fútbol 8

now browsing by tag

 
 

Xoga ao Fútbol 8 coa Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago comeza esta semana cos adestramentos de fútbol 8 no campo de fútbol de Villestro-Roxos. As actividades desenvolveranse os luns e mércores de 18:45 a 20:15 horas. Se tes un fillo ou filla de 5 anos en adiante e queres que tamén xogue connosco, podes escribirnos a escolasantiagocf@gmail.com ou chamar aos teléfonos 697 408 573 ou 607 581 541 e informarémosche de todo!

 Cartel Captacion 2016

O R.C. Deportivo da Coruña e o Rácing de San Lorenzo gañan os torneos organizados pola Escola Deportiva Santiago

Esta mañá celebráronse no campo de fútbol e pavillón de Santa Isabel o I Torneo EDS – Belinox de Fútbol Internacional Benxamín e o I Torneo de Fútbol Sala Infantil feminino, organizados pola Escola Deportiva Santiago co apoio das empresas Belinox e Grupo Germania.

No primeiro participaron, mediante un sistema triangular, os equipos da Escola Deportiva Santiago, do R.C. Deportivo de A Coruña e da Escola Hernâni Gonçalves de Oporto, unha das escolas de fútbol máis importantes de Portugal. Os gañadores foron os coruñeses, mentres que os composteláns quedaron segundos e os portugueses, terceiros.

Entre partido e partido, os xogadores, así como pais e nais e demais público asistente, gozaron de diversas master class impartidas por un árbitro do Comité Galego de Árbitros, o corpo técnico do Dépor e o profesor Rui Pacheco da Escola Hernâni Gonçalves.

Paralelamente celebrouse no pavillón o torneo feminino, coa participación dos equipos da Escola Deportiva Santiago, UD Estrada FS e Rácing de San Lorenzo. O vencedor foi este último, seguido polas santiaguesas, segundas; e polas estradenses, terceiras.

Nos descansos o público asistiu a unhas dinámicas sobre a importancia da psicoloxía no deporte e ao obradoiro ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’, unha actividade organizada pola Consellería do Medio Rural e do Mar para ensinar aos máis pequenos a comer mellor.

Ademais dos trofeos e medallas a todos os equipos, tamén se entregaron premios aos máis goleadores, aos porteiros que menos goles encaixaron e aos equipos con mellor fair play (xogo limpo).

Galería de imaxes en Facebook. 

Xa podes vir a xogar cos novos equipos de Fútbol Sala e Fútbol 8 da Escola Deportiva Santiago!

Rematamos unha tempada chea de partidos, amizade, superación, esforzo, victorias e derrotas, aprendizaxe… e xa estamos a pensar na seguinte! A Escola Deportiva Santiago vai contar con tres novos equipos federados de Fútbol Sala e Fútbol 8:

  1. Equipo Alevín, para os nados nos anos 2004-2005.
  2. Equipo Benxamín, para os nados nos anos 2006-2007.
  3. Equipo Prebenxamín, para os nados nos anos 2008-2009.

Por iso invitamos a todos os nenos e nenas que queiran formar parte deles a pasar desde a próxima semana e ata o 19 de xuño polos adestramentos que se celebrarán nos seguintes horarios:

  • Alevín e Benxamíns: Martes e Venres de 19:00 a 20:15 horas no campo de fútbol de Belvís.
  • Prebenxamíns: Luns e Mércores de 18:30 a 19:30 horas no pavillón de Lamas de Abade. 

Alí os pais e nais recibirán información detallada sobre o funcionamento da Escola, así como dos próximos Campus deportivos que se celebrarán unha vez rematadas as clases e dos que informaremos próximamente.

Para calquera dúbida, podedes tamén contactar connosco a través do correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou o teléfono 697 408 573.

a8093846279c1d9d6a21060241e0938f.jpg

Queres xogar coa Escola Deportiva Santiago? Consulta aquí os horarios e prezos dos adestramentos

Arranca unha nova tempada de fútbol en Compostela e na Escola Deportiva Santiago brindamos a oportunidade de poder xogar connosco a todos os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade que así o desexen.

Os obxectivos son aprender os fundamentos técnico-tácticos do fútbol, fomentar o esforzo e a diversión como método de aprendizaxe e formar aos pequenos a través dos valores do deporte.

Temos equipos de Fútbol 8 masculino e de Fútbol Sala masculino e feminino. Os adestramentos desenvólvense os luns e mércores de 18:30 a 20:00 horas no pavillón de Lamas de Abade (no Castiñeiriño) e os martes e venres de 19:00 a 20:30 h. no campo de fútbol de Belvís.

A liga prebenxamín xa comezou e necesitamos especialmente nenos nados no ano 2007. 

Prezos

Os pais e nais poden escoller entre levar aos seus fillos/as aos adestramentos un día á semana, dous ou tres. Ademais, hai bolsas de tecnificación e descontos para irmáns e familias numerosas. Estes son os prezos:

  • 1 día: 20 euros/mes – 150 euros/ano – 135 euros/desconto
  • 2 días: 25 euros/mes – 200 euros/ano – 175 euros/desconto
  • 3 días: 30 euros/mes – 225 euros/ano – 200 euros/desconto

Se queres anotar aos teus nenos ou tes algunha dúbida, podes chamar ao teléfono 697 408 573, escribir ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou cubrir o formulario que atoparás premendo neste enlace.

Flyer Captación_2014

O equipo de Fútbol 8 da Escola Deportiva Santiago retomou os adestramentos

Os nenos da Escola Deportiva Santiago que forman parte do noso equipo de Fútbol 8 retomaron os adestramentos o pasado venres, 12 de outubro. Os pequenos reuníronse cos seus adestradores no campo de As Cancelas, onde ademais de xogar ao fútbol tiveron tempo de sacarse as fotos que acompañan esta nova.

Este primeiro adestramento estaba dirixido aos equipos federados de Fútbol 8 en dúas categorías: Benxamín para rapaces nados en 2005-2006 e Prebenxamín para os de 2007-2008. A principios de outubro será o turno dos conxuntos de fútbol sala, tanto masculino como feminino. Nos próximos días informarémosvos das datas e horarios.

Adestramento Fútbol 8

Adestramento Fútbol 8 - 2

 

Despedimos unha tempada de fútbol chea de éxitos, amizade e moita aprendizaxe

O pavillón de Santa Isabel acolleu esta fin de semana a entrega de medallas e copas do torneo de Liga e Copa de Santiago de fútbol sala. Alí estiveron os nenos da Escola Deportiva Santiago recollendo os seus galardóns. O noso equipo de PB2 realizou unha excelente tempada, proclamándose – entre outras cousas – campión de liga e campión provincial.

Foi este tamén un bo ano para os máis pequenos da Escola, os xogadores do grupo de fútbol sala PB1, que melloraron moito o seu xogo, crecendo día a día como futbolistas pero tamén coma persoas. Ademais, nesta tempada lanzámonos á competición de fútbol 8 e creamos un equipo formado íntegramente por nenas, dous grupos cada vez máis unidos e que acadan mellores resultados.

nenas2

Parte do equipo feminino da Escola Deportiva Santiago xunto cun amigo.

En resumo, foron estes uns meses de moito traballo e esforzo, con momentos malos e momentos bos, pero sobre todo cuns rapaces e rapazas que o deron todo no campo, que aprenderon, fixeron amigos e se divertiron da maneira máis saudable: facendo deporte. Noraboa a todos eles/as!

Queda agora por diante un verán no que disputaremos algúns torneos – coma a III Ames Cup os vindeiros 28 e 29 de xuño – e gozaremos dos nosos Campus de Tecnificación en Fútbol e Baloncesto, dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade e para os que aínda podes anotar aos teus fillos/as (máis info premendo aquí).

Para rematar, deixámosvos unha imaxe interactiva do equipo de fútbol sala PB2 tras recibir as súas medallas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR