horarios

now browsing by tag

 
 

Cambiarías os períodos vacacionais dos teus fillos/as?

Estes días estase a falar moito da posibilidade de cambiar os períodos vacacionais dos escolares. Por un lado, tal e como publican no xornal La Voz de Galicia, UXT propuso fixar as vacacións de primavera sempre nos dez primeiros días de abril, independentemente de cando coincida a Semana Santa. ANPE solicitaba ademais facer lectivos o 22 de decembro e o 22 de xuño, coa fin de equilibrar os trimestres. Sen embargo, tal e como podes ler neste artigo, un desacordo polos horarios impediu debater o calendario escolar. Así, as clases de infantil e primaria comezará o 11 de setembro e en secundaria e bachiller, o día 15. O final de curso será o 21 de xuño.

Pero o vindeiro curso será moi deferente en Cantabria. O seu Goberno autonómico acaba de aprobar a eliminación das vacacións de Semana Santa e Antroido. Tal e como explican en ABC, serán substituidas por dous novos períodos vacacionais: cinco días a finais de febreiro e ortros tantos no mes de maio. Deste xeito, terán cinco bimestres, separados por catro paradas e dous meses de vacacións, xullo e agosto. (podes lelo aquí).

E ti, que opinas? Cambiarías o calendario escolar dos teus fillos/as?

Queres xogar coa Escola Deportiva Santiago? Consulta aquí os horarios e prezos dos adestramentos

Arranca unha nova tempada de fútbol en Compostela e na Escola Deportiva Santiago brindamos a oportunidade de poder xogar connosco a todos os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade que así o desexen.

Os obxectivos son aprender os fundamentos técnico-tácticos do fútbol, fomentar o esforzo e a diversión como método de aprendizaxe e formar aos pequenos a través dos valores do deporte.

Temos equipos de Fútbol 8 masculino e de Fútbol Sala masculino e feminino. Os adestramentos desenvólvense os luns e mércores de 18:30 a 20:00 horas no pavillón de Lamas de Abade (no Castiñeiriño) e os martes e venres de 19:00 a 20:30 h. no campo de fútbol de Belvís.

A liga prebenxamín xa comezou e necesitamos especialmente nenos nados no ano 2007. 

Prezos

Os pais e nais poden escoller entre levar aos seus fillos/as aos adestramentos un día á semana, dous ou tres. Ademais, hai bolsas de tecnificación e descontos para irmáns e familias numerosas. Estes son os prezos:

  • 1 día: 20 euros/mes – 150 euros/ano – 135 euros/desconto
  • 2 días: 25 euros/mes – 200 euros/ano – 175 euros/desconto
  • 3 días: 30 euros/mes – 225 euros/ano – 200 euros/desconto

Se queres anotar aos teus nenos ou tes algunha dúbida, podes chamar ao teléfono 697 408 573, escribir ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou cubrir o formulario que atoparás premendo neste enlace.

Flyer Captación_2014

Horarios dos adestramentos de Fútbol Sala e Fútbol 8 para a tempada 2013/2014

Xa temos confirmados os horarios para os adestramentos de Fútbol Sala (tanto masculino como feminino) e Fútbol 8 para esta tempada 2013/2014. Son os seguintes:
 
ESCOLA DE FÚTBOL SALA: Luns e mércores  de 18:30 a 19:30 h. no pavillón de Lamas de Abade
 
ESCOLA DE FÚTBOL 8: Os martes de 18:30 a 20:00 h. no campo de fútbol de Belvís e os venres de 18:30 a 20:00 horas no campo de fútbol da USC. 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR