psicoloxía

now browsing by tag

 
 

De que serve castigar o teu fillo sen adestrar ou xogar un partido?

 

Un dos lectores deste blog fíxonos chegar un enlace dun escrito no que formulan unha interesante pregunta: “Que gaña o teu fillo cando o castigas sen adestrar?” (podes lelo por completo premendo aquí).  
 
Nel, o coach deportivo Kike Fernández, recolle un artigo da psicóloga Yolanda Cuevas no que reflexiona sobre os beneficios do deporte para os nenos, tanto físicos (prevención contra a obesidade e enfermidades como a diabetes, coordinación de movementos, fortalecemento de músculos e ósos, etc.) como educativos e psicolóxicos. “O cerebro dun neno/a deportista é mais activo, a atención e a concentración toman protagonismo“, afirma. Cuevas sinala, ademais, que a práctica do exercicio físico fomenta “o ser perseverante, tolerar o erro propio e o dos compañeiros e aprender deles como parte do proceso de aprendizaxe”.
 
Por iso, para esta psicóloga cada día que deixas ao teu fillo sen facer deporte “impides o seu desenvolvemento físico, mental e a súa longa lista de beneficios”.  Se o castigas sen ir a adestrar, “non só non fai o esforzo que tiña que facer para desplazarse, senon que ademais deixa de facer co que estaba facendo, non cumple co compromiso que ten cos seus compañeiros… É dicir, estás fomentando a non responsabilidade”.  

Pola súa banda, Kike Fernández engade outra consideración: “Que mensaxe lle estamos a dar se lle quitamos, por exemplo, o partido? Esforzouse? Cumpriu co seu compromiso? Cres que debería opter o seu premio e apoialo o sábado na competición? O día é largo dabondo como para que dea tempo a todo, só fai falla un plan de acción para que organice o seu tempo, para que aprenda a facelo”. 

E ti, que opinas? Podes deixarnos a túa opinión no espazo para comentarios que hai debaixo.
Por último, aproveitamos este post para recordarvos, unha vez máis, que se tendes algunha información ou dúbida sobre o deporte, a educación ou a saúde infantil que vos gustaría que se tratara neste blog, podedes escribirnos a escolasantiagocf@gmail.com 
Tamén podedes atoparnos en Facebook: www.facebook.com/escoladeportivasantiago 
 

Como deben comportarse os pais cando os seus fillos fan deporte?

 
O exfutbolista do FC Barcelona Gary Lineker denunciaba hai uns días na revista The New Statesman a inaceptable actitude dalgúns pais cando van ver aos seus fillos xogar ao fútbol. Nun artigo publicado por El Confidencial recollen algunhas das súas reflexións. Así, entre outras cousas, Lineker define estas situacións como propias “dunha cultura totalmente deprimente”. “Se calásemos e deixásemos simplemente que os nenos gozasen do partido, sorprenderiámonos de como cambiaría a cousa”, afirma o inglés. 
 
Pero como deben comportarse os proxenitores perante a práctica deportiva dos seus fillos? Nun artigo asinado por A. Gordillo na Revista de Psicología del Deporte atopamos varios consellos: 
  • Aceptar o papel do adestrador. O máximo responsable na planificación da actividade deportiva é o adestrador. Aínda que os pais teñan coñecementos do deporte, non deben interferir nas súas funcións nin colocar aos nenos na situación de ter que escoller entre os criterios dun ou outro en cuestións técnicas ou tácticas. 
  • Aceptar os éxitos e os fracasos. A importancia que un neno pode dar a unha victoria ou unha derrota pode estar influída en grande medida pola resposta dos pais, que sen querelo poden xerar unha presión innecesaria. 
  • Amosar interese pola actividade que realizan os pequenos. Hai que falar cos fillos de como van as cousas, o seu estado de ánimo, a súa relación co adestrador e os compañeiros, etc. Tamén é bo compartir opinións sobre obxectivos a corto e medio prazo. 
  • Axudar a que os nenos tomen as súas propias decisións. Que deportes practicar, a elección do material deportivo, o nivel de compromiso… son cuestións nas que hai que escoitar o que os nenos teñen que dicir. É importante axudar aos fillos a que, de maneira progresiva, aprendan a ter criterios propios e a adquirir responsabilidades. 
  • Ser un modelo de autocontrol. Non se pode pedir aos fillos que teñan calma e control, cando os pais son os primeiros en estar nerviosos e perder a compostura (por exemplo, na nosa actitude cos árbitros).
LER MÁIS:
E ti, que tipo de pai es coa formación deportiva dos teus fillos? 
Un pouco de humor para reflexionar sobre a actitude dos pais nos partidos
Fronte as competicións deportivas, non sexas o seu manager, actúa como pai
Pais que nos partidos son coma hooligans

Como aproveitar o tempo que pasamos cos nosos fillos?

O programa Ciudadanos, que presenta Julia Otero en Antena3, abordou onte a situación da educación no noso país. Neste post rescatamos algúns dos momentos que consideramos máis interesantes para os lectores deste blog. En primeiro lugar, recollemos a intervención da psicóloga deportiva Patricia Ramírez que afirmou que o importante non a cantidade de tempo que pasan os pais e nais cos seus fillos, senón a calidade do mesmo. Por exemplo, aproveitando os almorzos e as ceas para falar cos pequenos e non para ver a televisión. Aquí tendes o vídeo:

Más vídeos en Antena3



O programa fixo tamén un rápido repaso a como son os sistemas educativos nos países con máis éxitos neste senso: Canadá, Finlandia, Nova Zelanda e Corea do Sur. Deixámosvos aquí o vídeo:

Más vídeos en Antena3

 

 

Por último, no seguinte vídeo podedes ver parte dun experimento que fixeron en Ciudadanos. Consistía en que varios nenos acompañaran aos seus pais no seu lugar de traballo. Este é o caso de Alba, de 10 anos, e o seu pai, Carlos, mariscador en Cambados:

Más vídeos en Antena3

Se queres ver máis partes do programa podes acceder á súa páxina web premendo neste enlace. 

Un estudo analiza como o deporte mellora a aprendizaxe e o rendemento escolar dos nenos

A Escola Deportiva Santiago defende desde a súa creación os beneficios que a práctica deportiva proporciona aos máis pequenos da casa, non só desde o punto de vista da saúde, senón tamén como unha maneira de mellorar como persoas. Neste senso, o chamado Observatorio FAROS Sant Joan de Déu (Observatorio de Salud de la Infancia y la Adolescencia) acaba de publicar un caderno no que explica como a actividade física axuda a mellorar a aprendizaxe, o rendemento escolar e o benestar psicolóxico dos nenos e nenas.
A publicación, que recollen na páxina web www.mundideporte.com, indica que os rapaces que practican deporte son máis fortes, máis sociables e padecen menos depresión ou ansiedade. Os nenos e nenas aprenden, ademais, valores positivos como o traballo en equipo ou a competitividade e teñen unha maior respeto e responsabilidade. 
Baixo o título de ‘La actividad física mejora el aprendizaje y el rendimiento escolar’, este estudo conta tamén cun amplo capítulo adicado aos nenos con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), caracterizado pola distracción moderada a grave, a inestabilidade emocional e as condutas compulsivas.
Podes ler o caderno completo premendo aquí.

A Unidade de Atención Temperá da USC axúdate a detectar e intervir en casos de acoso escolar


Sospeitas que o teu fillo pode sufrir acoso escolar? Temes que lle poida pasar nun futuro? Cada vez son máis os nenos e nenas que padecen esta forma de maltrato psicolóxico, verbal ou físico, producido polos seus compañeiros de colexio. Pero como detectalo? Pódese previr? Que podo facer se lle ocorre ao meu pequeno? Estas e outras cuestións son as que se tratarán nunha xornada informativa que organiza a Unidade de Atención Temperá da USC, dirixida pola profesora Mª José Buceta, o vindeiro 22 de maio pola tarde na facultade de Psicoloxía.
Especialistas desta Unidade afondarán nos protocolos que deben seguir tanto docentes como os pais e nais en casos de acoso escolar, tanto se son quen os sofren como se son os acosadores. Trátase dunha actividade gratuíta con prazas limitadas, polo que os interesados deberán preinscribirse no enderezo mjosecarmen.buceta@usc.es. O acceso á xornada realizarase por riguroso orde de inscrición. O prazo para anotarse xa está aberto.

Máis dunha década na USC

A Unidade de Atención Temperá leva máis dunha década traballando no seno da Universidade, tempo no que tratou a máis de 2.500 menores afectados por trastornos ambientais con factores de estrés, exclusión social, trastornos na linguaxe ou algún tipo de enfermidade rara, entre outros. Composta por un equipo multiprofesional do ámbito social, educativo e psicolóxico, a U.A.T conseguiu unir a docencia, a investigación e a atención aos usuarios para dar servizo a todos estes menores.   
Está situada na Facultade de Psicoloxía (Campus Vida) e conta con salas de logopedia,  de terapia de xogo, de atención temperá, de investigación, estimulación precoz e atención psicopedagóxica.

Efecto Pigmalion ou por que poñer etiquetas aos nosos fillos pode ter consecuencias terribles

A historia de Pinocho baséase na de Pigmalion.
Coñeces o chamado ‘Efecto Pigmalion’? Basease no mito de Pigmalion, rei de Chipre, que se namorou dunha estatua da súa creación e tanto desexou que fora real que o conseguiu. Trasladado a unha perspectiva educativa, é o efecto polo cal pais e profesores etiquetan aos seus fillos ou alumnos condicionando o seu comportamento. Sucede, por exemplo, cando lle dicimos a un neno unha e outra vez que é un desobediente, que se porta mal ou que é moi tímido. Unha práctica que segundo se explica nun artigo de ABC pode ter consecuencias terribles para os pequenos. “É bastante fácil que, coas nosas palabras, afectemos ao autoconcepto e a autoconfianza do menor“, sinala Alba García, profesora de Pscioloxía da Universidade a Distancia de Madrid (Udima). “Un neno vai formando o concepto que ten de si mesmo en base ás valoracións que recibe de pais, avós, tíos, mestres… E se de pequeno non o consideran capaz de facer determinadas cousas, moi probablemente acabe sendo incapaz de facelas“, engade.

Tampouco resulta bo a comparación entre irmáns. Moitas veces os pais e nais tenden a idealizar ao fillo que se porta mellor e castigalo menos, é dicir, ter máis paciencia con el. Esto repercute no seu irmán. “Cando un neno é consciente de que os seus pais esperan que teña un mal comportamento, tende aínda máis fácilmente a telo“, afirma García.

Estas son algunhas ideas para potenciar a autoestima dos pequenos:
  • Aceptar e respetar ao neno
  • Recoñecer as súas posibilidades e limitacións
  • Crear un ambiente agradable e de confianza 
  • Potenciar a comunicación. Hai que demostrar que realmente estamos escoitando o que nos din os nosos fillos e que nos interesa o que teñen que contar
  • Favorecer a iniciativa do neno, estimular a exploración e o descubrimento
  • Establecer normas e animalos a respetalas
  • Cultivar a empatía, é dicir, poñerse no lugar no neno, aceptalo e comprendelo
  • Felicitalo cando teña bos comportamentos porque sirve para reforzalos e cando fagamos unha crítica, deixar claro que poden mellorar con esforzo e se empregan unha estratexia distinta

Foi un dos lectores deste blog o que nos propuxo falar do ‘Efecto Pigmalion’. Se ti tamén queres que tratemos algún tema sobre deporte, educación ou saúde infantil, podes escribirnos a escolasantiagocf@gmail.com 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR