lectura

now browsing by tag

 
 

Consegue que os teus fillos lean por placer e non só por obriga

Fomentar o hábito da lectura entre os nenos pequenos apórtalles moitos beneficios: exercitan o su cerebro, melloran a concentración e as súas habilidades lingüísticas, desenvolven a súa imaxinación, etc. Pero máis aló dos libros que lles dan nos colexios, como podemos conseguir que lean na casa? O profesor Santiago Moll, autor do blog ‘Justifica tu respuesta’ do que xa vos falamos noutra ocasión, aporta nun artigo algúns trucos moi simples pero que poden resultar moi eficaces (podes lelo por completo premendo aquí):

  1. Predicar co exemplo. É moi importante que os pais e nais tamén lean e que se preocupen por preguntarlles aos seus fillos o que están a ler. “Se consegues que cho explique será unha maneira fantástica de verbalizar aquelo que leu e ti poderás ver que grao de compresión e de expresión vai adquirindo”, asegura Moll.
  2. Ler en voz alta. O profesor recomenda escoitar aos fillos ler en voz alta pero non correxirlles constantemente. “Deixa que se equivoque porque está lendo por pracer e non por obriga”, apunta.
  3. Que teña a súa propia biblioteca. Debes intentar que o teu fillo teña a súa propia biblioteca na casa cos libros que vaia lendo.
  4. Que personalice os seus libros. Poñéndolles o seu nome e data de compra, forrándoos… Do que se trata é de ir establecendo un vínculo emocional entre o neno e o libro.
  5. Un libro, a recompensa por algo ben feito. Moll recomenda que os pais e nais acompañen aos fillos á biblioteca ou a librerías para regalarlles un libro como recompensa por unha acción ben feita. Ten que ser o neno, preferentemente, o que escolla o libro que quere ler.
  6. Libros con ilustracións. É preferible que o libro sexa o máis áxil e ameno posible. Por iso é importante que estea dividido por capítulos e conteña ilustracións. E, por suposto, que sexa a obra axeitada para a idade do menor.
  7. Ler en silenzo. Para favorecer que o neno lea na casa é necesario que haxa silenzo, apagando a radio, a televisión, os equipos de son… Así aumentará a concentración mentras le.
  8. Subscricións a revistas. Outra maneira de crear un vínculo entre o neno e o que le é suscribilo a algunha revista propia da súa idade e que garde relación cos seus intereses.
  9. Libros electrónicos. Aproveitando que as tabletas están tan de moda, podes apostar por ter libros electrónicos que poidan ler os teus fillos. Nestes casos, Moll indica que os pais deberían estar cos nenos para que non se distraian con outras aplicacións.

 

Contos para todos os nenos co escritor Miro Villar este sábado en Lestedo

Miro Villar. FOTO: AELG


A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio invita a todos os nenos da Escola Deportiva Santiago a participar no encontro co escritor Miro Villar que terá lugar este sábado, 8 de febreiro, ás 18:00 horas no Centro de Interpretación Pico Sacro de Lestedo. Nel colaboran o concello de Boqueixón e a Deputación da Coruña.

Nesta actividade, que eles denominan ‘Contada Rimada’, o escritor ceense narrará varios relatos rimados da súa autoría. E que mellor maneira de pasar a tarde do sábado que cunha boa ración de contos! Ademais de divertirse, os pequenos poderán espertar a súa imaxinación! 
Miro Villar (Cee, 1965) é profesor de lingua e e literatura galegas, poeta, narrador e crítico literario. Ademais de ensaios e obras poéticas, no eido da literatura infantil e xuvenil ten publicados a serie ‘Carlota, a marmota’ (2000), ‘Carlota e a bota perdida’ (2003), ‘Carlota e a gaivota patiamarela’ (2006), ‘O nariz de Fiz’ (2009) e ‘A cobiza do verme Noel’ (2011). Se queredes coñecer máis sobre este autor, podedes premer neste enlace
 
 
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR