Internet

now browsing by tag

 
 

Preocupado pola seguridade dos teus fillos/as en Internet?

Se a resposta a esta pregunta é non, deberías preocuparte. E se a resposta é si, tranquilo, temos algúns consellos que darvos.

A principios deste ano naceu ‘Internet Segura for Kids’, o centro de seguridade na Rede para menores de idade en España. Os seus obxectivos son desenvolver campañas de sensibilización e formación, ofrecer unha liña de axuda para asesorar e asistir a menores e reducir a dispoñibilidade de contido criminal en Internet. IS4K está liderado e coordinado pola SESIAD (Secretaría de Estado para la Sociedad de la Información y Agenda Digital), co soporte de Red.es, e executa os seus servizos a través do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad), en colaboración con outras entidades de referencia.

Así, na súa páxina web poderás atopar xogos, materiais didácticos e ferramentas de control parental. E tamén información sobre privacidade, sexting, ciberacoso escolar, grooming… e consellos para saber que facer en caso de que os teus fillos/as teñan algún problema. De entre todos eles, o máis importante é a denuncia. Se os nenos/as sufren algunhas destas situacións débese contactar coas Forzas e Corpos de seguridade. Ademais, o centro de saúde e o seu centro educativo poden ofrecer ao menor apoio psicolóxico e emocional se é necesario.

 

 

Xogos e aplicacións móbiles educativas para que os nenos se divirtan e aprendan

Con tanto temporal que estamos a ter, estes días é difícil poder saír cos nenos a facer actividades ao aire libre. Os pequenos pasan máis tempo na casa, moitas veces querendo ‘xogar’ co teléfono móbil ou o ordenador de mamá e papá. Así que convén estar preparados! No seguinte enlace podedes coñecer 10 aplicacións e xogos que combinan diversión e aprendizaxe:
A lista elaborouna www.juntines.com, unha páxina web onde atoparedes moitas ideas para facer cos nenos na casa, xa sexa a través de Internet ou coas clásicas manualidades, por exemplo.
Outro artigo que nos parece moi interesante é este da web Maternidad Fácil no que explican en que consisten algunhas das mellores aplicacións educativas para os máis peques:
Sabiades ademais que tamén existen redes sociais para nenos? No seguinte enlace falan de tres: Kidzworld, Moshi Monsters e Yoursphere. Aínda que están en inglés, contan con numerosas actividades para realizar por Internet, como xogos. Están especialmente deseñadas para menores de idade, descartando os contidos inapropiados para eles.

Algúns consellos para que os nenos e nenas naveguen seguros por internet


Unha das lectoras deste blog recomendounos a páxina web www.pantallasamigas.net Trátase dun portal que ten como misión a promoción do uso seguro e saudable das novas tecnoloxías, incidindo especialmente nos nenos e adolescentes. 

Alí podedes atopar numerosos artigos con consellos que de seguro vos serán moi útiles. Deixámosvos os enlaces dalgúns deles: 

Tamén podedes consultar algunhas guías prácticas premendo neste enlace

Neste post tendes ademais un vídeo elaborado por Pantallas Amigas dirixido a nenos e nenas, para que aprendan dun xeito divertido o que deben e non deben facer cando navegan por internet. Fundamentalmente é moi importante que os pequenos non faciliten información persoal, manteñan as súas claves en segredo e acudan aos seus pais ou nais sempre que lles molesten a través da rede. Tampouco deben quedar con persoas que coñeceron en internet sen a compaña dos seus proxenitores.

 
Por último, aproveitamos para recordarvos de novo que se tendes algunha información ou dúbida sobre o deporte, a educación ou a saúde infantil que vos gustaría que se tratara neste blog, podedes escribirnos a escolasantiagocf@gmail.com Tamén podedes atoparnos en Facebook: www.facebook.com/escoladeportivasantiago 

O deporte, como antídoto contra as ciberadiccións dos nenos

 
Os nenos pasan unha media de entre 3 e 4 horas diarias enganchados a Internet, aos videoxogos e a televisión. Ademais, en España, o 65% dos menores de entre 8 e 12 anos de idade teñen teléfono móbil. Foméntase así entre os máis pequenos un estilo de vida sedentario e pouco saudable.
 
Dende a Fundación Marcet, escola de fútbol con sede en máis de 25 países, alertan sobre a gravidade desta tendencia e apostan polo emprego das actividades deportivas como antídoto contra as ciberadiccións. 
 
Os directivos desta entidade aseguran que cada vez son máis os pais que acoden a eles para que os seus fillos abandonen esta dependencia. Cantas máis horas pasen os nenos facendo deporte, menos tempo terán para os videoxogos, a televisión e Internet. 
 
E iso favorece á súa saúde e ao seu desenvolvemento como persoa. De feito, segundo o estudo dos Hábitos Deportivos en España elebaorado polo Consello Superior de Deportes, a práctica do deporte en idade escolar está directamente relacionada coa saúde da poboación infantil e xuvenil. Resulta preocupante, sen embargo, que aínda que o 90% dos mozos opinan que é importante realizar algún tipo de deporte, tan só o 63% o practica. 
 
Dende a Fundación Marcet recomendan, por outra banda, escoller deportes como o fútbol, cos que ademais de mellorar a saúde dos menores, aprenden disciplina de equipo, horarios e adestramentos, poñen en marcha estratexias colaborativas e logran retos colectivos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR