deportes alternativos

now browsing by tag

 
 

Inscricións para o Campus Polideportivo Volta ao Cole 2017

Que mellor maneira de rematar o verán e prepararse para o regreso ás aulas que divertíndose facendo deporte? A Escola Deportiva Santiago organiza un ano máis o Campus Polideportivo Volta ao Cole, no que participarán nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade.

Con esta iniciativa, na que colaboran o Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña e Gadis, preténdese ademais ofrecer unha alternativa de conciliación para os pais e nais no final do periodo estival.

O Campus desenvolverase do 4 ao 8 de setembro no campo de fútbol de Santa Isabel en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os pequechos practicarán fútbol, atletismo, xadrez, deportes alternativos como pode ser o béisbol e exercicios para mellorar a atención.

As inscricións poden realizarse por días soltos (14 euros por día) ou polo campus completo (55 euros). Hai descontos para segundos irmáns e familias numerosas (45 euros por neno). Estos prezos inclúen un seguro de accidentes deportivos.

Aqueles que queiran anotar aos seus fillos/as poden facelo cubrindo o seguinte formulario online e enviando o xustificante de pago a escolasantiagocf@gmail.com Para calquera dúbida, poden chamar ao teléfono 697 408 573.

Regresa a diversión co Campus Polideportivo de Semana Santa 2015

Xa está aquí unha nova edición do Campus Polideportivo de Semana Santa que organiza a Escola Deportiva Santiago. Os próximos 30 e 31 de marzo e 1 de abril nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade poderán divertirse e aprender xogando a diferentes modalidades deportivas.

Este Campus, na que colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, os colexios Compañía de María e La Salle e as entidades privadas Gadis, Decathlon e Feiraco, desenvolverase en horario de mañá: de 10:00 a 14:00 horas.

O pavillón do colexio Compañía de María e o campo de fútbol de Belvís acollerán as diferentes actividades que inclúen fútbol, fútbol sala, baloncesto, iniciación ao atletismo, deportes alternativos e exercicios para mellorar a atención.

Os prezos por participar son: 10 euros por días soltos ou 24 euros por asistir a todo o Campus. Hai ademais descontos para segundos irmáns e familias numerosas que pagarán só 8 euros por días soltos ou 18 euros polo Campus completo.

As inscricións poden realizarse cubrindo este formulario online.

Fútbol, baloncesto, bádminton e moita diversión no Campus Polideportivo de Nadal da Escola Deportiva Santiago

Esta mañá arrancou a primeira quenda do Campus Polideportivo de Nadal que organiza a Escola Deportiva Santiago en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e as entidades privadas Gadis, Activa Galicia, Coca Cola e Feiraco.

Máis de medio cento de nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade están a pasar estas vacacións practicando diferentes deportes como fútbol, baloncesto, bádminton, tenis de mesa, etc. As actividades continuarán mañá e o mércores en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís. A segunda quenda do Campus celebrarase os días 29, 30 e 31 de decembro.

Se queres ver unha galería de imaxes, podes facelo na nosa páxina de Facebook.

 

Medio cento de rapaces gozan do deporte no noso Campus Polideportivo antes de volver ao colexio

Queda xa moi pouco para a volta ao cole e, estando en Santiago, que mellor maneira de pasar estes días para os nenos e nenas composteláns que divertíndose facendo deporte! Medio cento deles estanno a facer desde o pasado luns no Campus Polideportivo que organiza a Escola Deportiva Santiago coa colaboración de Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, e as entidades privadas Activa Galicia, Gadisa, Feiraco e Coca Cola.

Os pequenos, de entre 4 e 14 anos de idade, están a pasar esta semana no pavillón e o campo de Santa Isabel xogando ao fútbol e fútbol sala, iniciándose no atletismo, mellorando a súa atención a través de varios xogos e coñecendo diferentes deportes alternativos. Son días para pasalo ben, facer novos amigos e coidar a súa saúde que resumimos na seguinte galería de fotografías.

Última semana para inscribirse no Campus Polideportivo que organiza a Escola Deportiva Santiago en setembro

 

O pavillón e o campo de fútbol de Santa Isabel acollerán do 2 ao 6 de setembro unha nova edición do Campus Polideportivo que organiza a Escola Deportiva Santiago. A entidade ofrece así ás familias compostelás unha alternativa de ocio e deporte coa que conciliar a vida familiar e laboral antes do comezo das clases. 

Durante cinco días, nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade poderán practicar diferentes modalidades deportivas como fútbol, fútbol sala ou atletismo nun ambiente de aprendizaxe a través do xogo, a convivencia e a diversión. Haberá tamén deportes alternativos e exercicios para mellorar a atención. As clases, impartidas por adestradores e monitores titulados, desenvolveranse en horario de 10.00 a 14:00 horas.   

O prezo por participar será de 35 euros por neno/a e de 25 euros polo segundo irmán. Haberá un desconto para familias numerosas, que só pagarán 25 euros por cada fillo. Os interesados deben cubrir a folla de inscrición que adxuntamos neste post e enviala, xunto co xustificante de pago, a escolasantiagocf@gmail.com Para calquera dúbida pódese chamar ao teléfono 697408573. 

Neste Campus colaboran o Concello de Santiago, os colexios Compañía de María e La Salle, o centro xuvenil Don Bosco, Tiendas Activa, Coca Cola e Feiraco.
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR