música

now browsing by tag

 
 

Celebra o Día das Letras Galegas coa música do II Serán Sons do Ilicino en Lestedo

Os nosos amigos das asociacións culturais Mestre Manuel Gacio e Santa María de Lestedo convídannos a participar este sábado, 17 de maio,  no II Serán ‘Sons do Ilicino’. Esta segunda edición, na que colaboran a Deputación de A Coruña e o Concello de Boqueixón, celebrarase en Lestedo a partir das 19:00 horas.

E que mellor maneira de pasar este Día das Letras Galegas que gozando coas actuacións musicais dos grupos Escola Cantigas e Agarimos, Loaira, O Ghusto do Boi, Pandereteiras de Siador, Tirandela de Camanzo, Os Ke Hai, A Requinta de Xián, Pandereteiras de Codeso, Pena do Corvo, Recobio, Ruadeiras de Loimil e Sta. Lucía A.F.  Vémonos alí!

II SERAN SONS DO ILICINO (7)

Razóns para que os nenos sigan estudando música

Coa nova Lei de Educación do ministro Wert, a LOMCE, a materia de Música deixará de ser troncal na Educación Primaria, converténdose nunha disciplina optativa a elección das diferentes comunidades autónomas. Por sorte, no caso de Galicia parece que non desaparecerá. O conselleiro Jesús Vázquez xa ten dito que na nosa terra non se eliminarán nin música nin plástica.

Pero por que é importante que os nenos se formen nesta materia? Nun artigo de José A. Rodríguez titulado ‘Música para un cerebro saudable’ apúntase, entre outras cousas, que “os nenos que estudan música teñen un vocabulario máis amplo e unha mellor capacidade de lectura”. E é que segundo un estudo realizado por científicos da Universidade Northwester, en EE.UU., “a formación musical xera conexións neuronais que melloran diversos aspectos da comunicación”.

Outros beneficios da formación musical durante a infancia que se recollen neste artigo son os seguintes:

  • axuda a mellorar a capacidade de concentración.
  • os nenos que tocan en bandas ou orquestras aprenden a traballar en equipo, o que fomenta valores como a cooperación e a solidaridade.
  • a música é unha actividade pracenteria que, ademais, pode ser moi relaxante.
  • estudar un instrumento musical fortalece a autoestima.

Sinaturas para que sexa obrigatoria
Máis de 300.000 persoas teñen asinado xa unha petición do portal change.org no que se lle solicita ao ministro Wert que a Música volva a ser unha materia troncal na Educación Primaria. A súa autora, Cinta Domínguez, afirma que a música axuda á estimulación dos nenos, desenvolve a súa psicomotricidade, o pensamento lóxico, as competencias en idiomas, a sensibilidade artística, etc. Se queres asinar a petición, podes facelo premendo neste enlace.

E se tes dúbidas sobre os cambios nas materios que producirá a LOMCE, podes consultar un artigo de La Voz de Galicia moi clarificador premendo neste outro enlace.

Photo credit: Luana Fischer Ferreira para o Banco de Imaxes do Ministerio de Educación.

Música en directo e moita diversión no I Serán Sons do Ilicinio o próximo 25 de maio

Foto: Martiño Picallo (www.cantigaseagarimos.es)
O próximo sábado, 25 de maio, tendes unha cita na localidade de Boqueixón con música en directo e moita diversión. Será no I Serán Sons do Ilicinio que organizan a Asociación Cultural  Mestre Manuel Gacio, o Ghusto do Boi e a Asociación Cultural e de Festexos Santa Mª de Lestedo, en colaboración do Concello. 

O campo da feira de Lestedo acollerá a partir das 21:00 horas as actuacións de A.F. Santa Lucía, Cantigas e Agarimos, Pena do Corvo, Ghusto do Boi, Recobio, Son do Souto e Os ke Hai. Así que se queredes pasar un bo rato, non vos podedes perder esta oportunidade! 




Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR