Deporte

now browsing by tag

 
 

Actividades extraescolares, moi beneficiosas na súa xusta medida

Son moitos os pais e nais que se preguntan a que actividades extraescolares apuntar aos seus fillos/as, se será demasiada carga para eles ou, polo contrario, se deberían asistir a máis. Neste debate hai opinións de todos os tipos. Expertos en educación como Catherine l’Ecuyer recomendan que non afecten ao tempo adicado ao xogo. Pero por que é isto importante? Segundo Eva Marina, directora da Universidade de Pais, xogar cos amigos sen presenza adulta “facilita a incorporación gradual á vida en sociedade, é dicir, edúcanse as habilidades sociais”.

Sen embargo, iso non quere dicir que se deban eliminar as actividades extraescolares. Segundo un estudo realizado pola Universidade de Vigo e presentado este mesmo ano, os alumnos de Primaria que as realizan rinden mellor. A súa autora, Lucía Pumares, descubriu co seu traballo que os estudantes que combinan o deporte con clases artísticas ou expresivas obteñen mellores resultados académicos. “Cando os nenos teñen dificultades, os pais envíanos só a clases de reforzo ou os castigan sen outro tipo de actividades. Pero isto resulta totalmente contraproducente. Incluso os nenos que só fan deporte teñen mellor rendemento que os que só van a clases de reforzo”, destaca Pumares. “As actividades extraescolares inflúen en maior medida no seu sentimento de autoeficacia, de sentirse capaces para ter éxito”, engade.

Pero como elexir as actividades ás que anotar aos nosos fillos/as? Eva Marina dá algúns consellos:

  • Atender aos intereses do neno e tamén ao seu temperamento. Que poida elixir.
  • Evitar a sobresaturación da axenda do neno.
  • Non obrigarlle a ir, se non lle gusta.
  • Se vemos síntomas de cansazo, de insomnio, nerviosismo ou decaemento, posiblemente o neno non poida con todo.
  • Antes de realizar a matrícula é importante coñecer á persoa encargada, a súa capacitación profesional e a formulación pedagóxica que ten esa actividade.
  • O importante é que os nenos aprendan, pero tamén que gocen nestas actividades, que lles motiven.
  • Evitar actividades extraescolares de reforzo dos contidos escolares. Os nenos pasan moitas horas no colexio e posiblemente teñan deberes cando cheguen a casa.

 

Onde practicar deporte en Santiago?

Se vives en Santiago e es amante do deporte, debes coñecer as distintas instalacións onde facer exercicio físico. Temos pavillóns, campos de fútbol, pistas de atletismo, piscinas…

Na páxina web da concellería de Deportes, contan cun extenso listado das instalacións municipais. Podes consultalas premendo aquí. De cada unha delas, podes atopar fotografías e información sobre as súas características e ubicación. Son usadas polos diferentes clubes, colexios e entidades deportivas compostelás pero tamén se pode solicitar o seu uso individual. Como? Aquí tendes toda a información.

A USC (Universidade de Santiago de Compostela) conta tamén con numerosas instalacións, que empregan os estudantes pero tamén teñen espazo para a práctica libre. Nesta ligazón poderedes atopar un listado delas e como utilizalas.

Por último, non podemos esquecer que Santiago está cheo de parques onde correr ou pasear. Na web de Turismo de Santiago teñen información sobre todos eles. Ademais, tamén nos falan doutras opcións relacionadas co deporte e/ou a natureza, como sendeiros, zonas de pesca ou onde practicar golf.

 

5 consellos para que os nenos aprendan a coidar a súa saúde

Dento das ensinanzas que debemos proporcionar aos nosos nenos e nenas non poden faltar uns hábitos de vida saudables. Neste artigo resumimos cinco consellos para que aprendan a coidarse que atopamos na web infosalus.com

  1. Lavar as mans. Os nenos deben aprender a lavar as mans antes de cada comida. É un xesto que pode evitar o desenvolvemento de infeccións intestinais debido ás bacterias que residen nelas.
  2. Lavar os dentes. Desde o nacemento da primeira peza dental, o máis recomendable é limpar a boca cun cepillo ou un pano adaptado ao bebé.
  3. Hidratación. Ademais de comer san, non nos podemos esquecer de que os pequenos beban moita auga, leite e zumes naturais.
  4. Froitas e verduras. Somos o que comemos e por iso debemos vixiar a dieta dos nosos fillos e incluír nela froitas e verduras.
  5. Actividade física diaria. Desde xogar ou camiñar ata practicar algún deporte, o máis axeitado é que os rapaces realicen 60 minutos de actividade física cada día.

Apoiarías uns recreos nos colexios con menos fútbol?

O Departamento de Educación do Goberno vasco vén de aprobar un plan para rematar co que eles denominan unha “distribución sexista dos espazos en zonas de recreo escolares”. Trátase de evitar que os patios dos colexios estean ocupados por aqueles que xogan ao fútbol relegando aos que non lles gusta este deporte (na súa maioría nenas) a xogar nunha esquina. 
 
Algúns centros do País Vasco xa comezaron a implantar estas medidas. Tal e como explican nunha reportaxe do Diario Vasco, en Ibai Ikastola teñen establecido que os luns, mércores e venres os alumnos non poden xogar ao fútbol no recreo. O artigo inclúe un vídeo no que un dos profesores comenta as alternativas que teñen establecidas para eses días como son, por exemplo, a organización de torneos de diferentes deportes ou a utilización de elementos como cordas ou balóns de goma espuma. 
 
E ti, que opinas destas medidas? Pareceríache unha boa idea implantalas nos colexios galegos? 
 

Máis deporte e comida sa para combater a obesidade infantil

Os datos falan por si sós: segundo o último informe da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (correspondente ao ano 2012), o 19% dos nenos en idade pediátrica sofren obesidade e o 26% sobrepeso. “Xa empezamos a ver nas consultas a prepúberes con síndrome metabólico: diabetes tipo 2, colesterol alto, hipertensión… É algo que antes non existía”, sinala a pediatra do CHUS Rosaura Leis nun artigo de La Voz de Galicia que podes ler premendo aquí. Nel informan da posta en marcha do ‘Health Lab Kids’, un proxecto do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña no que participan os resto de colexios galegos e no que colabora V Televisión.

 
Co obxectivo de promover unha alimentación equilibrada entre os máis pequenos da casa, teñen creado un concurso para alumnos desde Terceiro de Primaria ata Cuarto da ESO. Os participantes deberán elaborar un menú saudable e envialo a hlk@comc.es indicando no asunto ‘Concurso Health Lab Kids’ antes do próximo 28 de febreiro. Os tres gañadores conseguirán unha tarxeta regalo de 75 euros de El Corte Inglés, ademais doutros agasallos sorpresa. Tamén haberá premios para sete finalistas. Podedes atopar toda a información sobre este concurso, as bases e exemplos de menús saudables premendo neste enlace.
Se ademais estades interesados en obter consellos prácticos para ensinar a comer aos nenos, podedes consultar neste enlace unha completa guía de alimentación infantil e xuvenil.
Máis deporte
Ademais de que os nenos aprendan a coidar a súa alimentación, outra das recomendacións que fan desde o Colexio de Médicos de A Coruña para evitar a obesidade infantil é aumentar o tempo que adican a facer deporte. Así, as causas desta “epidemia” son, segundo o médico Javier de Toro, “o aumento do consumo de calorías e do ocio pasivo dos nenos e adolescentes, que pasan moito tempo ante a tele e as videoconsolas”. Neste senso, Manuel Giráldez, profesor na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de A Coruña, sostén que a hora de exercicio diario que recomenda a OMS “non é suficiente”. “Habería que mantela e, ademais, combater a actitude sedendaria do resto do día.  Asi que, como sempre defendemos neste blog, apostade porque os vosos fillos fagan deporte e non esquezades darlles bo exemplo! 
 
 
 

Deporte en equipo, una fonte inesgotable de valores para os máis pequenos

“Cinco xogadores na cancha deben actuar como unha soa persoa. Ninguén é máis importante que o outro“. Son estas palabras do protagonista da película ‘Hoosiers, máis que ídolos’, que narra a historia dun pequeno equipo de baloncesto cando chega un novo adestrador. Neste filme – do que podes ver algunhas escenas premendo neste enlace – aprendemos os beneficios do deporte en equipo, fonte inesgotable dos valores que sempre defendeu a Escola Deportiva Santiago. 

E é que, tal e como se explica nun artigo asinado por Victoria Toro, gracias aos deportes en equipo os rapaces aprenden:

  • Disciplina, xa que o equipo funciona ben cando todos os seus membros siguen a disciplina imposta.
  • A importancia das normas, porque cando un xogador non cumpre unha das normas, perxudica a todo o equipo.
  • O traballo en grupo, descubrindo a importancia de confiar nos demais e que os demais confíen neles.
  • A condición de líder e o que este pode facer para guiar ao resto.
  • A solidaridade entre todos os membros do equipo.
  • Unha maior tolerancia á frustración cando se perde e, ao mesmo tempo, celebrar as victorias sen prepotencia.

Noutro artigo da Área de Deportes do Instituto Europeo Campus Stellae poñen como exemplo de traballo en equipo o seguinte relato:

“Cuentan que en una carpintería hubo una extraña asamblea. Fue una reunión de herramientas para arreglar diferencias. El martillo ejerció la presidencia, pero la asamblea le notificó que tenía que renunciar, ya que se pasaba todo el tiempo haciendo ruidos. El martillo aceptó la culpa, pero pidió que fuera expulsado el tornillo, argumentando que había que darle demasiadas vueltas para que sirviera. El tornillo aceptó el ataque, pero exigió la expulsión de la lija. Señaló que era áspera en su trato y tenía fricciones con los demás. Y la lija estuvo de acuerdo, pero exigió que fuera expulsado el metro que siempre se la pasaba midiendo a los demás como si él fuera perfecto.

En eso entró el carpintero, se puso el delantal e inició la tarea. Utilizó el martillo, la lija, el metro, y el tornillo. Finalmente, la tosca de madera se convirtió en un hermoso mueble. Cuando la carpintería quedó nuevamente sola, la asamblea reanudó la deliberación. Fue entonces cuando el serrucho dijo:
Señores, ha quedado demostrado que tenemos defectos, pero el carpintero trabaja con nuestras cualidades. Eso nos hace valiosos. Así que no pensemos en nuestros fallos y concentrémonos en la utilidad de nuestros méritos”

 
Por último, deixámosvos aquí un pequeno vídeo no que se amosa dun xeito divertido que tan bo pode ser traballar en equipo:
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR