compañeirismo

now browsing by tag

 
 

O que fai grande a un deportista son os seus valores

En moitas ocasións falámosvos neste blog dos valores que aprenden os pequechos practicando deporte (podedes lelo premendo aquí, aquí e aquí) tales como compañeirismo, esforzo, traballo en equipo, respecto… Una vez máis queremos incidir nesta cuestión que tanto defendemos na Escola Deportiva Santiago, amosándovos este vídeo da marca de material deportivo arxentina-brasileira Topper. Dádelle ao play! 😉

O deporte: modelo de educación en valores se sabemos como facelo

Esforzo, superación, respecto, compañeirismo… Estes son algúns dos valores que se lle atribúen ao deporte e que defendemos na Escola Deportiva Santiago desde a nosa creación. Pero sempre é así? Nun interesante artigo de opinión de Pedro Marcet, director pedagóxico da Fundación Marcet, faise fincapé en que o deporte como tal non educa en valores, senón que “todo depende da utilización que se fai del”. Marcet afirma que a práctica deportiva pode ser “fonte de educación, de saúde, de integración”, pero tamén pode ser “motivo de ignorancia, enfermidade, violencia e exclusión”.

A clave está, segundo Marcet, nunha dedicación de tempo e esforzo considerable por parte das persoas que interveñen nun proxecto deportivo. Os nenos que non teñen a sorte de contar con bos profesionais “están perdendo a mellor oportunidade da súa vida de aprender algo esencial na súa formación integral”. Para este experto, o problema é non entender que gañar non debe ser o único obxectivo da práctica deportiva. Polo contra, o que se lle debe transmitir aos pequenos é que si se perde “non pasa absolutamente nada porque esa derrota lévanos a recoñecer os nosos erros para seguir mellorando”. Por iso, en moitas ocasións, os deportistas profesionais non son un bo modelo no que fixarse.

Precisamente sobre os valores que se lle poden ensinar os nenos e nenas a través dun deporte como o fútbol é do que falan nun vídeo editado pola Unidad de Psicología y Coaching Aplicado al Deporte (UPAD) da Universidad Autónoma de Madrid (UAM) que podedes ver a continuación:

LER MÁIS:

Deporte en equipo, unha fonte inesgotable de valores para os máis pequenos

Como ensinarlles aos nenos o respecto no deporte

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR