traballo en equipo

now browsing by tag

 
 

Stephen Heppell: “Na escola obsesionámonos coa aprendizaxe individual pero o traballo en equipo é o camiño a seguir”

Coñeces a Stephen Heppell? É o director de decenas de proxectos en escolas e univesidades de todo o mundo co que retomamos a nosa serie de artigos sobre expertos en innovación educativa.

Facémolo compartindo convosco esta entrevista publicada en XLSemanal, e que podedes ler por completo premendo aquí.

Stephen Heppell

Heppell defende unha escola que prepare aos alumnos para afrontar o inesperado. “Se saben manexarse nun entorno cheo de sorpresas poderán lidar coas dificultades e aproveitar as oportunidades”, opina. E tamén na que aprendan a traballar en equipo: “No colexio obsesionámonos coa aprendizaxe individual. No curso 2029-2030 veremos a catro nenos abrindo o mesmo sobre e celebrando que sacaron un sobresaínte nun traballo colectivo. O modelo baseado en proxectos é o camiño a seguir”. Así considera que os pequenos poderán prepararse para o mundo profesional.

O experto tamén critica as aulas con sillas moi incómodas (que son “antilectura”) e aposta por un futuro con clases abertas e moi espaciosas. Alí poderanse xuntar ata cen estudantes con tres profesores e cinco ou seis zonas de atención. E sen separación por idades: “Mire unha familia, un club deportivo, un grupo de teatro… As idades mestúranse. Cando o facemos, os pequenos queren esforzarse para ser como os maiores, e os maiores coidan deles. O comportamento é mellor. E o progreso tamén. Temos este sistema estúpido que retrasa a aprendizaxe duns nenos e obriga a outros a ir coa língua fóra cando os seus ritmos son diferentes”.

LER MÁIS:

 

O que fai grande a un deportista son os seus valores

En moitas ocasións falámosvos neste blog dos valores que aprenden os pequechos practicando deporte (podedes lelo premendo aquí, aquí e aquí) tales como compañeirismo, esforzo, traballo en equipo, respecto… Una vez máis queremos incidir nesta cuestión que tanto defendemos na Escola Deportiva Santiago, amosándovos este vídeo da marca de material deportivo arxentina-brasileira Topper. Dádelle ao play! 😉

Resumo da tempada

Xuño de 2015. Chegamos ao fin da tempada. “Por fin!” dirán moitos pais e nais cun sorriso cómplice nos beizos. E non lles falta razón, porque se algo temos claro é que todo o que se monta ao redor da Escola Deportiva Santiago non podería saír adiante sen a inestimable axuda e colaboración de tódolos pais e nais que acompañan aos seus fillos, aos nosos deportistas, a cada partido.

Por iso, quero comenzar este texto agradecéndovos o esforzo e sacrificio que supón pola vosa parte, porque somos conscientes de que planificades cada fin de semana en función do partido que xogan os vosos fillos.

Gracias! Gracias por confiar en eles, e gracias por confiar en nós. Porque nós traballamos en cada adestramento e en cada partido coa convicción de que ese neno ou esa nena serán mellores persoas no futuro gracias ao seu paso pola Escola Deportiva Santiago.

Supoño que o que corresponde a un texto que presume de resumir unha tempada é falar dos éxitos do Clube. De eses trofeos, torneos e partidos importantes nos que se acadou a victoria. E si, estou convosco en que esa é unha parte importante do deporte, non serei eu quen o negue. Pero sempre prefiro quedarme coas ensinanzas da derrota, do esforzo por levantarse e dos ánimos colectivos que fan que se fortaleza o grupo. Sen esquecer que a principal finalidade e máxima expresión do deporte na idade escolar é a diversión. Non é gañar a primordial meta para os nenos, senón xogar.

Como dicía antes, traballamos con orgullo cada día na formación deportiva pero tamén educativa dos rapaces. E entendemos que non hai como o deporte para facerlles entender conceptos como o traballo en equipo, a solidaridade ou a cooperación. Para nós é moi importante que sexan tolerantes e apoien a integración, non só cos compañeiros, senón tamén cos rivais e sempre baixo un respecto que é valor primordial dunha persoa.

Non admite discusión que no deporte debe verse, sobre todo, un beneficio físico e mental. O seu traballo repórtalles unha boa sáude, unha mellora da calidade de vida e unha aprendizaxe do control emocional e de sentirse ben cun mesmo. Isto vai relacionado directamente coa autodisciplina e a responsabilidade, xa que os rapaces toman autonomía sobre os seus actos.

Por suposto, o noso esforzo vai encamiñado a que aprendan a superarse, a que fagan da motivación o seu lema de cabeceira e a que aprendan a valorar o sacrificio persoal, dos compañeiros e de cada pai e nai que con tanto agarimo os agardan en cada adestramento e os acompañan en cada competición.

Somos moitos os que soñamos con ver triunfar no mundo do deporte aos nosos nenos. Pero temos que ser conscientes do que iso significa, do esforzo que implica e sobre todo, que só uns poucos serán os elexidos. Tódolos demais, aínda que non cheguen a profesionais do deporte, serán uns verdadeiros campións se gracias ao xogo e o adestramento aprenderon a ser mellores persoas. Con paciencia e humildade ese é o noso reto, con nobleza e honestidade ese é o noso desafío.

Por Brais Alonso, adestrador da Escola Deportiva Santiago.
 

Deporte en equipo, una fonte inesgotable de valores para os máis pequenos

“Cinco xogadores na cancha deben actuar como unha soa persoa. Ninguén é máis importante que o outro“. Son estas palabras do protagonista da película ‘Hoosiers, máis que ídolos’, que narra a historia dun pequeno equipo de baloncesto cando chega un novo adestrador. Neste filme – do que podes ver algunhas escenas premendo neste enlace – aprendemos os beneficios do deporte en equipo, fonte inesgotable dos valores que sempre defendeu a Escola Deportiva Santiago. 

E é que, tal e como se explica nun artigo asinado por Victoria Toro, gracias aos deportes en equipo os rapaces aprenden:

  • Disciplina, xa que o equipo funciona ben cando todos os seus membros siguen a disciplina imposta.
  • A importancia das normas, porque cando un xogador non cumpre unha das normas, perxudica a todo o equipo.
  • O traballo en grupo, descubrindo a importancia de confiar nos demais e que os demais confíen neles.
  • A condición de líder e o que este pode facer para guiar ao resto.
  • A solidaridade entre todos os membros do equipo.
  • Unha maior tolerancia á frustración cando se perde e, ao mesmo tempo, celebrar as victorias sen prepotencia.

Noutro artigo da Área de Deportes do Instituto Europeo Campus Stellae poñen como exemplo de traballo en equipo o seguinte relato:

“Cuentan que en una carpintería hubo una extraña asamblea. Fue una reunión de herramientas para arreglar diferencias. El martillo ejerció la presidencia, pero la asamblea le notificó que tenía que renunciar, ya que se pasaba todo el tiempo haciendo ruidos. El martillo aceptó la culpa, pero pidió que fuera expulsado el tornillo, argumentando que había que darle demasiadas vueltas para que sirviera. El tornillo aceptó el ataque, pero exigió la expulsión de la lija. Señaló que era áspera en su trato y tenía fricciones con los demás. Y la lija estuvo de acuerdo, pero exigió que fuera expulsado el metro que siempre se la pasaba midiendo a los demás como si él fuera perfecto.

En eso entró el carpintero, se puso el delantal e inició la tarea. Utilizó el martillo, la lija, el metro, y el tornillo. Finalmente, la tosca de madera se convirtió en un hermoso mueble. Cuando la carpintería quedó nuevamente sola, la asamblea reanudó la deliberación. Fue entonces cuando el serrucho dijo:
Señores, ha quedado demostrado que tenemos defectos, pero el carpintero trabaja con nuestras cualidades. Eso nos hace valiosos. Así que no pensemos en nuestros fallos y concentrémonos en la utilidad de nuestros méritos”

 
Por último, deixámosvos aquí un pequeno vídeo no que se amosa dun xeito divertido que tan bo pode ser traballar en equipo:
 

A historia do Panyee FC ou como lograr un soño con esforzo, imaxinación e traballo en equipo

Na Escola Deportiva Santiago vimos defendendo desde a nosa creación valores como o esforzo, a entrega, a diversión, a aprendizaxe tanto das victorias como das derrotas, o traballo en equipo… Un bo exemplo de todo isto é a historia do Panyee FC, un pequeno conxunto do sur de Tailandia que naceu gracias á ilusión dun grupo de rapaces amantes do fútbol. Habitantes dunha cidade flotante, os pequenos non tiñan maneira de xogar ata que se lles ocurriu construir o seu propio campo sobre o mar con restos de madeiras. 

No seguinte vídeo, que serviu de promoción para o banco tailandés TMB, contan como chegaron a ser campións. 

Os nenos do Campus aprenderon a mellorar a súa atención e concentración co xogo do Tangram

Os nenos e nenas que asisten as distintas quendas do Campus de Tecnificación en Fútbol que organiza a Escola Deportiva Santiago este verán non só aprenden e se divirten xogando ao fútbol, tamén teñen tempo para practicar outras actividades. Unha delas son  xogos para mellorar a atención e a concentración, como o Tangram. 
 
O Tangram é un xogo chino moi antigo que consiste en formar diferentes figuras con sete pezas: cinco triángulos rectángulos, un cadrado e un romboide.
 
Con el os pequenos aprenden a concentrarse mellor e a estar máis atentos e aumentan a súa motivación e confianza. Ademais, poden xogar en parellas aprendendo a traballar en equipo: teñen que poñerse de acordo, tomar decisións, confiar no compañeiro, etc. 
 
Se queres ver máis fotografías, podes visitar a nosa páxina do Facebook premendo neste enlace. E non esquezas premer no ‘Me gusta’ para seguirnos tamén a través desta rede social!
 
E se queres anotar aos teus fillos ás quendas deste Campus que se celebrarán en Rois ou Cambados, aínda estás a tempo! Podes ler toda a información sobre as actividades, prezos e inscricións premendo neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR