Don Bosco

now browsing by tag

 
 

Remata o curso de primeiros auxilios no deporte

O módulo de primeiros auxilios no deporte remata hoxe coa última sesión que se celebra no centro xuvenil Don Bosco. Impartido polo licenciado en INEF e monitor da Escola Deportiva Santiago, Martín Barcala, os participantes recibiron leccións sobre as lesións máis habituais nos deportistas, o concepto da cadea de supervivencia, as manobras de reanimación ou a colocación do colariño cervical.
 
Este módulo formaba parte do curso ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’ que veñen organizando desde mediados de xaneiro a Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco, en colaboración co Concello de Santiago e a Cruz Vermella.

 

Este luns comeza o curso de primeiros auxilios no deporte

O curso ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’ que organizan a Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco continúa a partir deste luns, 18 de febreiro, co módulo adicado aos primeiros auxilios no deporte. Dividido en dúas sesións – o luns 18 e o luns 25 de dito mes -, as clases serán impartidas polo licenciado en INEF e técnico da Escola Deportiva Santiago, Martín Barcala, en horario de 20:00 a 22:30 horas na Escola Don Bosco (rúa Belvís, nº 2, Santiago).
Nelas trataranse temas como os conceptos básicos de anatomía e fisioloxía, as lesións habituais nos deportistas, o concepto de cadea de supervivencia, a chamada ao 112, as manobras de reanimación, a manobra de Heimlich para os atragoamentos ou a colocación do colariño cervical.
Curso para adestradores
O curso ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’ está organizado pola Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco, en colaboración co Concello de Santiago e a Cruz Vermella.
O módulo sobre adestramento de porteiros de fútbol foi impartido polo técnico de porteiros do Negreira, Juan Abalo, e contou coa presenza nunhas das sesións do porteiro do CD Lugo, Yoel.

Prolóngase unha xornada máis o módulo de adestramento de porteiros

O técnico de porteiros do Negreira, Juan Abalo, impartirá este luns,  4 de febreiro, a última sesión do módulo de adestramento de porteiros de fútbol dentro do curso  ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’ que organizan a Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco.
Aínda que tiña que ter rematado o pasado luns, o interese amosado polos participantes fixo que se decidise prolongar o módulo cunha xornada máis. A clase desenvolverase unha vez máis na Escola Don Bosco (rúa Belvís, nº 2, Santiago) en horario de 20:00 a 22:30 horas.
Primeiros auxilios no deporte
Xa o seguinte luns, o día 11, comezará a parte deste curso adicada aos primeiros auxilios no deporte. Deste módulo ocuparase o licenciado en INEF e monitor titulado en primeiros auxilios, Martín Barcala.
Entre outros temas, falará de cales son as lesións máis habituais nos deportistas, de como realizar manobras de reanimación e de como colocar un colariño cervical.
 
Partidos dos pequenos de fútbol sala
Este fin de semana continúa a competición para os equipos de fútbol sala da Escola Deportiva Santiago. Os prebenxamíns xogarán o sábado en Lamas de Abade: os de primeiro ano ás 12:15 horas e os de segundo ano ás 13:00. Os alevíns farano ás 16:30 horas no colexio La Salle. 

Juan Abalo imparte un curso de adestramento de porteiros a partir deste luns

O preparador de porteiros do Negreira, Juan Abalo, impartirá a partir deste luns, 21 de xaneiro, un curso sobre cómo adestrar aos porteiros de fútbol. Experto nesta materia, Abalo xa ten colaborado con prestixiosas escolas deste deporte como a Fundación Marcet, considerada unha das mellores de toda Europa.

As clases desenvolveranse na Escola Don Bosco (rúa Belvís, nº 2, Santiago) os luns de 20:00 a 22:30 horas. Este módulo inclúese dentro do programa de formación específica que leva a cabo a Escola Deportiva Santiago, desta vez xunto co Centro Xuvenil Don Bosco. No curso, denominado ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’, tamén colaboran o Concello de Santiago e a Cruz Vermella. 

Aberto o prazo de inscrición para o curso ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’

Este domingo, 30 de decembro, tivo lugar en Santa Isabel unha master class sobre adestramento de porteiros de fútbol impartida polo especialista Juan Abalo. Ademais, a Cruz Vermella realizou unha exhibición sobre como hai que actuar cando ocorre unha emerxencia nun campo de fútbol. 
Realizando a técnica da ventilación boca a boca.
Esta master class serviu de preludio dun curso organizado pola Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco que se celebrará do 14 de xaneiro ao 11 de febreiro. Baixo o nome de ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios no deporte’, as clases desenvolveranse na Escola Don Bosco (rúa Belvís, nº2, Santiago) os luns de 20:00 a 22:30 horas. O prezo por participar é de 20 euros por módulo e 30 euros polo curso completo.

Todos aqueles que queiran inscribirse xa se poden anotar escribindo ao email etl@cxdonbosco.org ou chamando ao teléfono 981582243. O prazo rematará o 10 de xaneiro. 

Os mellores porteiros de Galicia participarán nunha máster class gratuíta en Santa Isabel

A Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco, en colaboración co Concello de Santiago e a Cruz Vermella, organizan o próximo domingo 30 de decembro unha máster class gratuíta que versará sobre o adestramento de porteiros de fútbol e os primeiros auxilios nas competicións deportivas.

Así o explicaron esta mañá en rolda de prensa o presidente da Escola Deportiva Santiago, Santiago Araujo, o director do Centro Xuvenil Don Bosco, Francisco Rodríguez, e o delegado da Cruz Vermella en Santiago, Cibrán Vázquez.

Tamén participaron dous porteiros do Negreira, Sergio e Óscar. Impartida polo especialista Juan Abalo, esta máster class desenvolverase dende as 10:00 horas en Santa Isabel. Nesta actividade, aberta a todo tipo de público, participarán os mellores porteiros de fútbol de Galicia.

Así que todos aqueles que queiran gozar da espectacularidade do seu xogo, só teñen que achegarse o domingo a este estadio de fútbol compostelán. Ademais, a Cruz Vermella realizará unha exhibición de primeiros auxilios no deporte, mostrando como se debe actuar cando se producen diferentes emerxencias no terreo de xogo.

Curso en xaneiro
Esta máster class inclúese dentro do programa de formación que están a levar a cabo a Escola Deportiva Santiago e o Centro Xuvenil Don Bosco e que continuará cun curso denominado ‘Adestramento de porteiros de fútbol e primeiros auxilios non deporte’. Este desenvolverase no Centro Xuvenil Don Bosco (Rúa Belvís, nº2) do 14 de xaneiro ao 11 de febreiro, só os luns en horario de 20:00 a 22:30 horas. O prezo por participar é de 20 euros por módulo e 30 euros polo curso completo. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o próximo 10 de xaneiro. Aqueles interesados deben dirixirse ao email etl@cxdonbosco.org ou chamar ao teléfono 981582243.

Photo credit: A. Hernández (El Correo Gallego)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR