inscrición

now browsing by tag

 
 

Inscribe aos teus nenos e nenas nun novo e divertido Campus Polideportivo en Santa Isabel

Xa está aberto o prazo de inscrición para unha nova edición do Campus Polideportivo que organiza a Escola Deportiva Santiago, coa colaboración da Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, os colexios Compañía de María e La Salle, e Gadis.

As actividades desenvolveranse os días 2, 3, 4, 7, 8 e 9 de setembro de 10:00 a 14:00 horas no pavillón e campo de fútbol de Santa Isabel. Dirixidas a nenos e nenas de 4 a 14 anos de idade, os pequenos gozarán duns días de deporte e diversión antes da volta ao cole, facilitando aos pais e nais a conciliación da vida familiar e laboral.

Os participantes practicarán fútbol, fútbol sala, baloncesto e deportes alternativos, ademais de exercicios para mellorar a atención.

Inscricións
Os prezos para anotarse a este Campus son de 10 euros por día ou 50 euros polo Campus completo (6 días). Existe ademais un desconto para segundos irmáns, familias numerosas e os que se apunten en grupos de 5 rapaces que pagarán só 40 euros por neno/a. 

Para inscribirse só hai que cubrir o seguinte formulario online e enviar o xustificante de pago ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com Tamén podedes cubrir, se o preferides, a seguinte ficha en pdf e enviala ao mesmo email: Campus_setembro_2015_Ficha

Para calquera dúbida, podedes chamar ao teléfono 697 408 573.

Nicolás García: "Neste Campus de Nadal faremos unha aproximación aos deportes de contacto sen golpes"

O próximo domingo, 15 de decembro, remata o prazo para inscribirse no Campus Polideportivo de Nadal gozando dun importante desconto. Dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade, aqueles que se anoten nesta semana pagarán tan só 50 euros por asistir ao Campus completo (7 xornadas). Hai tamén a posibilidade de asistir a días soltos, abonando neste caso 10 euros por día/neno (8 euros para o segundo irmán ou familias numerosas). Se queres máis información, podes atopala, xunto coa folla de inscrición, premendo neste enlace.

 
Os pequenos practicarán durante este Campus diferentes modalidades, como fútbol, fútbol sala, baloncesto, bádminton, atletismo ou xadrez. Ademais, por primeira vez, tamén haberá habilidades de loita, impartidas polo licenciado en INEF, Nicolás García. Profesor de judo no colexio compostelán La Salle, tamén é director deportivo do club ciclista Cambre. Cunha ampla traxectoria en ámbolos dous deportes, Nico explícanos nesta entrevista como serán as súas clases. 
 
En que vai consistir a actividade de habilidades de loita que se vai impartir neste Campus de Nadal da Escola Deportiva Santiago?
Será unha aproximación a deportes de contacto sen golpes, simplificando contidos de judo e defensa persoal e introducíndoos mediante o ‘xogo motor’. En canto a contidos específicos, con adaptacións segundo o grupo de idade no que se atopen, pódense resumir en tres: caer, proxectar e inmovilizar.
Que poden aprender os nenos/as gracias a esta actividade? Mellora a súa psicomotricidade? 
Ademais de adquirir as habilidades específicas, tódolos exercicios propostos buscan traballar aspectos informacionais (coordinación, equilibrio…)  e desenvolvemento físico (velocidade de reacción, forza-velocidade, flexibilidade…).
E estas habilidades, como saber caer ou chocar, pódense aplicar a outras modalidades deportivas como, por exemplo, o fútbol ou o baloncesto? Como? 
Os contidos preséntanse de forma interdisciplinar explicando ou exemplificando para que poden ser útiles as habilidades específicas. Mencionades ‘saber caer ou chocar’ ao ser habilidades que non son habitualmente traballadas noutros procesos de ensinanza ou adestramento deportivo, pero considero que deberían ser introducidas. Por exemplo, ‘saber caer’ implica evitar que a cabeza reciba golpes ou que o propio impacto da caída sexa absorbido por unha soa parte do corpo (motivo de dano ou dor). Isto é útil en calquera actividade física e incluso na vida cotián (caídas accidentais). Sobra decir que o desenvolvemento físico acadado na proposta é común para calquer outro deporte (forza, resistencia, velocidade, flexibilidade…).
Poden os nenos sufrir golpes? Para os pais que teñan dúbidas, é perigoso?
Cando se realiza unha acitividade física grupal é un risco que hai que asumir pero isto non significa que sexa perigoso. As actividades son deseñadas para nenos e en ningún momento están incluídas técnicas nin xogos de golpeo. Gústame sempre destacar que intensidade ≠ violenciaOs riscos de facerse dano son os mesmos que noutras actividades controladas como poden ser unha sesión de fútbol ou baloncesto e, desde logo, moito menores que en actividades menos controladas como pode ser un ‘recreo’ escolar ou o xogo libre cos amigos e amigas.
Desde que idade recoméndase practicar este tipo de actividades? 
Debidamente formuladas pódense realizar a calquera idade. No Campus de Nadal haberá 3 grupos de idade entre 4 e 12 anos e traballarán contidos similares aínda que abordados de diferentes formas, sendo unha actividade moito máis cooperativa entre os pequenos e introducindo variantes de xogos competitivos entre os maiores.
Por último, que supón para ti participar como monitor neste Campus de Nadal?  
Supón o achegamento a unha entidade que habitualmente traballa co fútbol como deporte principal polo que é unha oportunidade para ensinar conceptos e formas de adestrar que seguramente sexan novos para case tódolos nenos e nenas que participan.
 
LER MÁIS:
Novos deportes e maiores facilidades de pago no IV Campus Polideportivo de Nadal da Escola Deportiva Santiago

Novos deportes e maiores facilidades de pago no IV Campus Polideportivo de Nadal da Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago xa ten todo listo para a cuarta edición do Campus Polideportivo de Nadal, que este ano chega cargado de novidades. A principal é a modalidade de pago. Co fin de facilitar a un maior número de familias compostelás a conciliación da vida persoal e laboral durante estas vacacións, a organización ofrece a posibilidade de inscrición por días. Así, nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade poderán anotarse ao Campus completo (7 días) ou a xornadas soltas, pagando por cada unha delas 10 euros.
Se a inscrición é para todo o Campus o prezo é de 60 euros, se ben aqueles que se anoten antes do 15 de decembro gozarán dun importante desconto,debendo abonar tan só 50 euros. Tamén hai descontos para os que inscriban a dous irmáns ou sexan familia numerosa. Estes pagarán 8 euros por día/neno ou 40 euros por asistir ao Campus completo. Os interesados poden dirixirse ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com, enviando cuberta a folla de inscrición que tendes debaixo deste post e adxuntando o xustificante de pago. Se tendes algunha dúbida, podedes chamar ao teléfono 697 408 573
O Campus de Nadal desenvolverase o 23 e 24 de decembro no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís de 10:00 a 14:00 horas; o 26, 27 e 28 de decembro nas instalacións do colexio La Salle no mesmo horario; e o 2 e 3 de xaneiro de novo no Compañía de María e Belvís na mesma xornada de mañá.
Campus trilingüe e habilidades de loita
Outra das novidades desta cuarta edición é a inclusión do inglés como lingua que empregarán, xunto co galego e o castelán, os monitores e adestradores do Campus. Ademais, e tamén por primeira vez, incorpóranse as habilidades de loita como unha das actividades. Será a través de exercicios de psicomotricidade, con contacto pero sen golpes, adaptados ás diferentes idades dos nenos e nenas participantes. Así, os pequenos poderán adquirir habilidades como manter o equilibro, saber caer, etc.
O resto de deportes que se impartirán neste Campus de Nadal son o fútbol, o fútbol sala, o baloncesto, o atletismo, o bádminton e o xadrez.

Organizado pola Escola Deportiva Santiago, colaboran nesta actividade a Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, os colexios Compañía de María e La Salle, Coca Cola e Feiraco.
 

Última semana para inscribirse no Campus Polideportivo que organiza a Escola Deportiva Santiago en setembro

 

O pavillón e o campo de fútbol de Santa Isabel acollerán do 2 ao 6 de setembro unha nova edición do Campus Polideportivo que organiza a Escola Deportiva Santiago. A entidade ofrece así ás familias compostelás unha alternativa de ocio e deporte coa que conciliar a vida familiar e laboral antes do comezo das clases. 

Durante cinco días, nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade poderán practicar diferentes modalidades deportivas como fútbol, fútbol sala ou atletismo nun ambiente de aprendizaxe a través do xogo, a convivencia e a diversión. Haberá tamén deportes alternativos e exercicios para mellorar a atención. As clases, impartidas por adestradores e monitores titulados, desenvolveranse en horario de 10.00 a 14:00 horas.   

O prezo por participar será de 35 euros por neno/a e de 25 euros polo segundo irmán. Haberá un desconto para familias numerosas, que só pagarán 25 euros por cada fillo. Os interesados deben cubrir a folla de inscrición que adxuntamos neste post e enviala, xunto co xustificante de pago, a escolasantiagocf@gmail.com Para calquera dúbida pódese chamar ao teléfono 697408573. 

Neste Campus colaboran o Concello de Santiago, os colexios Compañía de María e La Salle, o centro xuvenil Don Bosco, Tiendas Activa, Coca Cola e Feiraco.
 

Diversión e aprendizaxe na primeira quenda do Campus de Tecnificación en Fútbol 2013

Onte comezou no estadio de Santa Isabel a primeira quenda dos Campus de Tecnificación en Fútbol que organiza a Escola Deportiva Santiago este verán, co patrocinio de Tiendas Activa, Coca Cola e Feiraco e a colaboración dos concellos de Santiago, Rois e Cambados.
 
Medio centenar de nenos de entre 4 e 14 anos de idade participarán durante cinco días, ata o próximo sábado 29 de xuño, nesta actividade onde, ademais de divertirse, poderán mellorar os fundamentos técnicos e tácticos do fútbol.
 
Os pequenos están a traballar movementos como regates, tiros a porta, xogo de cabeza ou técnicas específicas para porteiros, así como métodos ofensivos, defensivos e transicións. Todos eles con adestradores titulados a nivel nacional e rexional e licenciados en Educación Física e Psicoloxía. Ademais, os rapaces tamén poden practicar o seu inglés, tendo algunhas das clases neste idioma. 
 
Se queres ver máis fotografías, podes visitar a nosa páxina do Facebook premendo neste enlace. E non esquezas premer no ‘Me gusta’ para seguirnos tamén a través desta rede social!
 
 
A segunda quenda, no estadio da USC
Estes campus de verán desenvolveranse nos concellos de Santiago, Rois e Cambados, en cinco quendas diferentes. Compostela acolle a primeira – do 25 ao 29 de xuño en Santa Isabel- e a segunda delas – do 1 ao 5 de xullo no estadio da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Rois será o escenario da terceira  quenda – do 8 ao 12 de xullo – e da cuarta – do 15 ao 19 de xullo. Ademais, por primeira  vez desde que a Escola organiza estas actividades, ofertarase a posibilidade de asistir a un dos campus con pensión completa. Será en Cambados do 29 de xullo ao 2 de agosto.
 
 
O prazo de inscrición para a 2ª, 3ª, 4ª e 5ª quenda continúa aberto. Os interesados deberán dirixirse ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.comou chamar ao teléfono 697 408 573. Pódese descargar a folla de inscrición neste enlace.
Ler máis:
OS CAMPUS DE TECNIFICACIÓN EN  FÚTBOL DESTE VERÁN CONTARÁN CON PABLO INSUA E VÍCTOR SANTOS COMO PADRIÑOS
NOVOS CAMPUS DE TECNIFICACIÓN EN FÚTBOL EN SANTIAGO, ROIS E CAMBADOS ESTE VERÁN

A campaña ‘Que Escola Deportiva Santiago queres?’ xa ten aos seus segundos gañadores

Os gañadores do segundo sorteo da campaña ‘Que Escola Deportiva Santiago queres?’ recolleron os seus regalos de mans do presidente da entidade, Santiago Araújo. Mateo Lamas, de seis anos, recibiu, acompañado pola súa nai Graciela, unha inscrición gratuíta para unha das quendas dos Campus de Tecnificación en Fútbol deste verán e David Rey, de 8 anos, recolleu xunto coa súa nai Sandra Liste un MP3.
Este é o segundo sorteo que se realiza. Os primeiros gañadores foron Daniel Cutrín e Miguel Sixto. O vindeiro 14 de xuño realizase o terceiro e último sorteo entre todos aqueles que participen nesta campaña. Con ela, a Escola Deportiva Santiago pretende dar a coñecer os valores que trata de transmitir a través dunha formación deportiva diferenciada, tales como a entrega, a diversión, a aprendizaxe tanto das victorias como das derrotas, a unión dos xogadores, a intelixencia, etc. En definitiva, trátase de que os nenos e nenas melloren como deportistas pero tamén como persoas. 

Pais e nais poden votar a través da páxina do Facebook  da Escola Deportiva Santiago entre diferentes ideas – positivas e negativas – para escoller aquelas que consideren máis axeitadas para a formación deportiva dos seus fillos. Fanno premendo no ‘Me gusta’ das fotografías coas ideas que máis lles gustan. Só poden participar maiores de idade que sexan seguidores da nosa entidade nesta rede social.
Graciela, Santiago e Sandra cos pequenos gañadores.
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR