primeiros auxilios

now browsing by tag

 
 

O xogo dos primeiros auxilios

Unha das lectoras deste blog recomendounos un xogo interactivo elaborado pola Diputación de Barcelona e a Cruz Vermella desta provincia. Trátase do xogo dos primeiros auxilios. Nel atopamos un espazo virtual con hipotéticos casos de accidentes que podemos sufrir calquera de nos no noso día a día. En cada situación hai que determinar que accións se deben realizar para socorrer á vítima. Podes probalo premendo neste enlace.
Recorda que se queres aportar algunha información sobre educación, deporte ou saúde infantil para que a poidamos compartir cos lectores deste blog e toda a familia da Escola Deportiva Santiago, só tes que escribirnos a escolasantiagocf@gmail.com

Remata o curso de primeiros auxilios no deporte

O módulo de primeiros auxilios no deporte remata hoxe coa última sesión que se celebra no centro xuvenil Don Bosco. Impartido polo licenciado en INEF e monitor da Escola Deportiva Santiago, Martín Barcala, os participantes recibiron leccións sobre as lesións máis habituais nos deportistas, o concepto da cadea de supervivencia, as manobras de reanimación ou a colocación do colariño cervical.
 
Este módulo formaba parte do curso ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’ que veñen organizando desde mediados de xaneiro a Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco, en colaboración co Concello de Santiago e a Cruz Vermella.

 

Este luns comeza o curso de primeiros auxilios no deporte

O curso ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’ que organizan a Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco continúa a partir deste luns, 18 de febreiro, co módulo adicado aos primeiros auxilios no deporte. Dividido en dúas sesións – o luns 18 e o luns 25 de dito mes -, as clases serán impartidas polo licenciado en INEF e técnico da Escola Deportiva Santiago, Martín Barcala, en horario de 20:00 a 22:30 horas na Escola Don Bosco (rúa Belvís, nº 2, Santiago).
Nelas trataranse temas como os conceptos básicos de anatomía e fisioloxía, as lesións habituais nos deportistas, o concepto de cadea de supervivencia, a chamada ao 112, as manobras de reanimación, a manobra de Heimlich para os atragoamentos ou a colocación do colariño cervical.
Curso para adestradores
O curso ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’ está organizado pola Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco, en colaboración co Concello de Santiago e a Cruz Vermella.
O módulo sobre adestramento de porteiros de fútbol foi impartido polo técnico de porteiros do Negreira, Juan Abalo, e contou coa presenza nunhas das sesións do porteiro do CD Lugo, Yoel.

Juan Abalo imparte este luns en Negreira a parte práctica do curso de adestramento de porteiros

O módulo de adestramento de porteiros de fútbol, que imparte Juan Abalo, rematará este luns 11 de febreiro coa celebración da parte práctica no campo García Calvo de Negreira a partir das 19:30 horas. O módulo de primeiros auxilios no deporte, do que se encargará Martín Barcala, trasládase así aos días 18 e 25 de febreiro.
 
Ambos módulos forman parte do curso de ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’ que organiza a Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco.

Descanso para os prebenxamíns
Por outra banda, os equipos prebenxamíns de fútbol sala da Escola Deportiva Santiago non terán partidos esta fin de semana. Si que o fará o equipo alevín, que xogará contra o SD Milladoiro B no campo de Santa Isabel o sábado ás 17:50 horas. 
 

Prolóngase unha xornada máis o módulo de adestramento de porteiros

O técnico de porteiros do Negreira, Juan Abalo, impartirá este luns,  4 de febreiro, a última sesión do módulo de adestramento de porteiros de fútbol dentro do curso  ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’ que organizan a Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco.
Aínda que tiña que ter rematado o pasado luns, o interese amosado polos participantes fixo que se decidise prolongar o módulo cunha xornada máis. A clase desenvolverase unha vez máis na Escola Don Bosco (rúa Belvís, nº 2, Santiago) en horario de 20:00 a 22:30 horas.
Primeiros auxilios no deporte
Xa o seguinte luns, o día 11, comezará a parte deste curso adicada aos primeiros auxilios no deporte. Deste módulo ocuparase o licenciado en INEF e monitor titulado en primeiros auxilios, Martín Barcala.
Entre outros temas, falará de cales son as lesións máis habituais nos deportistas, de como realizar manobras de reanimación e de como colocar un colariño cervical.
 
Partidos dos pequenos de fútbol sala
Este fin de semana continúa a competición para os equipos de fútbol sala da Escola Deportiva Santiago. Os prebenxamíns xogarán o sábado en Lamas de Abade: os de primeiro ano ás 12:15 horas e os de segundo ano ás 13:00. Os alevíns farano ás 16:30 horas no colexio La Salle. 

Aberto o prazo de inscrición para o curso ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’

Este domingo, 30 de decembro, tivo lugar en Santa Isabel unha master class sobre adestramento de porteiros de fútbol impartida polo especialista Juan Abalo. Ademais, a Cruz Vermella realizou unha exhibición sobre como hai que actuar cando ocorre unha emerxencia nun campo de fútbol. 
Realizando a técnica da ventilación boca a boca.
Esta master class serviu de preludio dun curso organizado pola Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco que se celebrará do 14 de xaneiro ao 11 de febreiro. Baixo o nome de ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’, as clases desenvolveranse na Escola Don Bosco (rúa Belvís, nº2, Santiago) os luns de 20:00 a 22:30 horas. O prezo por participar é de 20 euros por módulo e 30 euros polo curso completo.

Todos aqueles que queiran inscribirse xa se poden anotar escribindo ao email etl@cxdonbosco.org ou chamando ao teléfono 981582243. O prazo rematará o 10 de xaneiro. 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR