Lestedo

now browsing by tag

 
 

Celebra o Día das Letras Galegas coa música do II Serán Sons do Ilicino en Lestedo

Os nosos amigos das asociacións culturais Mestre Manuel Gacio e Santa María de Lestedo convídannos a participar este sábado, 17 de maio,  no II Serán ‘Sons do Ilicino’. Esta segunda edición, na que colaboran a Deputación de A Coruña e o Concello de Boqueixón, celebrarase en Lestedo a partir das 19:00 horas.

E que mellor maneira de pasar este Día das Letras Galegas que gozando coas actuacións musicais dos grupos Escola Cantigas e Agarimos, Loaira, O Ghusto do Boi, Pandereteiras de Siador, Tirandela de Camanzo, Os Ke Hai, A Requinta de Xián, Pandereteiras de Codeso, Pena do Corvo, Recobio, Ruadeiras de Loimil e Sta. Lucía A.F.  Vémonos alí!

II SERAN SONS DO ILICINO (7)

Contos para todos os nenos co escritor Miro Villar este sábado en Lestedo

Miro Villar. FOTO: AELG


A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio invita a todos os nenos da Escola Deportiva Santiago a participar no encontro co escritor Miro Villar que terá lugar este sábado, 8 de febreiro, ás 18:00 horas no Centro de Interpretación Pico Sacro de Lestedo. Nel colaboran o concello de Boqueixón e a Deputación da Coruña.

Nesta actividade, que eles denominan ‘Contada Rimada’, o escritor ceense narrará varios relatos rimados da súa autoría. E que mellor maneira de pasar a tarde do sábado que cunha boa ración de contos! Ademais de divertirse, os pequenos poderán espertar a súa imaxinación! 
Miro Villar (Cee, 1965) é profesor de lingua e e literatura galegas, poeta, narrador e crítico literario. Ademais de ensaios e obras poéticas, no eido da literatura infantil e xuvenil ten publicados a serie ‘Carlota, a marmota’ (2000), ‘Carlota e a bota perdida’ (2003), ‘Carlota e a gaivota patiamarela’ (2006), ‘O nariz de Fiz’ (2009) e ‘A cobiza do verme Noel’ (2011). Se queredes coñecer máis sobre este autor, podedes premer neste enlace
 
 
 

Música en directo e moita diversión no I Serán Sons do Ilicinio o próximo 25 de maio

Foto: Martiño Picallo (www.cantigaseagarimos.es)
O próximo sábado, 25 de maio, tendes unha cita na localidade de Boqueixón con música en directo e moita diversión. Será no I Serán Sons do Ilicinio que organizan a Asociación Cultural  Mestre Manuel Gacio, o Ghusto do Boi e a Asociación Cultural e de Festexos Santa Mª de Lestedo, en colaboración do Concello. 

O campo da feira de Lestedo acollerá a partir das 21:00 horas as actuacións de A.F. Santa Lucía, Cantigas e Agarimos, Pena do Corvo, Ghusto do Boi, Recobio, Son do Souto e Os ke Hai. Así que se queredes pasar un bo rato, non vos podedes perder esta oportunidade! 




Queres aprender a xogar á estornela, á chave ou aos bolos celtas?


A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio organiza o vindeiro domingo, 19 de agosto, unha xornada de xogos tradicionais. A cita será ás 19:00 horas no campo da feira de Lestedo. 

Esta entidade anima a todos os amigos e amigas da Escola Deportiva Santiago a participar nesta iniciativa, na que colaboran o Concello de Boqueixón e a comisión de festas de Lestedo.

Todos os que se achegen ao campo da feira de Lestedo este domingo a partir das sete da tarde poderán xogar á estornela, á chave ou aos bolos celtas, entre outros moitos xogos populares galegos. Así que… por que non pasar unha xornada ‘brincando coa historia’? 



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR