escola

now browsing by tag

 
 

Stephen Heppell: “Na escola obsesionámonos coa aprendizaxe individual pero o traballo en equipo é o camiño a seguir”

Coñeces a Stephen Heppell? É o director de decenas de proxectos en escolas e univesidades de todo o mundo co que retomamos a nosa serie de artigos sobre expertos en innovación educativa.

Facémolo compartindo convosco esta entrevista publicada en XLSemanal, e que podedes ler por completo premendo aquí.

Stephen Heppell

Heppell defende unha escola que prepare aos alumnos para afrontar o inesperado. “Se saben manexarse nun entorno cheo de sorpresas poderán lidar coas dificultades e aproveitar as oportunidades”, opina. E tamén na que aprendan a traballar en equipo: “No colexio obsesionámonos coa aprendizaxe individual. No curso 2029-2030 veremos a catro nenos abrindo o mesmo sobre e celebrando que sacaron un sobresaínte nun traballo colectivo. O modelo baseado en proxectos é o camiño a seguir”. Así considera que os pequenos poderán prepararse para o mundo profesional.

O experto tamén critica as aulas con sillas moi incómodas (que son “antilectura”) e aposta por un futuro con clases abertas e moi espaciosas. Alí poderanse xuntar ata cen estudantes con tres profesores e cinco ou seis zonas de atención. E sen separación por idades: “Mire unha familia, un club deportivo, un grupo de teatro… As idades mestúranse. Cando o facemos, os pequenos queren esforzarse para ser como os maiores, e os maiores coidan deles. O comportamento é mellor. E o progreso tamén. Temos este sistema estúpido que retrasa a aprendizaxe duns nenos e obriga a outros a ir coa língua fóra cando os seus ritmos son diferentes”.

LER MÁIS:

 

Os novos retos da educación segundo un dos mellores profesores do mundo, César Bona

A moitos de vós xa vos soará César Bona. O zaragozano fíxose famoso tras ser elexido como un dos 50 mellores mestres do mundo segundo o Global Teacher Prize, o chamado Nobel dos profesores. Pero que é o que o fai diferente? Sobre todo que promove a necesidade de escoitar aos nenos e estimulalos para que sintan curiosidade polas cousas.

Recentemente publicou un libro titulado La nueva educación. Los retos y desafíos de un maestro de hoy. Tamén podedes coñecer un pouco máis del nesta entrevista que lle fixeron no xornal ABC.

Pero sobre todo non deixedes de ver este vídeo dunha das súas ponencias onde explica o seu método educativo e por que é tan importante fomentar a creatividade entre os máis pequenos.

Por que non é bo ser nais ou pais sobreprotectores

Unha das lectores deste blog propúxonos falar dos pais superprotectores, aqueles que protexen tanto aos seus fillos que ao final provocan neles consecuencias negativas. Explícanno moi ben, e con varios exemplos, nun artigo publicado o outubro pasado en La Vanguardia. Nel sinálase que a hiperpaternidade é un modelo de crianza orixinado en Estados Unidos, baseado nunha incansable supervisión por parte dos pais e nais sobre os fillos/as.

Esta situación maniféstase nas escolas con proxenitores que non respectan as decisicións de mestres e monitores: “Nunha escola na que traballei, a ANPA levaba o comedor e había unha nai que se meteu na organización só para deseñar o menú en base ao que lles gustaba aos seus fillos e o que non”, conta neste artigo un profesor de Educación Física. “En varias ocasións dixéronme que ‘non lles ía ben’ que castigara ao seu fillo a quedarse un vernes pola tarde a recuperar deberes, porque marchaban de fin de semana”, afirma nesta mesma reportaxe Samantha Biosca. Esta tutora da ESO asegura que esta crianza hiperprotectora deriva en “nenos tiranos” que, paradóxicamente, terano difícil na vida como adultos debido á excesiva supervisión paterna.

Noutro artigo publicado por ABC, apuntan aos diferentes modos de protección e as súas consecuencias:

  • Pérdida de confianza, seguridade e autoestima ao prohibirlles facer cousas por unha percepción de dano esaxerado. Os nenos deben poder caerse para experimentar o que supón erguerse.
  • Tensión interna ao non permitirlles expresar as súas emocións. Quero aforrarlle que o pase mal”, din algúns pais.
  • Limitar a súa capacidade de aprendizaxe cada vez que os pais responden a unha cuestión dicindo: “É que eu fágoo máis rápido e con menos esforzo que el”. Verónica Corsini, de Servicios Psicológicos Koan conclúe neste artigo que cando sobreprotexemos a un fillo estamos dándolle varias mensaxes dun modo subliminal: “Non es capaz”, “non podes facelo”, “non podes confiar de todo en ti mesmo”. 

Marc Prensky: “Os videoxogos teñen moitos beneficios, como ensinar aos nenos a asumir riscos ou a tomar boas decisións”

Retomamos hoxe os nosos artigos sobre grandes expertos en educación falando de Marc Prensky, o pai do termo ‘nativos dixitais’. O norteamericano defende unha educación na que os alumnos aprenden a resolver problemas sós, co mestre como guía.  “Ensinamos a ler libros sobre nada importante, a escribir a man coa boa letra, a calcular coa cabeza, a memorizar táboas… E todo iso xa non é tan útil coma antes”, afirma nunha entrevista publicada por El País. Por iso para el, os plans de estudo deberían basearse nas habilidades e non nos coñecementos como sucede agora.

Home revolucionario no seu campo, Prensky propón, entre outras cousas, ensinar mediante videoxogos. “Con eles aprendes a asumir riscos, a actuar a partir dun feedback, a tomar boas decisións. Os beneficios son moitos e os perigos son escasos, reais, pero escasos”, explica nunha reportaxe do programa Redes que podes ver neste mesmo post. Segundo este experto en novas tecnoloxías, un videoxogo non é máis que un gran problema que costa cincuenta euros. “E aos rapaces gústalles resolver esos problemas. Se o pensamos ben, se se tratara de problemas que lles formularan no colexio, os pais estarían encantados. É posible que os nenos invirtan meses o unha hora en resolvelo e cando o logran deberiamos felicitarlles en lugar de decirlles que deixen de xogar”, opina. Trátase, por tanto, de recuperar nos nenos o interese por aprender, fomentando unha escola que non sexa aburrida.

Autor de varios libros, podes ver os que están traducidos ao castelán premendo neste enlace.

LER MÁIS:

Claudio Naranjo: “Hai que ensinarlles aos nenos a aprender, pero non ensinarlles cousas”

Catherine L’Ecuyer: “Cando os nenos aprenden de verdade é cando están xogando”

Claudio Naranjo: “Hai que ensinarlles aos nenos a aprender, pero non ensinarlles cousas”

“Só hai dúas cousas que poden facer que o mundo se transforme: un cambio persoal e unha nova educación”. Así o asegurou o psiquiatra chileno Claudio Naranjo nunha entrevista publicada por El Confidencial en 2013 (podes lela completa premendo aquí). Con este experto en temas educacionais comezamos unha serie de artigos adicados a grandes pensadores deste ámbito e do deporte que esperamos sexan do voso agrado.

Naranjo defende un modelo que fomente a creatividade e axude aos nenos a saber sen a presión dos exames. “Trátase de ensinarlles a aprender, pero non ensinarlles cousas”, afirmaba nunha entrevista en Cataluña Radio en 2007. Para o chileno todo se pode aprender “dunha forma máis entretida, sen que estean todos os alumnos nunha clase ordenados por idades e sentados inmóbiles”. Un exemplo son as Escolas Montessori nas que o obxectivo principal é que os estudantes alcancen o maior grado posible de independencia física e mental. Para iso, ofréceselles aos pequenos un entorno no que poidan desenvolver ao máximo a súa curiosidade (con portas abertas, liberdade para escoller o traballo que desexen facer en cada momento, mezcla de idades nunha mesma aula para fomentar a cooperación entre eles, mestres que funcionan como guías, etc.).

En ‘Cambiar la educación para cambiar el mundo’, Naranjo denuncia o sistema educativo que prima hoxe en día e que ten como prioridade o servizo ao poder e ás empresas antes que a formación de seres máis libres e plenos. “A Educación é para o desenvolvemento humano integral, e non para formar seres dóciles, manexados, automatizados, sen visión futura, capaces só de manipular aos demais, producir, vender e contentarse coa pseudo-democracia”, sinala nesta obra.

Para que poidades coñecer máis sobre o pensamento de Claudio Naranjo, deixámosvos agora un vídeo no que responde á pregunta de como facer unha educación máis humana.

Dez ideas para que os nenos vaian contentos á escola

O director do informe PISA (aquel que evalúa o nivel educativo de estudantes de todo o mundo) aseguraba esta semana que o profesorado español precisa máis autonomía.  Nunha entrevista concedida á axencia Efe, Andreas Schleicher criticaba tamén o sistema de aprendizaxe por memorización que se emprega no noso país desde fai décadas e que considera clave do noso fracaso educativo. 
 
En pleno debate sobre como se debe traballar nas nosas escolas, propoñémosvos hoxe darvos unha volta polo blog ‘Justifica tu respuesta’, que vai dirixido a docentes pero que cremos que pode ser moi interesante para pais e nais. O seu autor é o profesor de Secundaria Santiago Moll. Nel chamounos especialmente a atención un post que titulou ’10 trucos para enamorar a tus alumnos’ e que podedes ler por completo premendo neste enlace. Porque cantas veces se teñen queixado os vosos fillos por ter que ir a clase? Non credes que nun ambiente máis divertido e cun profesor que soubera motivalos irían con máis ganas?
Baseándose na súa propia experiencia, Moll propón aos docentes varias maneiras de conectar cos alumnos e motivalos para que vaian contentos á escola. Estes trucos son:
  1. Entrar cun bo sorriso.  “Non entendo o empeño de moitos docentes en entrar á clase coa cara seria e proxectando certo engado”, escribe Moll. “Non teño moi claro que iso implique un maior control da aula e maior disciplina”.
  2. Contar anécdotas. Para Moll son unha excelente maneira de captar a atención dos pequenos.
  3. Rematar a clase cun vídeo. De non máis de 5 minutos e que teña relación coa materia dada. “É unha excelente forma de decirlles aos teus alumnos que fixeron un bo traballo, que estás satisfeito e que queres recompensar o seu esforzo cun material que permite a relaxación”, asegura.
  4. Os nenos tamén ensinan aos profesores. Para Moll é fundamental que os nenos sintan que tamén teñen algo que dicir. Os prefosores deben escoitalos.
  5. Ensinarlles a prestar. Este profesor tamén propón prestarlles aos alumnos material escolar, de xeito que aprendan a responsabilizarse del.
  6. Clases con sorpresas. Outros dos consellos que se dan neste artigo é facer, de vez en cando, algunha actuación que sexa diferente. Por exemplo, recitar un poema, cantar unha canción, cambiar o ton de voz…
  7. Intercambio de papeis. Por que non se sentan os nenos na cadeira do profesor e este no pupitre? “No meu caso gústame facelo cando estamos repasando algúns conceptos. O certo é que se produce unha situación que aos alumnos sempre lles choca e vos aseguro que, ben xestionada, fai que se produza un momento de distensión na aula”, afirma Moll.
  8. Que os alumnos sexan os protagonistas. Hai que potenciar a súas cualidades e virtudes, facéndoos sentir especiais.
  9. Crear expectativas. Para Moll, o primeiro que debe facer un profesor é explicar aos nenos que van facer na clase. “E facerlles ver que será algo único, especial, diferente, incrible…” porque, deste xeito, “a súa predisposición para a aprendizaxe será moito maior”.
  10. Que non falten as bromas. Molla asegura que se pode e se debe aprender xogando. “Unha broma dita a tempo é un arma tremendamente poderosa para establecer un vínculo emocional cos alumnos. Favorece a linguaxe figurada, crea distensión, e serve para establecer transicións entre as diversas actuacións na aula”, opina.  
E vos, que opinades destes métodos? Credes que poden ser bos para que os vosos fillos teñan unha mellor educación? Deberían adoptalos os seus mestres? Esperamos os vosos comentarios! 
Photo credit: Banco de imaxes de Cenice.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR