polideportivo

now browsing by tag

 
 

Que facer en Semana Santa cos nenos/as? Divertirse no noso Campus Polideportivo!

Xa temos todo listo para unha nova edición do Campus Polideportivo de Semana Santa! Tres días nos que nenos e nenas – de entre 4 e 12 anos de idade – poderán pasalo ben, facer novos amigos e practicar deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, deportes alternativos… e exercicios para mellorar a atención.

O Campus desenvolverase os días 10, 11 e 12 de abril no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os prezos por participar son:

  • 10 euros por día/neno (8 euros para segundos irmáns e familias numerosas)
  • 25 euros polo Campus Completo (20 euros para segundos irmáns e familias numerosas)

Neste campus, organizado pola Escola Deportiva Santiago, colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e Gadis.

A continuación, podes cubrir o formulario online para reservar praza!

Remata o verán co Campus Volta ao Cole da Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago organiza en setembro un novo campus polideportivo denominado Campus Volta ao Cole. Así, do 5 ao 9 de dito mes, nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade, poderán rematar as súas vacacións dun xeito divertido, educativo e saudable; regresando as súas clases máis fortes que nunca.

O Campus, no que colaboran a Deputación da Coruña, o Concello de Santiago e Gadis, desenvolverase en horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas) no campo de fútbol e pavillón de Santa Isabel. Os pequechos practicarán diferentes actividades deportivas como fútbol, fútbol sala, atletismo, deportes alternativos e exercicios para mellorar a atención.

campus_volta_ao_cole

Desde 12 euros
Aqueles que queiran anotar aos seus fillos/as poderán facelo desde tan só 12 euros por días soltos. En caso de inscribirse ao campus completo, o prezo é de 50 euros (40 euros para segundos irmáns e familias numerosas). Ademais, os que o desexen, poderán formar equipos de ata cinco rapaces/zas obtendo así un importante desconto: 40 euros para os grupos de 3; e 35 euros para os grupos de 5.

As inscricións poden realizarse cubrindo o seguinte formulario online e mandando o xustificante de pago ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com

Para calquera dúbida podedes chamar ao teléfono 697 408 573.

E alá vai outra edición do Campus Polideportivo de Semana Santa!

Hoxe rematou o Campus Polideportivo de Semana Santa 2016. Foron tres días estupendos, nos que luciu o sol, e nos que os máis de medio cento de rapaces e rapazas participantes gozaron do deporte en boa compaña.

Os pequechos, de entre 4 e 12 anos de idade, practicaron fútbol, fútbol sala, baloncesto, bádminton, xadrez… así como outros deportes alternativos e exercicios para mellorar a atención. As actividades desenvolvéronse no campo de fútbol de Belvís e no pavillón do colexio Compañía de María de 10:00 a 14:00 horas.

998483_953929614660169_4782313000767078184_n

Este Campus, organizado pola Escola Deportiva Santiago, foi posible gracias á colaboración da Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e Gadis. Moitísimas gracias a todos eles! E tamén, moitas gracias a todos os nenos e nenas polo ben que se portaron e aos seus pais e nais por confiar en nós unha vez máis! Un saúdo agarimoso tamén para os monitores que, coma sempre, souberon coidar moi ben aos rapaces e ensinarlles moitos valores e novas técnicas a través do deporte.

Na nosa páxina de Facebook podedes ver máis fotos.

Inscribe aos teus nenos e nenas no Campus Polideportivo de Semana Santa 2016

Xa temos todo listo para unha nova edición do Campus Polideportivo de Semana Santa! Tres días nos que nenos e nenas – de entre 4 e 12 anos de idade – poderán pasalo ben, facer novos amigos e practicar deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, deportes alternativos… e exercicios para mellorar a atención.

O Campus desenvolverase os días 21, 22, e 23 de marzo no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os prezos por participar son:

  • 10 euros por día/neno (8 euros para segundos irmáns e familias numerosas)
  • 25 euros polo Campus Completo (20 euros para segundos irmáns e familias numerosas)

Neste campus, organizado pola Escola Deportiva Santiago, colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e Gadis.

A continuación, podes cubrir o formulario online para reservar praza!

Decenas de rapaces despiden o ano no Campus Polideportivo de Nadal

Así dá gusto despedir o ano! Como? Practicando deporte, facendo novos amigos e pasando un bo rato nun ambiente san e divertido. Decenas de rapaces e rapazas, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, gozaron durante seis días dunha nova edición do Campus Polideportivo de Nadal – organizado pola Escola Deportiva Santiago en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e as entidades privadas Gadis e Coca Cola.

Os pequenos puideron realizar distintas actividades no pavillón do Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís, xogando, entre outras cousas, ao fútbol, ao baloncesto, ao bádminton, etc.

Na nosa páxina de facebook tendes unha completa galería con imaxes de todo o que deron de si estes días. Podedes vela premendo aquí.

Despedimos seis días de amizade e diversión no Campus Polideportivo de setembro

Hoxe rematou unha nova edición do Campus Polideportivo que organiza a Escola Deportiva Santiago, en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago e os colexios Compañía de María e La Salle. Foron seis días de amizade e diversión nos que preto de 80 nenos e nenas de entre 4 e 14 anos de idade puideron practicar diferentes modalidades deportivas.

Así, os pequenos – divididos en grupos de idades – xogaron ao fútbol, ao baloncesto, ao fútbol sala… e tamén coñeceron outros deportes alternativos como o béisbol. As actividades desenvolvéronse no campo e pavillón de Santa Isabel en horario de mañá, axudando deste xeito a moitas familias compostelás a conciliar nos días previos da volta ao cole.

Na nosa páxina de Facebook podedes ver algunhas fotografías do ben que o pasaron todos os participantes. Moitas gracias a todos eles e aos seus pais e nais por confiar unha vez máis en nós! Agora toca volver aos adestramentos de fútbol dos nosos equipos e, en decembro, anunciarémosvos unha nova oportunidade para participar no Campus Polideportivo de Nadal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR