Campus ETC

now browsing by tag

 
 

A Escola Deportiva Santiago pon en marcha o primeiro Campus ETC – Ensino Técnico Competicional

A Escola Deportiva Santiago segue evolucionando nas súas propostas deportivas para a cidade poñendo en marcha desta vez un novo concepto de campus de fútbol. Así, nos chamados Campus ETC (Ensino Técnico Competicional) os nenos e nenas asistentes poderán mellorar a súa técnica a través dos exercicios propostos polos monitores e tamén das competicións que disputarán por equipos.

O primeiro destes Campus ETC celebrarase en Santiago do 22 ao 26 de xuño para rapaces e rapazas de entre 4 e 14 anos de idade. Os xogadores poderán inscribirse de maneira individual – formando os equipos os responsables da Escola – ou xa por equipos en grupos de 3, 4 ou 5 persoas.

As actividades desenvolveranse no pavillón e campo de fútbol de Santa Isabel, con exercicios adaptados ás diferentes idades dos nenos e nenas, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Neste Campus ETC colaboran a Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, e as entidades privadas Gadis e Decathlon.

Prezos
O prazo de inscrición para este primeiro Campus ETC xa está aberto. O prezo por inscrición individual é de 85 euros, con desconto para o segundo irmán (que só pagará 75 euros) e familias numerosas (65 euros por cada irmán).

O prezos polas inscricións por equipos son de 75 euros por neno/a para grupos de 3; 65 euros por neno/a para grupos de 4; e 55 euros por neno/a para grupos de 5.

Estableceuse tamén un servizo de acollida ás 9:00 da mañá por 5 euros e todos os asistentes recibirán material deportivo de Kipsta.

Os interesados deberán cubrir o seguinte formulario online ou enviar esta ficha de inscrición cuberta ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com: Ficha Inscricion ETC_ok

Para calquera dúbida, poden chamar ao teléfono 697 408 573.

Creade os vosos equipos e mellorade a vosa técnica cos Campus ETC!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR