creatividade

now browsing by tag

 
 

Compostela celebra este xoves o Día Mundial da Creatividade e a Innovación

Este xoves, 21 de abril, celébrase o Día Mundial da Creatividade e a Innovación, unha data promovida en Canadá pola publicitaria, Marci Segal, para conmemorar o nacemento de Leonardo Da Vinci.

En varias ocasións, falámosvos neste Blog sobre o importante que é fomentar estas dúas cualidades entre os nenos e nenas (podedes ler máis aquí e aquí) para mellorar a súa educación. Por iso non podemos deixar de recomendarvos un acto que organiza a Fundación Privada para la Creativación na Cidade da Cultura de Galicia.

O evento terá lugar o mesmo xoves de 18:00 a 19:30 horas. Nel varios expertos analizarán as ferramentas para desenvolver o pensamento creativo dos pequechos para que poidan enfrentarse aos retos da sociedade do futuro. Os relatorios, que estarán presentados pola delegada da Fundación Creativación en Galicia, Elba Pedrosa, serán os seguintes:

  • “La mejor versión de tu creatividad está en tu cerebro”, relatorio do Catedrático de Neurociencia da USC, Carlos Acuña.
  • “Creativación: una revolución en la educación”, relatorio do Director da Fundación Creativación, Miquel Ángel Oliva.
  • Peche do acto: intervención do Subdirector de Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Manuel Vila.

A entrada é libre ata completar aforo, pero desde a organización piden a confirmación da asistencia escribindo a elba@fundacioncreativacion.org ou a través do evento de Facebook que atoparedes premendo nesta ligazón.

Educas? Fomenta a creatividade e a imaxinación

Fomentar a creatividade e a imaxinación dos máis pequenos é unha parte fundamental da súa educación e non debemos esquecelo. Cóntao moi ben o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Anxo Carracedo, nun artigo publicado por El Correo Gallego que podes ler premendo aquí. Del destacamos varias frases:

  • “Educar non é coma facer sardiñas en lata, todos os rapaces uniformes, producidos ao mesmo tempo”.
  • “A imaxinación e a creatividade non son defectos, son grandes virtudes e non só para a arte ou a literatura senón tamén para a ciencia e tecnoloxía. Eu diría que son características esenciais dos bos investigadores”.
  • “Non esquezamos tampouco que, como expresión da diversidade, debemos ver con naturalidade que os nosos ritmos de madureza son distintos. Non pasa nada e non é un fracaso se algúns rapaces van máis lentos nalgunhas habilidades”

Pero que pasa nas escolas? Está o noso sistema educativo ‘matando’ a creatividade dos nenos e nenas? Iso é o que analizan nun artigo de La Vanguardia no que diferentes expertos cuestionan o xeito no que educamos aos nosos pequenos. “Din que a creatividade é o xene do xenio e o talento, o que determina que haxa Einsteins, Edisons, Leonardos, Quevedos ou Steves Jobs, e que todos os nenos nacen con el. Entón, por que despuntan tan poucos de maiores?”, pregúntanse neste texto.

E como poden os pais e nais fomentar a creatividade e imaxinación dos seus fillos e fillas na casa? Premendo aquí atoparás algúns consellos. O máis importante é ben sinxelo! Xogar e pasar tempo de calidade cos pequechos!

Os novos retos da educación segundo un dos mellores profesores do mundo, César Bona

A moitos de vós xa vos soará César Bona. O zaragozano fíxose famoso tras ser elexido como un dos 50 mellores mestres do mundo segundo o Global Teacher Prize, o chamado Nobel dos profesores. Pero que é o que o fai diferente? Sobre todo que promove a necesidade de escoitar aos nenos e estimulalos para que sintan curiosidade polas cousas.

Recentemente publicou un libro titulado La nueva educación. Los retos y desafíos de un maestro de hoy. Tamén podedes coñecer un pouco máis del nesta entrevista que lle fixeron no xornal ABC.

Pero sobre todo non deixedes de ver este vídeo dunha das súas ponencias onde explica o seu método educativo e por que é tan importante fomentar a creatividade entre os máis pequenos.

Así traballa César Bona, candidato a mellor profesor do mundo

Medio cento de mestres seleccionados entre 5.000 candidaturas de todo o mundo optan ao Global Teacher Prize, un galardón dotado cun millón de dolares e que acredita ao considerado como mellor profesor do mundo. Entre todos eles, está un español, o zaragozano César Bona.

Pero como son as súas clases? “Busco que os nenos se impliquen e se sintan parte de algo”, explica nesta entrevista publicada por El Huffington Post. Bona aposta por estimular a creatividade dos cativos e a non tratalos como se foran máquinas. “Non se lles pode facer saltar a todos polo mesmo valo. Eu intento coñecer as circunstancias e intereses dos meus alumnos antes de enfocar o programa. Hai que ensinar a todos o mesmo pero de forma que lles resulte atractivo”, afirma.

A súa aula, en 5º de Primaria do colexio Puerta de Sancho de Zaragoza, tamén é especial. Cada mesa ten un nome singular; nun mural os nenos poden anotar ideas para mellorar ou lanzar unha pregunta; hai un líder dos sublevados ao que envían queixas de forma anónima e incluso un abogado dos seus compañeiros. Se premes aquí podes velo.

Ademais, Bona tamén organiza diferentes proxectos, como obras de teatro ou películas. E ten posta en marcha unha protectora de animais, ‘El cuarto hocico’ (Children for Animals), que xestionan os seus estudantes. Destas e doutras actividades falan no seu vídeo de presentación para o Global Teacher Prize que podes ver a continucación. Para saber se César é o gañador teremos que esperar a marzo, cando se celebre o Foro sobre a Educación e as Competencias de Dubái.

GLOBAL TEACHER PRIZE. César Bona from pluviason on Vimeo.

Photo credit: César cando participou no Precongreso Mundial polos Dereitos da Infancia.

LER MÁIS:

Richard Gerver, defensor dunha educación divertida e estimulante, sen deberes nin exames 

Marc Prensky: “Os videoxogos teñen moitos beneficios, como ensinar aos nenos a asumir riscos ou a tomar boas decisións”

Catherine L’Ecuyer: “Cando os nenos aprenden de verdade é cando están xogando”

Claudio Naranjo: “Hai que ensinarlles aos nenos a aprender, pero non ensinarlles cousas”

Primeiros gañadores dos PIMCE (Premios Imos Medrando Con Esforzo)

Como xa vos anunciamos fai uns días, a Escola Deportiva Santiago creou este ano os PIMCE (Premios Imos Medrando Con Esforzo) cos que se pretende fomentar os hábitos de vida saudables e a cultura do esforzo entre os nenos e nenas que xogan nos nosos equipios.

Os PIMCE divídense en tres categorías: creatividade, asistencia e aseo persoal. A semana pasada entregáronse os premios aos cativos que máis asistiron e máis coidaron o seu aseo persoal en cada adestramento ou partido. No equipo feminino as gañadoras foron: Trini, Andrea e Antía Gómez. No equipo de prebenxamíns gañaron Lucas, Rodrigo, Alfonso e Lucas. E no de benxamíns: Izan, Rodri, Pedro e Miguel. Noraboa a todos eles!

Como agasallo, recibiron material deportivo e unha bolsa para acudir de maneira gratuíta ao Campus Polideportivo de Nadal que se está a celebrar estes días no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de Fútbol de Belvís.

Os premios á creatividade, a través do cal se escollerá a mascota da Escola, entregaranse máis adiante. Mentras tanto, podedes consultar as propostas que temos ata o de agora premendo neste enlace.

A Escola Deportiva Santiago entregará os premios PIMCE

A Escola Deportiva Santiago vén de convocar a I edición dos PIMCE (Premios Imos Medrando Con Esforzo) cos que se valorará a asistencia e o aseo persoal despois de cada adestramento e partido dos nenos e nenas que forman parte do club.

Así, os PIMCE nacen co obxectivo de fomentar os hábitos de vida saudables e a cultura do esforzo entre os cativos e cativas. Ademais, tamén se premiará a súa creatividade, escollendo a mascota do club entre todos os debuxos feitos polos pequenos. Antes de que remate o ano elixiranse tres finalistas entre todas as propostas recibidas, aos que se lles sumarán outros tres en xuño do 2015, cando remate a tempada. Será entón cando a Escola estree mascota.

O próximo 18 de decembro daranse a coñecer os gañadores dos PIMCE das seguintes categorías:

  • Creatividade: Un xurado composto por monitores do club e pais e nais escollerá un debuxo finalista por cada un dos equipos cos que conta a Escola (Benxamín, Prebenxamín e Feminino).
  • Asistencia: Un xurado composto por monitores do club escollerá ao neno/a de cada un dos seus equipos (Benxamín, Prebenxamín e Feminino) que máis asistiran aos adestramentos e partidos da Escola.
  • Aseo persoal: Un xurado composto por monitores da Escola escollerá ao neno/a de cada un dos seus equipos (Benxamín, Prebenxamín e Feminino) que máis coidaran os seu aseo persoal despois de cada adestramento ou partido.

Os 9 gañadores recibirán como agasallos material deportivo e unha bolsa para asistir de maneira gratuíta ao Campus Polideportivo de Nadal que se celebrará os días 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de decembro no campo de fútbol de Belvís e no pavillón do Compañía de María, en colaboración con este colexio, o Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, e as entidades privadas Activa Galicia, Gadis, Feiraco e Coca Cola.

LER MÁIS:

Buscamos a mascota da Escola Deportiva Santiago

Xa podes inscribir aos teus fillos no Campus Polideportivo de Nadal da Escola Deportiva Santiago 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR