatividade entre os máis pequenos.

Así ensina Óscar Vilariño trucos para porteiros no blog de Decathlon

Un dos membros da Escola Deportiva Santiago, Óscar Vilariño, é tamén colaborador do blog Pasión por el fútbol de Decathlon. Alí escribe diferentes artigos sobre o fútbol, o deporte que máis lle gusta e que practica non só como adestrador no noso clube, senón tamén como xogador desde moi pequeno en diferentes equipos (preme aquí se queres coñecelo un pouquechiño máis).

Unha das súas últimas colaboracións é esta na que, xunto con María Lomas, fala das diferencias entre o porteiro de fútbol 11 e o de fútbol sala. Trátase dun vídeo moi interesante, ademais de divertido! (non vos perdades o final! 😉 )

Escoita aos teus fillos! É importante para o seu desenvolvemento emocional

Que facer cando o noso fillo/a non quere erguerse da cama para ir a clase? E cada vez que ten unha rabecha? Neste vídeo da Fundación Integra (unha institución chilena) intentan sensibilizar aos pais e nais sobre o importante rol que ocupan no desenvolvemento emocional dos nenos e nenas.

Nel propóñennos actuar doutra maneira cada vez que se produce unha situación cos pequenos da que non sabemos saír. O principal consello? Aprender a escoitalos!

Por que os nenos deixan de practicar deporte?

O teu fillo/a xa non quere practicar deporte? Por que? Nesta entrevista feita polos responsables do portal coachingdeldeporte.com o psicólogo do deporte David Llopis dános algunhas claves a ter en conta:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR