praia

now browsing by tag

 
 

Como estar seguros cos nenos e nenas nas piscinas e praias

Hoxe recomendámosvos un artigo moi interesante para estes meses de verán publicado recentemente por El Mundo. Podedes lelo premendo neste enlace.

Nel explican dunha maneira clara e sinxela algúns consellos para pasar un verán seguro cos nenos e nenas nas piscinas e praias, aportados pola pedagoga e profesora de natación Indira Retuerto. Aquí resumímosvos os máis importantes:

  • Non deixalos sós e vixialos constantemente –> Regra 10/20 = mirar á auga cada 10 segundos e estar nun lugar onde tardemos menos en 20 segundos en chegar onda eles
  • Falarlles dos socorristas e colocarlles unha pulseira identificativa co número de teléfono 
  • Se non saben nadar, debemos bañarnos con eles pero NON deixalos sós con manguitos nin flotadores
  • Para actividades náuticas, empregar chalecos salvavidas
  • Evitar a entrada brusca á auga, a exposición prolongada ao sol ou o exercicio físico antes do baño
  • Usar a protección solar axeitada, gorras para protexer a cabeza e beber moita auga
  • Ollo co afogamento secundario! Se despois dun susto na auga, o neno/a está moi canso, ten unha tose inusual ou sibilancias, un comportamento estraño, dificultade para respirar ou está desorientado e non responde a preguntas, acode a urxencias. 

Fútbol, praia e moita diversión no campus que se está a celebrar en Cambados


Este luns comezou a derradeira quenda do Campus de Tecnificación en Fútbol que organiza a Escola Deportiva Santiago este verán coa colaboración de Tiendas Activa, Coca Cola e Feiraco. Despois de celebrarse en Compostela e Rois, as actividades trasladáronse desta vez a Cambados. O obxectivo é empregar o deporte como vínculo para promover a diversión e a alegría coa aprendizaxe das técnicas futbolísticas máis novedosas.

O Campus – dirixido a nenos de entre 4 e 14 anos de idade – desenvolverase ata este venres, 2 de agosto, en modalidade de pensión completa. As actividades de mañá son no campo de fútbol de Cambados de herba sintética e as de tarde, nas instalacións do Colexio Salesiano da localidade e na praia do Terrón en Vilanova de Arousa.
Os pequenos traballan movementos como regates, tiros a porta, xogo de cabeza ou técnicas específicas para porteiros, así como métodos ofensivos, defensivos e transicións. Todos eles con adestradores titulados a nivel nacional e rexional e licenciados en Educación Física e Psicoloxía.
Se queres ver máis fotografías deste Campus, podes visitar a nosa páxina do Facebook premendo neste enlace. E non esquezas premer no ‘Me gusta’ para seguirnos tamén a través desta rede social!
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR