Nadal

now browsing by tag

 
 

Este Nadal xoga ao fútbol e ao baloncesto coa Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago organiza un ano máis o seu Campus Polideportivo de Nadal, no que participarán nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade. Con esta iniciativa, na que colaboran o Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, o colexio Compañía de María e Gadis, preténdese ofrecer unha alternativa de conciliación para os pais e nais durante este periodo vacacional dos pequechos.

O Campus desenvolverase do 26 ao 30 de decembro no pavillón de Roxos-Vilestro e no campo de fútbol de A Barrosa (Villestro) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os participantes practicarán fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, xadrez, deportes alternativos como pode ser o béisbol e exercicios para mellorar a atención.

As inscricións poden realizarse por días soltos (12 euros por día) ou polo campus completo (50 euros). Hai descontos para segundos irmáns e familias numerosas (10 euros por día ou 40 euros polo campus completo). Estes prezos inclúen as merendas e un seguro de accidentes deportivos.

Se estás interesado en inscribir aos teus fillos ou fillas, podes cubrir o seguinte formulario online. Se tes algunha dúbida, podes escribir ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou chamar ao 697 408 573.

Cinco días de deporte e diversión no Campus Polideportivo de Nadal 2016

Queres que os teus fillos/as pasen as vacacións de Nadal practicando deporte, divertíndose e facendo novos amigos? A mellor opción tela co Campus Polideportivo de Nadal 2016 que organiza a Escola Deportiva Santiago, en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e Gadis.

As actividades desenvolveranse os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro – en horario de 10:00 a 14:00 horas – no campo de fútbol de Belvís e no pavillón do colexio Compañía de María. Os nenos e nenas participantes – de entre 4 e 12 anos de idade – poderán practicar deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, xadrez, deportes alternativos ou exercicios para mellorar a atención.

Os rapaces poden anotarse ao Campus completo por só 45 euros ou a xornadas soltas por 10 euros/día. Hai ademais descontos para os segundos irmáns e as familias numerosas, que pagarán 35 euros polo campus completo ou 8 euros/día se escollen a opción de xornadas soltas.

Para inscribirse, só hai que cubrir o seguinte formulario online e enviar o xustificante de pago a escolasantiagocf@gmail.com Para calquera dúbida, pódese chamar ao teléfono 697 408 573.

Decenas de rapaces despiden o ano no Campus Polideportivo de Nadal

Así dá gusto despedir o ano! Como? Practicando deporte, facendo novos amigos e pasando un bo rato nun ambiente san e divertido. Decenas de rapaces e rapazas, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, gozaron durante seis días dunha nova edición do Campus Polideportivo de Nadal – organizado pola Escola Deportiva Santiago en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e as entidades privadas Gadis e Coca Cola.

Os pequenos puideron realizar distintas actividades no pavillón do Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís, xogando, entre outras cousas, ao fútbol, ao baloncesto, ao bádminton, etc.

Na nosa páxina de facebook tendes unha completa galería con imaxes de todo o que deron de si estes días. Podedes vela premendo aquí.

Aberto o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo de Nadal da Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago organiza este Nadal unha nova edición do seu Campus Polideportivo, no que colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e as entidades privadas Coca Cola e Gadis.

As actividades diríxense a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade, que poderán pasar estes días sen colexio practicando novos deportes e facendo novos amigos. O Campus desenvolverase o 21, 22, 23 e 28, 29 e 30 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís . Alí, os pequenos xogarán ao fútbol, fútbol sala, baloncesto… e poderán, ademais, coñecer outros deportes alternativos, iniciarse no atletismo e facer exercicios para mellorar a súa atención.

Os pais e nais poden anotar aos seus pequenos ao Campus completo ou por días soltos. Hai, ademais, descontos para segundos irmáns e familias numerosas. Os prezos por asistir son os seguintes:

  • 10 euros /día (8 euros con desconto)
  • 25 euros/3 días (20 euros con desconto)
  • 45 euros/6 días (35 euros con desconto)

Os interesados deben cubrir o seguinte formulario online e enviar o xustificante de pago por correo electrónico a escolasantiagocf@gmail.com Para calquera dúbida, poden dirixirse a ese mesmo email ou ao teléfono 697 408 573.

Fútbol, baloncesto, bádminton e moita diversión no Campus Polideportivo de Nadal da Escola Deportiva Santiago

Esta mañá arrancou a primeira quenda do Campus Polideportivo de Nadal que organiza a Escola Deportiva Santiago en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e as entidades privadas Gadis, Activa Galicia, Coca Cola e Feiraco.

Máis de medio cento de nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade están a pasar estas vacacións practicando diferentes deportes como fútbol, baloncesto, bádminton, tenis de mesa, etc. As actividades continuarán mañá e o mércores en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís. A segunda quenda do Campus celebrarase os días 29, 30 e 31 de decembro.

Se queres ver unha galería de imaxes, podes facelo na nosa páxina de Facebook.

 

O que realmente queren os nenos e nenas como agasallo neste Nadal

A poucos días de que cheguen as vacacións de Nadal, os nenos e nenas composteláns xa están pensando no que queren que lles traian de regalo Papa Noel ou os Reis Magos. Pero son xoguetes ou o que realmente lles gustaría é pasar máis tempo co seus pais e nais? Desto falan nunha campaña de IKEA que, se non coñecedes, non vos podedes perder. Este é o vídeo:

Outro anuncio que está dando moito do que falar é o de Educo, no que nos amosan a unha pequena que o que quere por Nadal é comida. E é que en España, case un 30% dos nenos e nenas están en risco de pobreza e un de cada catro menores está malnutrido. Para colaborar cunha bolsa de comedor que garantice unha comida completa ao día para todos os cativos do país, podes premer neste enlace.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR