inglés

now browsing by tag

 
 

Aprender inglés xogando ao fútbol

Se aos teus fillos/as lles gusta moito o fútbol e queres que aprendan inglés dun xeito divertido, tes que visitar a páxina web Premier Skills English. Nela atoparás novas, xogos e blogs para practicar o idioma de Shakespeare.

Hai actividades con diferentes niveis, moitas delas para que poidan aprender os máis pequenos da casa. Por exemplo, divertidos xogos escollendo as cores das equipacións dos xogadores, vídeos onde aprendemos como se di en inglés diferentes técnicas e tácticas ou xogos onde seremos árbitros para poñer en práctica as regras de fútbol.

Animádevos a botarlle un ollo cos vosos nenos/as! Podedes visitala premendo aquí.

Novos deportes e maiores facilidades de pago no IV Campus Polideportivo de Nadal da Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago xa ten todo listo para a cuarta edición do Campus Polideportivo de Nadal, que este ano chega cargado de novidades. A principal é a modalidade de pago. Co fin de facilitar a un maior número de familias compostelás a conciliación da vida persoal e laboral durante estas vacacións, a organización ofrece a posibilidade de inscrición por días. Así, nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade poderán anotarse ao Campus completo (7 días) ou a xornadas soltas, pagando por cada unha delas 10 euros.
Se a inscrición é para todo o Campus o prezo é de 60 euros, se ben aqueles que se anoten antes do 15 de decembro gozarán dun importante desconto,debendo abonar tan só 50 euros. Tamén hai descontos para os que inscriban a dous irmáns ou sexan familia numerosa. Estes pagarán 8 euros por día/neno ou 40 euros por asistir ao Campus completo. Os interesados poden dirixirse ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com, enviando cuberta a folla de inscrición que tendes debaixo deste post e adxuntando o xustificante de pago. Se tendes algunha dúbida, podedes chamar ao teléfono 697 408 573
O Campus de Nadal desenvolverase o 23 e 24 de decembro no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís de 10:00 a 14:00 horas; o 26, 27 e 28 de decembro nas instalacións do colexio La Salle no mesmo horario; e o 2 e 3 de xaneiro de novo no Compañía de María e Belvís na mesma xornada de mañá.
Campus trilingüe e habilidades de loita
Outra das novidades desta cuarta edición é a inclusión do inglés como lingua que empregarán, xunto co galego e o castelán, os monitores e adestradores do Campus. Ademais, e tamén por primeira vez, incorpóranse as habilidades de loita como unha das actividades. Será a través de exercicios de psicomotricidade, con contacto pero sen golpes, adaptados ás diferentes idades dos nenos e nenas participantes. Así, os pequenos poderán adquirir habilidades como manter o equilibro, saber caer, etc.
O resto de deportes que se impartirán neste Campus de Nadal son o fútbol, o fútbol sala, o baloncesto, o atletismo, o bádminton e o xadrez.

Organizado pola Escola Deportiva Santiago, colaboran nesta actividade a Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, os colexios Compañía de María e La Salle, Coca Cola e Feiraco.
 

Aprender inglés a través do deporte

Como sabedes, a Escola Deportiva Santiago é moito máis que unha entidade que fomenta o deporte. A través da actividade física estamos convencidos de que os nenos e nenas poden, ademais de ter unha vida máis saudable, mellorar como persoas e avanzar na súa educación. Neste senso, non podía faltar a aprendizaxe de idiomas. Por iso, tanto nos campus polideportivos como nos de tecnificación en fútbol que organizamos este ano participaron monitores con coñecementos de inglés, empregrando esta lingua nalgunhas actividades. 
 
Para completar a formación en inglés que reciben os nenos na escola, existen multitude de vídeos e páxinas en Internet. Nós propoñemos hoxe dous vídeos relacionados co deporte para un nivel básico. Pero se buscades un nivel máis alto, podedes atopar multitude de actividades na páxina da BBC adicada aos nenos. Se premedes neste enlace, accederedes a algunhas delas. 
 


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR