esforzo

now browsing by tag

 
 

O que fai grande a un deportista son os seus valores

En moitas ocasións falámosvos neste blog dos valores que aprenden os pequechos practicando deporte (podedes lelo premendo aquí, aquí e aquí) tales como compañeirismo, esforzo, traballo en equipo, respecto… Una vez máis queremos incidir nesta cuestión que tanto defendemos na Escola Deportiva Santiago, amosándovos este vídeo da marca de material deportivo arxentina-brasileira Topper. Dádelle ao play! 😉

Resumo da tempada

Xuño de 2015. Chegamos ao fin da tempada. “Por fin!” dirán moitos pais e nais cun sorriso cómplice nos beizos. E non lles falta razón, porque se algo temos claro é que todo o que se monta ao redor da Escola Deportiva Santiago non podería saír adiante sen a inestimable axuda e colaboración de tódolos pais e nais que acompañan aos seus fillos, aos nosos deportistas, a cada partido.

Por iso, quero comenzar este texto agradecéndovos o esforzo e sacrificio que supón pola vosa parte, porque somos conscientes de que planificades cada fin de semana en función do partido que xogan os vosos fillos.

Gracias! Gracias por confiar en eles, e gracias por confiar en nós. Porque nós traballamos en cada adestramento e en cada partido coa convicción de que ese neno ou esa nena serán mellores persoas no futuro gracias ao seu paso pola Escola Deportiva Santiago.

Supoño que o que corresponde a un texto que presume de resumir unha tempada é falar dos éxitos do Clube. De eses trofeos, torneos e partidos importantes nos que se acadou a victoria. E si, estou convosco en que esa é unha parte importante do deporte, non serei eu quen o negue. Pero sempre prefiro quedarme coas ensinanzas da derrota, do esforzo por levantarse e dos ánimos colectivos que fan que se fortaleza o grupo. Sen esquecer que a principal finalidade e máxima expresión do deporte na idade escolar é a diversión. Non é gañar a primordial meta para os nenos, senón xogar.

Como dicía antes, traballamos con orgullo cada día na formación deportiva pero tamén educativa dos rapaces. E entendemos que non hai como o deporte para facerlles entender conceptos como o traballo en equipo, a solidaridade ou a cooperación. Para nós é moi importante que sexan tolerantes e apoien a integración, non só cos compañeiros, senón tamén cos rivais e sempre baixo un respecto que é valor primordial dunha persoa.

Non admite discusión que no deporte debe verse, sobre todo, un beneficio físico e mental. O seu traballo repórtalles unha boa sáude, unha mellora da calidade de vida e unha aprendizaxe do control emocional e de sentirse ben cun mesmo. Isto vai relacionado directamente coa autodisciplina e a responsabilidade, xa que os rapaces toman autonomía sobre os seus actos.

Por suposto, o noso esforzo vai encamiñado a que aprendan a superarse, a que fagan da motivación o seu lema de cabeceira e a que aprendan a valorar o sacrificio persoal, dos compañeiros e de cada pai e nai que con tanto agarimo os agardan en cada adestramento e os acompañan en cada competición.

Somos moitos os que soñamos con ver triunfar no mundo do deporte aos nosos nenos. Pero temos que ser conscientes do que iso significa, do esforzo que implica e sobre todo, que só uns poucos serán os elexidos. Tódolos demais, aínda que non cheguen a profesionais do deporte, serán uns verdadeiros campións se gracias ao xogo e o adestramento aprenderon a ser mellores persoas. Con paciencia e humildade ese é o noso reto, con nobleza e honestidade ese é o noso desafío.

Por Brais Alonso, adestrador da Escola Deportiva Santiago.
 

O deporte: modelo de educación en valores se sabemos como facelo

Esforzo, superación, respecto, compañeirismo… Estes son algúns dos valores que se lle atribúen ao deporte e que defendemos na Escola Deportiva Santiago desde a nosa creación. Pero sempre é así? Nun interesante artigo de opinión de Pedro Marcet, director pedagóxico da Fundación Marcet, faise fincapé en que o deporte como tal non educa en valores, senón que “todo depende da utilización que se fai del”. Marcet afirma que a práctica deportiva pode ser “fonte de educación, de saúde, de integración”, pero tamén pode ser “motivo de ignorancia, enfermidade, violencia e exclusión”.

A clave está, segundo Marcet, nunha dedicación de tempo e esforzo considerable por parte das persoas que interveñen nun proxecto deportivo. Os nenos que non teñen a sorte de contar con bos profesionais “están perdendo a mellor oportunidade da súa vida de aprender algo esencial na súa formación integral”. Para este experto, o problema é non entender que gañar non debe ser o único obxectivo da práctica deportiva. Polo contra, o que se lle debe transmitir aos pequenos é que si se perde “non pasa absolutamente nada porque esa derrota lévanos a recoñecer os nosos erros para seguir mellorando”. Por iso, en moitas ocasións, os deportistas profesionais non son un bo modelo no que fixarse.

Precisamente sobre os valores que se lle poden ensinar os nenos e nenas a través dun deporte como o fútbol é do que falan nun vídeo editado pola Unidad de Psicología y Coaching Aplicado al Deporte (UPAD) da Universidad Autónoma de Madrid (UAM) que podedes ver a continuación:

LER MÁIS:

Deporte en equipo, unha fonte inesgotable de valores para os máis pequenos

Como ensinarlles aos nenos o respecto no deporte

A historia do Panyee FC ou como lograr un soño con esforzo, imaxinación e traballo en equipo

Na Escola Deportiva Santiago vimos defendendo desde a nosa creación valores como o esforzo, a entrega, a diversión, a aprendizaxe tanto das victorias como das derrotas, o traballo en equipo… Un bo exemplo de todo isto é a historia do Panyee FC, un pequeno conxunto do sur de Tailandia que naceu gracias á ilusión dun grupo de rapaces amantes do fútbol. Habitantes dunha cidade flotante, os pequenos non tiñan maneira de xogar ata que se lles ocurriu construir o seu propio campo sobre o mar con restos de madeiras. 

No seguinte vídeo, que serviu de promoción para o banco tailandés TMB, contan como chegaron a ser campións. 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR