vacacións

now browsing by tag

 
 

Cambiarías os períodos vacacionais dos teus fillos/as?

Estes días estase a falar moito da posibilidade de cambiar os períodos vacacionais dos escolares. Por un lado, tal e como publican no xornal La Voz de Galicia, UXT propuso fixar as vacacións de primavera sempre nos dez primeiros días de abril, independentemente de cando coincida a Semana Santa. ANPE solicitaba ademais facer lectivos o 22 de decembro e o 22 de xuño, coa fin de equilibrar os trimestres. Sen embargo, tal e como podes ler neste artigo, un desacordo polos horarios impediu debater o calendario escolar. Así, as clases de infantil e primaria comezará o 11 de setembro e en secundaria e bachiller, o día 15. O final de curso será o 21 de xuño.

Pero o vindeiro curso será moi deferente en Cantabria. O seu Goberno autonómico acaba de aprobar a eliminación das vacacións de Semana Santa e Antroido. Tal e como explican en ABC, serán substituidas por dous novos períodos vacacionais: cinco días a finais de febreiro e ortros tantos no mes de maio. Deste xeito, terán cinco bimestres, separados por catro paradas e dous meses de vacacións, xullo e agosto. (podes lelo aquí).

E ti, que opinas? Cambiarías o calendario escolar dos teus fillos/as?

Os nenos na casa… e agora que?

Metidos de cheo xa nas vacacións de verán e cos nenos sen colexio, os pais e nais pregúntanse: “Que podemos facer con eles?”. Existen diversas alternativas para tratar de conciliar a vida familiar e laboral en tempo de lecer, coma os Campus de Tecnificación e Polideportivos que organizamos na Escola Deportiva Santiago. Tamén hai quen opta por campamentos ou por pedir axuda aos sempre dispostos avós, padriños, tíos e demais familia.

Pero como entreter aos nosos fillos cando estamos con eles na casa? Con bo tempo, podemos ir á praia, a un parque ou a xogar ao fútbol ou o baloncesto. Pero vivindo en Galicia e con todos os días de chuvia que temos, moitas veces escasean as ideas. Como alternativa, falámosvos hoxe da páxina web www.juntines.com Trátase dun espazo onde atopar e compartir plans para facer cos nenos e nenas. Hai actividades para facer na casa, a través de internet ou na rúa. Podemos cociñar receitas divertidas, aprender a facer diversas manualidades ou poñer en marcha xogos moi imaxinativos. Ademáis, teñen unha canle de televisión con vídeos ensinando todos estes ‘trucos’.

Tamén propoñen contos e libros infantís e, incluso, publican curtametraxes de animación con mensaxes dirixidos aos ‘peques’ e aos non tan ‘peques’. Un exemplo é o corto French Roast, dirixido para nenos a partir de 4 anos, e que trata dun mendigo que entra nun bar a pedir esmola e o executivo que está alí tomando café non lle quere dar nada. O que pasa despois podedes velo aquí:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR