facebook

now browsing by tag

 
 

Decenas de rapaces despiden o ano no Campus Polideportivo de Nadal

Así dá gusto despedir o ano! Como? Practicando deporte, facendo novos amigos e pasando un bo rato nun ambiente san e divertido. Decenas de rapaces e rapazas, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, gozaron durante seis días dunha nova edición do Campus Polideportivo de Nadal – organizado pola Escola Deportiva Santiago en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e as entidades privadas Gadis e Coca Cola.

Os pequenos puideron realizar distintas actividades no pavillón do Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís, xogando, entre outras cousas, ao fútbol, ao baloncesto, ao bádminton, etc.

Na nosa páxina de facebook tendes unha completa galería con imaxes de todo o que deron de si estes días. Podedes vela premendo aquí.

Fútbol, baloncesto, bádminton e moita diversión no Campus Polideportivo de Nadal da Escola Deportiva Santiago

Esta mañá arrancou a primeira quenda do Campus Polideportivo de Nadal que organiza a Escola Deportiva Santiago en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e as entidades privadas Gadis, Activa Galicia, Coca Cola e Feiraco.

Máis de medio cento de nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade están a pasar estas vacacións practicando diferentes deportes como fútbol, baloncesto, bádminton, tenis de mesa, etc. As actividades continuarán mañá e o mércores en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís. A segunda quenda do Campus celebrarase os días 29, 30 e 31 de decembro.

Se queres ver unha galería de imaxes, podes facelo na nosa páxina de Facebook.

 

A Escola Deportiva Santiago xa ten perfil en Twitter

A Escola Deportiva Santiago vén de estrear un perfil en Twitter. A partir de hoxe, todos aqueles que que queirades seguirnos a través desta rede social podedes atoparnos como @EscDepSantiago E nós estaremos encantados de interactuar convosco!

 
Esta conta súmase á que xa temos en Facebook e nela seguiremos apostando por aquelas informacións sobre saúde, educación e deporte infantil que pensemos que vos poden resultar interesantes. Tamén, como non, daremos cabida a toda a actualidade da Escola e a todas as novas que publiquemos neste blog. 
 
Alí vos esperamos! 
 

Regalamos exemplares do libro ‘As dúas ourelas’!

A ‘familia’ da Escola Deportiva Santiago non deixa de aumentar! Cada día sodes máis os que nos ledes a través deste blog ou da nosa páxina na rede social Facebook (www.facebook.com/escoladeportivasantiago) Moitísimas gracias polo voso apoio! 

E que mellor xeito de agradecérvolo que cun agasallo! Así, en recoñecemento a todos aqueles que participades nas nosas propostas, imos regalar catro exemplares do libro ‘As dúas ourelas’, de Xosé Manuel Lobato. Nel trátase a historia da emigración galega desde as dúas beiras do Atlántico. Con limiar do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, esta obra narrativa – que acaba de publicarse da man de Edicións Fervenza- pretende homenaxear ao escritor Xosé Neira Vilas. 

 

Todos aqueles que queirades conseguir un exemplar, só tendes que enviar un correo electrónico a escolasantiagocf@gmail.com, deixar un comentario nesta nova ou escribirnos no noso muro do Facebook solicitando recibir este agasallo. Tamén podedes escribirnos en Twitter dirixíndoos ao perfil que acabamos de estrear nesta rede social (@EscDepSantiago). A Escola realizará un sorteo entre todas as peticións recibidas. O prazo para participar pecharase o próximo 28 de febreiro. 
 
Xosé Manuel Lobato (Lestedo-Boqueixón, 1958) é autor tamén dos libros ‘Autoconcepto en hijos de emigrantes’ (2001), ‘Diáspora.com’ (2002), ‘Cos pés na peneira’ (2005), ‘Retorno a natura’ (2009) e ‘Máxico tear natural’ (2010). Podedes coñecer máis sobre el e a súa escrita premendo neste enlace
Photo credit: Centro de documentación da AELG.

Remata con éxito o IV Campus Polideportivo de Nadal da Escola Deportiva Santiago

Onte celebrouse a derradeira xornada do IV Campus Polideportivo de Nadal que organizou a Escola Deportiva Santiago en colaboración coa Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, os colexios Compañía  de María e La Salle, Feiraco e Coca Cola.

Co obxectivo de axudar a conciliar a vida persoal e laboral neste período vacacional, o Campus, trilingüe, desenvolveuse os días 23, 24, 26, 27 e 28 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas. Nenos e nenas  de entre 4 e 12 anos de idade divertíronse practicando deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, bádminton e xadrez. Como novidade desta edición,impartíronse tamén clases de habilidades de loita. Así, a través de exercicios de psicomotricidade, con contacto pero sen golpes, os pequenos aprenderon, por exemplo, a manter o equilibro ou caer ben. Os participantes podían inscribirse ao Campus completo ou a xornadas soltas. 

Convenio coa Cruz Vermella
Neste Campus participaron cinco nenos e nenas de familias en situación de pobreza ou en risco de exclusión social, gracias ás becas que deu a Escola Deportiva Santiago en virtude do convenio de colaboración asinado recentemente coa Cruz Vermella de Santiago.
A experiencia repetirase nos vindeiros Campus que se están a preparar para Semana Santa e os meses de verán.A Escola tamén outorgará becas para formar parte dos equipos de fútbol 8 e fútbol sala (masculino e feminino) cos que conta esta entidade. Ademais, todos aqueles que queiran facer donacións para poder becar a máis rapaces, poderán ingresalas no número de conta 2080 5180 88 3040017450 (Novagalicia Banco) indicando no asunto ‘Cruz Vermella’.

Deixámosvos neste post algunhas fotografías da xornada de onte, pero na páxina de Facebook da Escola Deportiva Santiago tendes moitas máis. Podedes acceder a ela premendo neste enlace. 

Nenos e nenas gozan do Nadal no Campus Polideportivo da Escola Deportiva Santiago

O pasado luns comezou a cuarta edición do Campus Polideportivo de Nadal que organiza a Escola Deportiva Santiago, coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, os colexios Compañía de María e La Salle, Coca Cola e Feiraco. 
 
Nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade divírtense e aprenden moito practicando deportes como baloncesto, fútbol, fútbol sala, atletismo, bádminton ou xadrez. Por primeira vez, teñen tamén a actividade de habilidades de loita, coa que melloran o seu equilibro e coordinación e aprenden, por exemplo, a saber chocar ou caer.
 
Ao final da xornada, monitores e nenos e nenas escollen aos compañeiros que mellor se portaron para darlles un pequeno agasallo. 
 
O Campus, que é trilingüe, continuará mañá, vernes 27 de decembro, e o sábado, día 28, en horario de 10:00 a 14:00 horas no colexio La Salle. A última quenda celebrarase os días 2 e 3 de xaneiro no pavillón do Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís.
 
Deixámosvos neste post algunhas fotografías da xornada de hoxe, pero na páxina de Facebook da Escola Deportiva Santiago tendes moitas máis. Podedes acceder a ela premendo neste enlace. 
 
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR