inscricións

now browsing by tag

 
 

Anota aos teus fillos ao curso de fútbol e fútbol sala 2017-2018 da Escola Deportiva Santiago

Se queres que os teus fillos/as, de entre 4 e 12 anos de idade, formen parte dos equipos de fútbol e fútbol sala da Escola Deportiva Santiago, xa podes anotalos para o novo curso 2017-2018.

Os nosos obxectivos, ademais de ensinarlles aos pequechos os fundamentos técnico-tácticos destes deportes, son fomentar o esforzo e a diversión como método de aprendizaxe e forsxmar a través dos valores do deporte.

Estes son os horarios para o curso 2017-2018:

  • Luns e mércores das 18,45 ás 20,15 h. ( Campo de fútbol de VILLESTRO )
  • Venres das 16,45 ás 18,00 h ( Campo de fútbol de VILLESTRO )
  • Martes e Xoves das 18.30 ás 20.00 h (Pavillón de ROXOS)

Os prezos son de 25 € mensuais (10 mensualidades) ou 200 € anuais. Hai un desconto para irmáns e familias numerosas que pagarán só 150 € anuais por neno/a.

Todos os membros dos nosos equipos terán ademais un desconto do 30% nos Campus que organiza a Escola Deportiva Santiago nos periodos estivais (Nadal, Semana Santa e verán).

Para inscribir aos teus fillos/as só tes que cubrir a folla de inscrición que te enviaremos se nos escribes a escolasantiagocf@gmail.com

Se tes calquera dúbida, podes chamar aos teléfonos 697 408 573 ou 607 581 541

Apunta aos teus nenos e nenas á Escola Deportiva Santiago!

Queres que o teu fillo ou filla xogue ao fútbol na Escola Deportiva Santiago? 
Pasa polos adestramentos que celebramos os luns e mércores no pavillón de de Lamas de Abade de 18:30 a 20:00 horas ou cubre a seguinte folla de inscrición e envíaa por correo electrónico a escolasantiagocf@gmail.com: Inscrición_15-16
Poden xogar connosco nenos de entre 4 e 12 anos de idade e nenas de entre 10 e 12 anos.
Tamén adestramos os martes, de 18:00 a 19:00 horas, no campo de fútbol do Sergas e os venres, de 18:30 a 21:30, no campo de fútbol de Belvís.
Que aprenderán?
Coa Escola Deportiva Santiago os nenos e nenas aprenderán os fundamentos técnicos e tácticos do fútbol, empregando un método de ensinanza que fomenta o esforzo e a diversión por enriba de todo e que trata de formar a partir dos valores do deporte.
Que prezo ten o curso?
Por asistir a 2 días de adestramentos o prezo é de 25 euros mensuais ou 200 euros anuais (175 euros para irmáns e familias numerosas)
Por asistir a 3 días de adestramentos o prezo é de 30 euros mensuais ou 225 euros anuais (200 euros para irmáns e familias numerosas)

Este verán aposta polos Campus de Tecnificación en fútbol e baloncesto da Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago vén de lanzar unha ampla oferta de Campus de Tecnificación para este verán. Ao xa exitoso Campus de Tecnificación en Fútbol que organiza desde hai varios anos, súmase nesta ocasión un Campus de Tecnificación en Baloncesto. Ambos diríxense a xóvenes futbolistas e baloncestistas – de entre 4 e 14 anos de idade – que desexen mellorar os fundamentos técnicos e tácticos destes deportes.

Nestes Campus colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña, os concellos de Santiago e Rois e as entidades privadas Coca Cola, Feiraco, Gadis e Expert.

Obxectivo

A Escola Deportiva Santiago pretende ofrecer con estes Campus unha alternativa pioneira e diferenciada dentro da formación deportiva que hai nos clubes. Así, os participantes levarán a cabo un traballo metódico e pormenorizado daqueles fundamentos técnicos e tácticos (recibir, pasar, tirar, desprazamentos, transcións, etc.) que non dominen ou que teñan necesidade de repetir.

Os pequenos terán competicións dirixidas e organizadas para mellorar tanto o xogo individual como o de equipo e aprenderán a convivir e a respectar aos compañeiros nun ambiente de aprendizaxe deportivo.

Quendas

Para asistir a estes Campus establecéronse seis quendas en tres localidades diferentes: Santiago, Rois e Cambados. En todas elas celebrarase o Campus de Tecnificación en Fútbol, mentres que o de Baloncesto terá lugar na primeira quenda en Santiago e na quinta e sexta quenda en Cambados. Na terceira e cuarta quendas, que serán en Rois, tamén practicarán golf. Estas son as datas:

  • 1ª Quenda: O 23, 25, 26, 27 e 28 de xuño en Santiago (Fútbol e Baloncesto) en horario de mañá. [O martes 24 non hai Campus por ser festivo]
  • 2ª Quenda: Do 30 de xuño ao 4 de xullo en Santiago (Fútbol) en horario de mañá.
  • 3ª Quenda: Do 7 ao 11 de xullo en Rois (Fútbol e Golf) en horario de mañá e de tarde (media pensión).
  • 4ª Quenda: Do 14 ao 18 de xullo en Rois (Fútbol e Golf) en horario de mañá e de tarde (media pensión).
  • 5ª Quenda: Do 3 ao 8 de agosto en Cambados (Fútbol e Baloncesto) en horario de mañá e de tarde (pensión completa).
  • 6ª Quenda: Do 10 ao 15 de agosto en Cambados (Fútbol e Baloncesto) en horario de mañá e de tarde (pensión completa).

Os nenos e nenas gozarán polas tardes de diferentes actividades alternativas como o inglés no deporte ou o coaching deportivo (para traballar a atención, a concentración e o espírito de superación). En Rois tamén haberá tempo para xogar ao golf e nadar na piscina, mentras que en Cambados terán actividades culturais e de lecer.

Prezos por quenda

Os pais e nais poden escoller entre varias opcións segundo os horarios e lugares que máis lles interesen e acceder así a diferentes prezos por cada quenda:

  • Opción A: Exercicios técnicos-tácticos específicos. Horario: de 9.30 a 12:00 h. Prezo: 45 euros
  • Opción B: Exercicios técnicos-tácticos específicos. Horario: de 12:00 a 14:30 h. Prezo: 45 euros.
  • Opción A + B: Exercicios técnicos-tácticos específicos. Horario: de 9.30 a 14:30 h. Prezo: 75 euros.
  • Opción C (Só en Rois): Media pensión con exercicios técnicos-tácticos específicos pola mañá (de 9.30 a 14:30 h.), comida e actividades de lecer (de 14:30 a 16:30 h.) e actividades de tarde (de 16:30 a 18:30 h.). Prezo: 160 euros.
  • Opción D (Só en Cambados): Pensión completa con todo incluído. Prezo: 310 euros.

Hai, ademais, un desconto do 20% para familias numerosas, por asistir a máis dunha quenda ou por anotar a dous irmáns. No caso de Rois e Cambados, se os pais necesitan contratar tamén o transporte, o prezo é de 30 euros.

Inscricións

O prazo para inscribirse nestes Campus xa está aberto e rematará o 15 de xuño para as quendas de Santiago e Rois e o 15 de xullo para as de Cambados. Unha vez superada a data límite, e sempre que haxa prazas dispoñibles, poderanse facer máis inscricións pero cun recargo do 20%. Para calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 697 408 573.

Os interesados deben CUBRIR OS DATOS DO SEGUINTE FORMULARIO premendo neste enlace. Tamén poden, se o prefiren, descargar a folla de inscrición adxunta, asinala e enviala ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com xunto co xustificante de pago: Tecnificacion_Ficha2014_GAL

 

Últimos días para inscribirse ao Campus Polideportivo de Semana Santa 2014

Esta semana remata o prazo de inscrición para participar no Campus Polideportivo de Semana Santa que organiza a Escola Deportiva Santiago en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María,   Cruz Vermella Santiago, Gadis, Feiraco e Coca Cola.

Serán tres días (14, 15 e 16 de abril) nos que nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade non só poderán practicar os deportes máis coñecidos como o fútbol ou o baloncesto, senón tamén outras modalidades alternativas como o bádminton, o golf, o fútbol americano ou o judo. “Son actividades enfocadas á mellora da psicomotricidade e da coordinación, pero sobre todo queremos fomentar a diversión ao aire libre e a convivencia entre os rapaces”, explica un dos monitores, Óscar Vilariño, nunha entrevista que podes ler completa premendo aquí.

O Campus desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís. Os nenos pódense apuntar para días soltos (10 euros por día/neno) ou para o campus completo (24 euros). Hai, ademais, descontos para segundos irmáns e familias numerosas (8 euros por día/neno ou 18 euros polo campus completo).

Os interesados deben dirixirse ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou chamar ao teléfono 697 408 573. Tamén poden inscribirse a través do formulario de contacto que hai nesta mesma páxina.

Neste Campus establecéronse ademais cinco becas que otorgou a Escola Deportiva Santiago en virtude dun convenio de colaboración que se asinou o ano pasado coa Cruz Vermella Santiago.

DESCARGA DO FOLLETO EN PDF: CampusPolideportivoSemana Santa 2014

Aberto o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo de Semana Santa 2014

A Escola Deportiva Santiago acaba de abrir o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo de Semana Santa 2014 que organiza en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María,   Cruz Vermella Santiago, Gadis, Feiraco e Coca Cola.

As actividades desenvolveranse no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís os días 14, 15 e 16 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas. Preténdese así facilitar a conciliación da vida familiar e laboral neste periodo vacacional dos máis pequenos da casa.

Por uns prezos moi reducidos, nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade  poderán divertirse e mellorar a súa formación practicando deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, bádminton, atletismo ou xadrez.

O prezo por participar é de 10 euros por día ou 8 euros para o segundo irmán e familias numerosas. Se se opta por asistir ao Campus completo (3 xornadas) o prezo é de 24 euros ou 18 euros para o segundo irmán e familias numerosas. Os interesados deben cubrir a folla de inscrición adxunta neste post e enviala, xunto co xustificante de pago, ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com Para calquera dúbida, pódese chamar ao teléfono 697 408 573.

Neste Campus establecéronse ademais cinco becas que otorgou a Escola Deportiva Santiago en virtude dun convenio de colaboración que se asinou o ano pasado coa Cruz Vermella Santiago.

DESCARGA DO FOLLETO EN PDF: CampusPolideportivoSemana Santa 2014

CampusPolideportivoSemana Santa 2014_Página_2

Folla de inscrición para o Campus de Semana Santa 2014.

O alcalde de Rois anima a todos os rapaces a participar no Campus de Tecnificación en Fútbol que se celebrará nesta localidade


O Concello de Rois acolleu esta mañá a presentación das dúas quendas do Campus de Tecnificación en Fútbol que se celebrarán nesta localidade a mediados de xullo organizadas pola Escola Deportiva Santiago. Nela participaron o alcalde, Ramón Tojo; o presidente da Escola Deportiva Santiago, Santiago Araújo; o director deportivo do Campus, Xosé Manuel Lobato; e representantes do club de fútbol CD Rois, colaborador desta iniciativa.

 

Tojo amosouse moi satisfeito de que Rois acolla de novo este Campus, despois do éxito da primeira edición celebrada o verán pasado. O alcalde destacou que estes proxectos axudan á formación dos rapaces e animou a todos aqueles que xogan ao fútbol a participar nesta iniciativa. Ademais, tamén agradeceu a colaboración do CD Rois. No mesmo senso falou Santiago Araújo, quen sinalou que sen a contribución deste club de fútbol non sería posible levar a cabo este Campus.

 

As actividades, dirixidas a xóvenes futbolistas de entre 4 e 14 anos de idade, desenvolveranse en dúas quendas – do 8 ao 12 e do 15 ao 19 de xullo. O prazo de inscrición xa está aberto. Os interesados deben  dirixirse a escolasantiagocf@gmail.com ou chamar ao teléfono 697 408 573.  Pódese descargar a folla de inscrición neste enlace.
Con iniciación ao golf
Nestes Campus seguirase a filosofía da Escola de fomento da aprendizaxe e a diversión dos pequenos. Así, os nenos poderán mellorar os fundamentos técnicos e tácticos do fútbol traballando movementos como regates, tiros a porta, xogos de cabeza ou técnicas específicas para porteiros. Haberá ademais tempo para iniciarse ao golf nas instalacións do club de golf Val de Rois. Todo da man de adestradores titulados a nivel nacional e rexional e licenciados en Educación Física e Psicoloxía.

 

O programa inclúe actividades de mañá de 9:30 a 12:00 horas (Opción A) e de 12:00 a 14:30 horas (Opción B). As actividades da tarde desenvolveranse de 16:30 a 18:30 horas (Opción C). De 14:30 a 16:30 os nenos poderán xantar e terán tempo de ocio con posibilidade de xogar ao xadrez, ver vídeos, etc (Opción D).

 

Os nenos poderán anotarse a unha soa opción ou a varias. Haberá descontos por anotarse a máis dunha quenda, por participar máis dun irmán e por ser familia numerosa. Os prezos (por quendas) son os seguintes:
       Opción A: 40 euros ou 30 euros co desconto
       Opción B: 40 euros ou 30 euros co desconto
       Opción A+B: 75 euros ou 60 euros co desconto
       Opción C: 30 euros ou 25 euros co desconto
       Opción A+B+C: 95 euros ou 75 euros co desconto
       Opción D: 60 euros

Ademais de en Rois, estes Campus de Tecnificación en Fútbol celébranse tamén este verán en Santiago (ata o 5 de xullo) e en Cambados (do 29 de xullo ao 2 de agosto en pensión completa).  Patrocinan a iniciativa Tiendas Activa, Coca Cola e Feiraco. 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR