Semana Santa

now browsing by tag

 
 

E alá vai outra edición do Campus Polideportivo de Semana Santa!

Hoxe rematou o Campus Polideportivo de Semana Santa 2016. Foron tres días estupendos, nos que luciu o sol, e nos que os máis de medio cento de rapaces e rapazas participantes gozaron do deporte en boa compaña.

Os pequechos, de entre 4 e 12 anos de idade, practicaron fútbol, fútbol sala, baloncesto, bádminton, xadrez… así como outros deportes alternativos e exercicios para mellorar a atención. As actividades desenvolvéronse no campo de fútbol de Belvís e no pavillón do colexio Compañía de María de 10:00 a 14:00 horas.

998483_953929614660169_4782313000767078184_n

Este Campus, organizado pola Escola Deportiva Santiago, foi posible gracias á colaboración da Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e Gadis. Moitísimas gracias a todos eles! E tamén, moitas gracias a todos os nenos e nenas polo ben que se portaron e aos seus pais e nais por confiar en nós unha vez máis! Un saúdo agarimoso tamén para os monitores que, coma sempre, souberon coidar moi ben aos rapaces e ensinarlles moitos valores e novas técnicas a través do deporte.

Na nosa páxina de Facebook podedes ver máis fotos.

Inscribe aos teus nenos e nenas no Campus Polideportivo de Semana Santa 2016

Xa temos todo listo para unha nova edición do Campus Polideportivo de Semana Santa! Tres días nos que nenos e nenas – de entre 4 e 12 anos de idade – poderán pasalo ben, facer novos amigos e practicar deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, deportes alternativos… e exercicios para mellorar a atención.

O Campus desenvolverase os días 21, 22, e 23 de marzo no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os prezos por participar son:

  • 10 euros por día/neno (8 euros para segundos irmáns e familias numerosas)
  • 25 euros polo Campus Completo (20 euros para segundos irmáns e familias numerosas)

Neste campus, organizado pola Escola Deportiva Santiago, colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e Gadis.

A continuación, podes cubrir o formulario online para reservar praza!

Máis de 80 nenos e nenas divertíronse no noso Campus Polideportivo de Semana Santa

Remataron xa tres días de deporte, diversión e amizade no Campus Polideportivo de Semana Santa, que organizou unha vez máis en Compostela a Escola Deportiva Santiago.

Máis de 80 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade participaron nesta actividade na que colaboraban a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, os colexios Compañía de María e La Salle e as entidades privadas Gadis e Decathlon.

Os rapaces pasáronno moi ben practicando deportes como fútbol, baloncesto, bádminton, tenis de mesa, xadrez e iniciación ao atletismo, entre outros. Con exercicios adaptados ás súas diferentes idades, as actividades realizáronse no pavillón do colexio Compañía de María e o campo de fútbol de Belvís.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías e tamén tendes máis imaxes na nosa páxina de Facebook. Moitas gracias a todos os pais e nais que confiaron en nós para que os seus fillos/as se divertiran nestes días sen colexio!

Regresa a diversión co Campus Polideportivo de Semana Santa 2015

Xa está aquí unha nova edición do Campus Polideportivo de Semana Santa que organiza a Escola Deportiva Santiago. Os próximos 30 e 31 de marzo e 1 de abril nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade poderán divertirse e aprender xogando a diferentes modalidades deportivas.

Este Campus, na que colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, os colexios Compañía de María e La Salle e as entidades privadas Gadis, Decathlon e Feiraco, desenvolverase en horario de mañá: de 10:00 a 14:00 horas.

O pavillón do colexio Compañía de María e o campo de fútbol de Belvís acollerán as diferentes actividades que inclúen fútbol, fútbol sala, baloncesto, iniciación ao atletismo, deportes alternativos e exercicios para mellorar a atención.

Os prezos por participar son: 10 euros por días soltos ou 24 euros por asistir a todo o Campus. Hai ademais descontos para segundos irmáns e familias numerosas que pagarán só 8 euros por días soltos ou 18 euros polo Campus completo.

As inscricións poden realizarse cubrindo este formulario online.

Despedimos outra exitosa edición do Campus Polideportivo de Semana Santa

Máis de 60 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade despediron hoxe a última edición do Campus Polideportivo de Semana Santa, que organizou a Escola Deportiva Santiago en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María, Coca Cola, Gadis e Feiraco.

Foron tres días de diversión e aprendizaxe que resumimos nos seguintes vídeos. Moitas gracias a todos os participantes! Esperámosvos no próximo Campus Polideportivo!


GALERÍA DE IMAXES DO CAMPUS POLIDEPORTIVO DE SEMANA SANTA 2014

Máis de 60 nenos e nenas participan no Campus Polideportivo de Semana Santa 2014

Esta mañá comezou unha nova edición do Campus Polideportivo de Semana Santa que vén organizando xa desde fai varios anos a Escola Deportiva Santiago. Nesta ocasión, faino en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María, Gadis, Feiraco e Coca Cola.

Máis de 60 nenos e nenas, de entre 4 e 12 anos de idade, pasan estes días de vacacións divertíndose coa práctica de diferentes deportes. As actividades desenvolveranse ata este mércores, 16 de abril,  no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís en horario de 10:00 a 14:00 horas.

En cada xornada os pequenos, que están divididos por grupos de idades, non só xogan ao fútbol ou ao baloncesto, senón que tamén teñen a oportunidade de coñecer outras modalidades deportivas alternativas como o judo, o bádminton, o fútbol americano, o xadrez ou o golf. O obxectivo é mellorar a súa coordinación e psicomotricidade e desfrutar do aire libre aproveitando o tempo primaveral que gozamos nesta Semana Santa.

merendas

Os participantes gozaron dunhas merendas ofrecidas por Gadis, Coca Cola e Feiraco

badminton

Os nenos xogan no pavillón ao bádminton

futbol

Ao aire libre practican deportes coma o fútbol

baloncesto

Tamén teñen tempo para xogar ao baloncesto

Xogando ao fútbol americano

E coñecer outros deportes como o fútbol americano

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR