fútbol

now browsing by tag

 
 

Inscricións para o Campus ETC San Mamede 2017 coa Fundación Celta

A Escola Deportiva Santiago, o CD San Mamed e a Fundación Celta organizan un Campus ETC (Ensino Técnico Competicional) do 10 ao 14 de xullo no campo de fútbol de San Mamede. As actividades desenvolveranse de 10:00 a 14:00 horas para nenos e nenas de 4 a 14 anos de idade. Como complemento, organizarase un clinic do Celta de Vigo. Colaboran tamén nesta acción a Deputación de A Coruña e Gadis.

As inscricións poderán facerse de xeito individual ou por equipos, obtendo así importantes descontos. Prezos:

  • Inscrición individual: 90 euros
  • Inscrición en equipos de tres xogadores/as: 80 euros por neno/a
  • Inscrición en equipos de cinco xogadores/as: 65 euros por neno/a
  • Inscrición de dous irmáns: 80 euros por neno/a
  • Inscrición para familias numerosas: 80 euros por neno/a

Ademais, tamén se ofrece un servizo de acollida ás 9:30 horas por 5 euros.

Todos os participantes terá un seguro de accidentes deportivos e unha equipación de agasallo.

Aqueles interesados en anotarse poden facelo a través do seguinte formulario online ou escribindo a escolasantiagocf@gmail.com para recibir a ficha de inscrición en pdf.

Unha vez inscritos, será necesario enviar o xustificante de pago bancario a escolasantiagocf@gmail.com

Para calquera dúbida, poden chamar aos teléfonos 697 408 573 ou 607 581 541

Que facer en Semana Santa cos nenos/as? Divertirse no noso Campus Polideportivo!

Xa temos todo listo para unha nova edición do Campus Polideportivo de Semana Santa! Tres días nos que nenos e nenas – de entre 4 e 12 anos de idade – poderán pasalo ben, facer novos amigos e practicar deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, deportes alternativos… e exercicios para mellorar a atención.

O Campus desenvolverase os días 10, 11 e 12 de abril no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os prezos por participar son:

  • 10 euros por día/neno (8 euros para segundos irmáns e familias numerosas)
  • 25 euros polo Campus Completo (20 euros para segundos irmáns e familias numerosas)

Neste campus, organizado pola Escola Deportiva Santiago, colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e Gadis.

A continuación, podes cubrir o formulario online para reservar praza!

Pequenos xogadores dan unha lección contra a violencia no fútbol base aos seus pais

Como sabedes, na Escola Deportiva Santiago defendemos o xogo limpo e os valores que aporta o deporte aos nenos e nenas. Nesta ocasión, queremos contarvos unha historia que se converteu en toda unha lección contra a violencia no fútbol base. E non partiu dos adultos, senón dos pequenos xogadores. Isto foi o que sucedeu.

Fin de semana do 4 e 5 de marzo. Dous equipos de Valencia, de categoría ‘querubín’ (nenos de 5 anos de idade), Paterna CF e Torrent CF, disputan un partido no que o pai dun dos pequenos actúa como árbitro. Cara o final, sinalou un penalti que propiciou un escándolo sobre o céspede, unha pelaxa que podedes en vídeo premendo aquí.

Que fixeron os clubes? Para empezar, reunirse cos pais para explicarlles a mala imaxe que deron diante dos seus fillos. Tamén traballaron en concienciar a grandes e pequenos na importancia de respectar ao contrario. E, no caso do Torrent CF, elaboraron un cartaz coa sinatura de todos os nenos do equipo no que se pode ler ‘fair play’ (xogo limpo) e que ensinaron no seu seguinte encontro. Bravo por eles! E polos clubes, por non deixar a situación pasar.

 

Celia Pía presentou o Himno Oficial da Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago xa ten himno oficial! É obra da artista Celia Pía e formará parte a partir de agora de todos os actos que organice a entidade. A letra, que presentou o pasado sábado despois do partido que xogaron pais e nais contra fillos e adestradores, é a seguinte:

SOMOS COMPAÑEIROS

SOMOS MOZOS DEPORTIVOS

SEMPRE GOZAMOS

XOGANDO OS PARTIDOS

SE ME ADESTRO E ME ESFORZO

CADA DÍA APRENDO

E NOS ENCONTROS

DOU TODO O QUE TEÑO

ESCOLA, ESCOLA DE SANTIAGO

ESCOLA, O NOSO EQUIPO É

NON HAI CONTRATEMPOS

QUE AS GANAS DESALENTEN

O APOIO DA AFECCIÓN

CON NÓS ESTÁ PRESENTE

SON VALENTE

XOGAR BEN

É TODO UN ALICIENTE

E O BALÓN

É O MEU REFERENTE

ESCOLA, ESCOLA DE SANTIAGO

ESCOLA, O NOSO EQUIPO É

 

Aprender inglés xogando ao fútbol

Se aos teus fillos/as lles gusta moito o fútbol e queres que aprendan inglés dun xeito divertido, tes que visitar a páxina web Premier Skills English. Nela atoparás novas, xogos e blogs para practicar o idioma de Shakespeare.

Hai actividades con diferentes niveis, moitas delas para que poidan aprender os máis pequenos da casa. Por exemplo, divertidos xogos escollendo as cores das equipacións dos xogadores, vídeos onde aprendemos como se di en inglés diferentes técnicas e tácticas ou xogos onde seremos árbitros para poñer en práctica as regras de fútbol.

Animádevos a botarlle un ollo cos vosos nenos/as! Podedes visitala premendo aquí.

Seis momentos do 2016 que nos ensinan moito sobre os valores do deporte

Unha vez máis queremos falarvos dos valores no deporte. Facémolo desta vez compartindo convosco os seis momentos deportivos do ano 2016 nomeados aos Premios Laureus. Podedes velos e votar por eles premendo aquí.

Os Laureus World Sports Awards rinden homenaxe aos grandes homes e mulleres deportistas en diferentes categorías. Este ano, ademais, entregarán este premio ao momento deportivo do ano escollido a través dunha enquisa mundial online. Estes momentos miran máis aló dos resultados, simbolizando os verdadeiros valores do deporte. Os seis candidatos son:

XOGO LIMPO – 5 de xaneiro:

Na Copa Hopman de Perth, Australia, o xogador de tenis estadounidense Jack Sock, gañando 5:4 e 0-30, aconsella ao seu oponente australiano Lleyton Hewitt que faga ‘challenge’ e desafíe a decisión dun árbitro. Hewitt pediu unha revisión e a xogada deuse por boa. Hewitt gañou o partido 7-5, 6-4.

MÁXICO – 5 de xullo:

“HUH”. O equipo nacional de futbol islandés é recibido por unha gran multitude en Reykjavik, capital do país, cando regresan da Eurocopa 2016, onde lograron chegar a cuartos de final.

CONMOVEDOR – 10 de xullo:

Un neno portugués consola a un home francés despois de que Francia perdera a final da Eurocopa 2016 en París contra Portugal.

DEPORTIVIDADE – 16 de agosto:

Nikki Hamblin e Abbey D’Agostino demostran o que é o “espírito olímpico” na carreira de calificación para os 5.000 metros.

EXTRAORDINARIO – 31 de agosto:

O equipo de menos de 12 anos do Barcelona consola as seus rivais xaponeses tras vencerles por 1-0 na final del Junior Soccer World Challenge.

DRAMA – 19 de setembro:

O británico Jonny Brownlee, agotado, necesitou ser axudado casi na meta polo seu irmán Alistair na Series do Triathlon Mundial en Cozumel, México.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR