equipos

now browsing by tag

 
 

Arranca o verán co II Campus ETC – Ensino Técnico Competicional

Despois do éxito do primeiro Campus ETC (Ensino Técnico Competicional) organizado pola Escola Deportiva Santiago o ano pasado, a nosa entidade pon en marcha a segunda edición deste novidoso concepto de campus de fútbol.

O pavillón e o campo de fútbol de Santa Isabel volverán a acoller as actividades deste Campus ETC, onde os  nenos e nenas asistentes poderán mellorar a súa técnica a través dos exercicios propostos polos monitores e tamén das competicións que disputarán por equipos. O Campus – no que colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, Grupo Germania, Gadis e a Unidad de Psicología y Coaching Deportivo Libredon – celebrarase os días 27, 28, 29 e 30 de xuño e 1 de xullo en horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas).

Preme na imaxe para ampliar

Preme na imaxe para ampliar

Os xogadores (de entre 4 a 14 anos de idade) poderán inscribirse de maneira individual – formando os equipos os responsables da Escola – ou xa por equipos en grupos de 3, 4 ou 5 persoas. As actividades, baseadas na competición, incluirán dinámicas de psicoloxía e coaching deportivo para ensinar aos pequenos valores como o compañeirismo e o esforzo e adestrar as súas mentes para mellorar a concentración e a comunicación.

Equipación de agasallo
O prezo por inscrición individual é de 85 euros, con desconto para o segundo irmán (que só pagará 75 euros) e familias numerosas (65 euros por cada irmán). O prezos polas inscricións por equipos son de 75 euros por neno/a para grupos de 3; 65 euros por neno/a para grupos de 4; e 55 euros por neno/a para grupos de 5. Poderase solicitar tamén un servizo de acollida ás 9:30 horas por 5 euros. Todos os participantes recibirán unha equipación de agasallo.

Os interesados deberán cubrir o formulario online que atoparedes ao final desta nova. Para calquera dúbida, poden chamar ao teléfono 697 408 573 ou escribir a escolasantiagocf@gmail.com

A Escola Deportiva Santiago pon en marcha o primeiro Campus ETC – Ensino Técnico Competicional

A Escola Deportiva Santiago segue evolucionando nas súas propostas deportivas para a cidade poñendo en marcha desta vez un novo concepto de campus de fútbol. Así, nos chamados Campus ETC (Ensino Técnico Competicional) os nenos e nenas asistentes poderán mellorar a súa técnica a través dos exercicios propostos polos monitores e tamén das competicións que disputarán por equipos.

O primeiro destes Campus ETC celebrarase en Santiago do 22 ao 26 de xuño para rapaces e rapazas de entre 4 e 14 anos de idade. Os xogadores poderán inscribirse de maneira individual – formando os equipos os responsables da Escola – ou xa por equipos en grupos de 3, 4 ou 5 persoas.

As actividades desenvolveranse no pavillón e campo de fútbol de Santa Isabel, con exercicios adaptados ás diferentes idades dos nenos e nenas, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Neste Campus ETC colaboran a Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, e as entidades privadas Gadis e Decathlon.

Prezos
O prazo de inscrición para este primeiro Campus ETC xa está aberto. O prezo por inscrición individual é de 85 euros, con desconto para o segundo irmán (que só pagará 75 euros) e familias numerosas (65 euros por cada irmán).

O prezos polas inscricións por equipos son de 75 euros por neno/a para grupos de 3; 65 euros por neno/a para grupos de 4; e 55 euros por neno/a para grupos de 5.

Estableceuse tamén un servizo de acollida ás 9:00 da mañá por 5 euros e todos os asistentes recibirán material deportivo de Kipsta.

Os interesados deberán cubrir o seguinte formulario online ou enviar esta ficha de inscrición cuberta ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com: Ficha Inscricion ETC_ok

Para calquera dúbida, poden chamar ao teléfono 697 408 573.

Creade os vosos equipos e mellorade a vosa técnica cos Campus ETC!

Despedimos unha tempada de fútbol chea de éxitos, amizade e moita aprendizaxe

O pavillón de Santa Isabel acolleu esta fin de semana a entrega de medallas e copas do torneo de Liga e Copa de Santiago de fútbol sala. Alí estiveron os nenos da Escola Deportiva Santiago recollendo os seus galardóns. O noso equipo de PB2 realizou unha excelente tempada, proclamándose – entre outras cousas – campión de liga e campión provincial.

Foi este tamén un bo ano para os máis pequenos da Escola, os xogadores do grupo de fútbol sala PB1, que melloraron moito o seu xogo, crecendo día a día como futbolistas pero tamén coma persoas. Ademais, nesta tempada lanzámonos á competición de fútbol 8 e creamos un equipo formado íntegramente por nenas, dous grupos cada vez máis unidos e que acadan mellores resultados.

nenas2

Parte do equipo feminino da Escola Deportiva Santiago xunto cun amigo.

En resumo, foron estes uns meses de moito traballo e esforzo, con momentos malos e momentos bos, pero sobre todo cuns rapaces e rapazas que o deron todo no campo, que aprenderon, fixeron amigos e se divertiron da maneira máis saudable: facendo deporte. Noraboa a todos eles/as!

Queda agora por diante un verán no que disputaremos algúns torneos – coma a III Ames Cup os vindeiros 28 e 29 de xuño – e gozaremos dos nosos Campus de Tecnificación en Fútbol e Baloncesto, dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade e para os que aínda podes anotar aos teus fillos/as (máis info premendo aquí).

Para rematar, deixámosvos unha imaxe interactiva do equipo de fútbol sala PB2 tras recibir as súas medallas.

Bo arranque de tempada para o equipo de Fútbol 8 da Escola Deportiva Santiago

 

Este ano a Escola Deportiva Santiago comezou unha nova andaina competindo en Fútbol 8. O equipo empezou hai unhas semanas a tempada na categoría prebenxamín (Grupo 1). E polo momento, estáselles dando moi ben! Os cativos xogaron tres partidos e, cun encontro menos que os seus rivais máis directos, son quintos na taboa. Ademais, estes pequenos futbolistas aínda non coñecen a derrota. Suman, polo de agora, un empate e dúas victorias, a última, a semana pasada contra o At. Fátima (1-4). 
 
O próximo partido será este sábado, 26 de outubro, ás 11:00 horas no campo de fútbol de Belvís contra o Amio. 
 
 
Fútbol Sala
Ademais do conxunto de F8, a Escola Deportiva Santiago conta este ano con dous equipos de fútbol sala (PB1 e PB2) e un equipo prebenxamín feminino, que están a piques de comenzar a competición. Tamén existe unha escola de porteiros, na que o adestrador Oscar Vilariño imparte técnicas específicas para gardametas. 

Se queres obter máis información sobre horarios, prezos e métodos de traballo da nosa Escola, podes dirixirte ao email escolasantiagocf@gmail.com ou chamar ao teléfono 697408573.
HORARIOS DOS ADESTRAMENTOS DE FÚTBOL SALA E FÚTBOL 8 PARA A TEMPADA 2013/2014
   

A Escola Deportiva Santiago busca nenos e nenas para novos equipos de fútbol sala e fútbol 8

A Escola Deportiva Santiago encara a próxima tempada cun novo reto: formar novos conxuntos de fútbol sala (masculino e feminino) e equipos federados de fútbol 8. Sempre mantendo, eso si, a nosa defensa da formación e os valores por riba dos resultados. 
Buscamos nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade para xogar con nós de setembro de 2013 a xuño de 2014. Os adestramentos serán os luns, mércores e venres de 18:30 a 20:30 horas en pavillóns e campos de fútbol municipais e da Universidade compostelá USC.
O profesorado estará formado por adestradores con título nacional, psicólogos e licenciados en Educación Física.
O prezo por asistir un día á semana será de 20 euros ao mes; por acudir dous días á semana pagarase 25 euros ao mes; e por adestrar tres días a semana, 30 euros ao mes. Haberá ademais descontos para familias numerosas, por ano e bolsas para tecnificación.
Aqueles interesados en anotarse poden escribir ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou chamar ao teléfono 697408573
Animádeos!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR