Celta

now browsing by tag

 
 

O goleador do Celta B, Borja Iglesias, cos rapaces da Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago viviu o pasado sábado toda unha festa no pavillón de Roxos. As actividades comezaron ás 12:30 horas cuns partidos nos que pais e nais xogaron contra nenos e adestradores da nosa entidade (Podedes ver as fotos na nosa páxina de Facebook).

A continuación, tivo lugar a presentación do Himno Oficial da Escola Deportiva Santiago, unha creación da artista Celia Pía, que a partir de agora formará parte de todos os actos do clube.

Pero o prato forte chegou cara o final, cando apareceu no campo o goleador do Celta B, Borja Iglesias, xunto con Álex Abalde, coordinador da Escolas e Campus da Fundación Celta. O xogador compostelán entregou unha camiseta do equipo ao gañador das rifas que vendeu a Escola Deportiva Santiago o pasado Nadal, así como outros agasallos do conxunto vigués. Tamén asinou autógrafos a todos os seus pequenos e pequenas ‘fans’.

A Escola Deportiva Santiago organiza o II Torneo EDS Memorial Antonio Bermúdez

A Escola Deportiva Santiago organiza o próximo 2 de xullo o II Torneo de fútbol EDS Memorial Antonio Bermúdez, co que se homenaxea ao xornalista deportivo compostelán falecido recentemente.

O Torneo presentouse esta mañá nunha rolda de prensa no Hotel Los Abetos á que asistiu o fillo do coñecido locutor, Toño Bermúdez; o concelleiro de Deportes, Rafael Peña; o delegado de Santiago da Federación Galega de Fútbol, Manuel Castiñeiras; o coordinador da base do RC Celta de Vigo, Álex Otero; e o presidente da Escola Deportiva Santiago, Santiago Araújo.

Coa presencia do Celta de Vigo

A competición desenvolverase desde as 10:00 horas no campo de fútbol de Santa Isabel en dúas categorías masculinas. Na categoría benxamín participarán os equipos da Escola Deportiva Santiago, RC Celta de Vigo e Dubra FC. Na prebenxamín xogarán a Escola Deportiva Santiago, o Atlético Fátima e o Bertamiráns FC. A media mañá Óscar Martínez, colexiado de 2ª División B, ofrecerá unha charla para todos os nenos presentando as novidades regulamentarias para a nova tempada.

Paralelamente celebrarase no pavillón de Santa Isabel un torneo de fútbol sala feminino, que disputarán os equipos da Escola Deportiva Santiago, Rácing de San Lorenzo e SD Villestro. Durante os descansos ofreceranse dinámicas de coaching e psicoloxía no deporte.

Estes torneos servirán de colofón á segunda edición do Campus ETC (Ensino Técnico Competicional) organizado pola Escola Deportiva Santiago coa colaboración da Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, Grupo Germania, Gadis e a Unidad de Psicología y Coaching Deportivo Libredón. O Campus, no que participan un centenar de nenos e nenas, comezou hoxe en Santa Isabel e desenvolverase ata o próximo 1 de xullo.

Cartel  II Torneo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR