feminino

now browsing by tag

 
 

“Conquista os elementos”, unha campaña de fomento do deporte feminino

O día 19 de xaneiro temos unha cita en Compostela. Inaugúrase a tempada de videoforums sobre muller e deporte “CONQUISTA OS ELEMENTOS”, unha campaña da Deputación da Coruña para sensibilizar e visualizar o deporte feminino na provincia.

O acto comezará ás 19:00 horas no centro sociocultural das Fontiñas coa proxección do documental “CONTRA OS ELEMENTOS”, no que se basea esta iniciativa. Posteriormente haberá unha mesa redonda en torno á temática “EMPODERAMENTO DA MULLER NO MUNDO DO DEPORTE” na que participarán Adrián Dios Vicente, adestrador de baloncesto e árbitro; Paula Mayobre, atleta internacional ademáis de adestradora e directora da escola deportiva que leva o seu nome; María Obelleiro, Directora do semanario Sermos Galiza e tamén Cristina López Villar, profesora e investigadora da Universidade da Coruña.

Nesta campaña, que terá unha duración de 12 meses, desenvolveranse 23 vídeo forums en 23 Concellos diferentes. O obxectivo é que se visualice o deporte feminino na Provincia da Coruña, amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva destas deportistas de elite e axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade. Queren ademais que sirva para apoiar os deportes minoritarios e de base, Só a través da loita contra os elementos se produce a súa conquista, con este xogo de palabras que dan título a Campaña fan unha alusión directa ao contexto no que as mulleres deportistas desenvolven a súa actividade, xa sexa de forma afeccionada ou profesional.

Foto: Presentación da campaña. 

Queres xogar coa Escola Deportiva Santiago? Consulta aquí os horarios e prezos dos adestramentos

Arranca unha nova tempada de fútbol en Compostela e na Escola Deportiva Santiago brindamos a oportunidade de poder xogar connosco a todos os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade que así o desexen.

Os obxectivos son aprender os fundamentos técnico-tácticos do fútbol, fomentar o esforzo e a diversión como método de aprendizaxe e formar aos pequenos a través dos valores do deporte.

Temos equipos de Fútbol 8 masculino e de Fútbol Sala masculino e feminino. Os adestramentos desenvólvense os luns e mércores de 18:30 a 20:00 horas no pavillón de Lamas de Abade (no Castiñeiriño) e os martes e venres de 19:00 a 20:30 h. no campo de fútbol de Belvís.

A liga prebenxamín xa comezou e necesitamos especialmente nenos nados no ano 2007. 

Prezos

Os pais e nais poden escoller entre levar aos seus fillos/as aos adestramentos un día á semana, dous ou tres. Ademais, hai bolsas de tecnificación e descontos para irmáns e familias numerosas. Estes son os prezos:

  • 1 día: 20 euros/mes – 150 euros/ano – 135 euros/desconto
  • 2 días: 25 euros/mes – 200 euros/ano – 175 euros/desconto
  • 3 días: 30 euros/mes – 225 euros/ano – 200 euros/desconto

Se queres anotar aos teus nenos ou tes algunha dúbida, podes chamar ao teléfono 697 408 573, escribir ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou cubrir o formulario que atoparás premendo neste enlace.

Flyer Captación_2014

Que significa xogar ao fútbol como unha nena?

Propoñémosvos hoxe reflexionar sobre unha frase que de seguro escoitáchedes moitas veces: “Xoga ao fútbol como unha nena”. Ou “Corre como unha nena”. Ou “Tira como unha nena”. Pero que significa á expresión “como unha nena”? Por que ten esas connotacións negativas? No seguinte vídeo, correspondente a unha campaña publicitaria da marca Always, falan deste tema. Son só tres minutos e, de verdade, vale a pena velo.

Despedimos unha tempada de fútbol chea de éxitos, amizade e moita aprendizaxe

O pavillón de Santa Isabel acolleu esta fin de semana a entrega de medallas e copas do torneo de Liga e Copa de Santiago de fútbol sala. Alí estiveron os nenos da Escola Deportiva Santiago recollendo os seus galardóns. O noso equipo de PB2 realizou unha excelente tempada, proclamándose – entre outras cousas – campión de liga e campión provincial.

Foi este tamén un bo ano para os máis pequenos da Escola, os xogadores do grupo de fútbol sala PB1, que melloraron moito o seu xogo, crecendo día a día como futbolistas pero tamén coma persoas. Ademais, nesta tempada lanzámonos á competición de fútbol 8 e creamos un equipo formado íntegramente por nenas, dous grupos cada vez máis unidos e que acadan mellores resultados.

nenas2

Parte do equipo feminino da Escola Deportiva Santiago xunto cun amigo.

En resumo, foron estes uns meses de moito traballo e esforzo, con momentos malos e momentos bos, pero sobre todo cuns rapaces e rapazas que o deron todo no campo, que aprenderon, fixeron amigos e se divertiron da maneira máis saudable: facendo deporte. Noraboa a todos eles/as!

Queda agora por diante un verán no que disputaremos algúns torneos – coma a III Ames Cup os vindeiros 28 e 29 de xuño – e gozaremos dos nosos Campus de Tecnificación en Fútbol e Baloncesto, dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade e para os que aínda podes anotar aos teus fillos/as (máis info premendo aquí).

Para rematar, deixámosvos unha imaxe interactiva do equipo de fútbol sala PB2 tras recibir as súas medallas.

Buscamos xogadores para os novos equipos da Escola Deportiva Santiago

Tes fillos/as nados nos anos 2007 ou 2008? Gustaríache que formasen parte dos nosos equipos de fútbol sala ou fútbol8? Queres que melloren como deportistas e tamén como persoas? Se a resposta é si, non perdas a oportunidade de coñecer á Escola Deportiva Santiago.

flyer_escola2014

A nosa entidade busca xogadores para incorporarse aos equipos prebenxamíns cos que competirá a vindeira tempada. Por iso, durante o mes de xuño, invita a todos os nenos e nenas composteláns nados nos anos 2007 ou 2008 a pasar polos adestramentos que se celebrarán no pavillón de Lamas de Abade os luns e mércores de 18:30 a 19:30 horas. O noso profesorado – formado por adestradores con título nacional, psicólogos e licenciados en Educación Física – daravos toda a información que precisedes. Se aínda así, tendes algunha dúbida podedes contactar con nós a través do formulario que atoparedes nesta páxina web, escribindo ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou chamando ao teléfono 697408573.

Os pequenos poderán, ademais, participar coa Escola no torneo de fútbol base III Ames Cup Verán Fútbol 8 que se disputará en Ames os días 28 e 29 de xuño.

Animádeos!! E recordade que tamén podedes seguirnos en Facebook e Twitter.

Queres vir xogar co equipo feminino de fútbol sala da Escola Deportiva Santiago?

Se tes unha filla nada entre os anos 2003 e 2006 á que lle gustaría xogar ao fútbol sala, a Escola Deportiva Santiago está esperando por ela! O noso equipo feminino comezou a competir en 2013 na categoría benxamín e, pasados os primeiros meses de adestramentos, busca novas rapazas que queiran formar parte deste proxecto.

 
As pequenas adestran os luns no pavillón de Lamas de Abade de 6.30 a 7:30 da tarde baixo as ordes de Amanda Plaza. “Para nós é importantísimo que se divirtan e aprendan a xogar ao fútbol a través da atención, a concentración, a motivación e a intensidade nos adestramentos”, explica a adestradora. “O fútbol axúdalles  adquirir valores como o respecto, o compañeirismo, a tolerancia, o afán de superación, o esforzo…”, engade.
 
Se estás interesado en que a túa pequena xogue con nós, podes escribirnos a escolasantiagocf@gmail.com ou chamar ao teléfono 697 408 573, onde se vos dará toda a información que precisedes. 
 
LER MÁIS:
Amanda Plaza: “É importantísimo que as nenas se divirtan e aprendan a xogar ao fútbol a través da atención e a motivación” 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR