baloncesto

now browsing by tag

 
 

Inscribe aos teus nenos e nenas no Campus Polideportivo de Semana Santa 2016

Xa temos todo listo para unha nova edición do Campus Polideportivo de Semana Santa! Tres días nos que nenos e nenas – de entre 4 e 12 anos de idade – poderán pasalo ben, facer novos amigos e practicar deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, deportes alternativos… e exercicios para mellorar a atención.

O Campus desenvolverase os días 21, 22, e 23 de marzo no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os prezos por participar son:

  • 10 euros por día/neno (8 euros para segundos irmáns e familias numerosas)
  • 25 euros polo Campus Completo (20 euros para segundos irmáns e familias numerosas)

Neste campus, organizado pola Escola Deportiva Santiago, colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e Gadis.

A continuación, podes cubrir o formulario online para reservar praza!

Decenas de rapaces despiden o ano no Campus Polideportivo de Nadal

Así dá gusto despedir o ano! Como? Practicando deporte, facendo novos amigos e pasando un bo rato nun ambiente san e divertido. Decenas de rapaces e rapazas, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, gozaron durante seis días dunha nova edición do Campus Polideportivo de Nadal – organizado pola Escola Deportiva Santiago en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e as entidades privadas Gadis e Coca Cola.

Os pequenos puideron realizar distintas actividades no pavillón do Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís, xogando, entre outras cousas, ao fútbol, ao baloncesto, ao bádminton, etc.

Na nosa páxina de facebook tendes unha completa galería con imaxes de todo o que deron de si estes días. Podedes vela premendo aquí.

Aberto o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo de Nadal da Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago organiza este Nadal unha nova edición do seu Campus Polideportivo, no que colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e as entidades privadas Coca Cola e Gadis.

As actividades diríxense a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade, que poderán pasar estes días sen colexio practicando novos deportes e facendo novos amigos. O Campus desenvolverase o 21, 22, 23 e 28, 29 e 30 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís . Alí, os pequenos xogarán ao fútbol, fútbol sala, baloncesto… e poderán, ademais, coñecer outros deportes alternativos, iniciarse no atletismo e facer exercicios para mellorar a súa atención.

Os pais e nais poden anotar aos seus pequenos ao Campus completo ou por días soltos. Hai, ademais, descontos para segundos irmáns e familias numerosas. Os prezos por asistir son os seguintes:

  • 10 euros /día (8 euros con desconto)
  • 25 euros/3 días (20 euros con desconto)
  • 45 euros/6 días (35 euros con desconto)

Os interesados deben cubrir o seguinte formulario online e enviar o xustificante de pago por correo electrónico a escolasantiagocf@gmail.com Para calquera dúbida, poden dirixirse a ese mesmo email ou ao teléfono 697 408 573.

Inscribe aos teus nenos e nenas nun novo e divertido Campus Polideportivo en Santa Isabel

Xa está aberto o prazo de inscrición para unha nova edición do Campus Polideportivo que organiza a Escola Deportiva Santiago, coa colaboración da Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, os colexios Compañía de María e La Salle, e Gadis.

As actividades desenvolveranse os días 2, 3, 4, 7, 8 e 9 de setembro de 10:00 a 14:00 horas no pavillón e campo de fútbol de Santa Isabel. Dirixidas a nenos e nenas de 4 a 14 anos de idade, os pequenos gozarán duns días de deporte e diversión antes da volta ao cole, facilitando aos pais e nais a conciliación da vida familiar e laboral.

Os participantes practicarán fútbol, fútbol sala, baloncesto e deportes alternativos, ademais de exercicios para mellorar a atención.

Inscricións
Os prezos para anotarse a este Campus son de 10 euros por día ou 50 euros polo Campus completo (6 días). Existe ademais un desconto para segundos irmáns, familias numerosas e os que se apunten en grupos de 5 rapaces que pagarán só 40 euros por neno/a. 

Para inscribirse só hai que cubrir o seguinte formulario online e enviar o xustificante de pago ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com Tamén podedes cubrir, se o preferides, a seguinte ficha en pdf e enviala ao mesmo email: Campus_setembro_2015_Ficha

Para calquera dúbida, podedes chamar ao teléfono 697 408 573.

Máis de 80 nenos e nenas divertíronse no noso Campus Polideportivo de Semana Santa

Remataron xa tres días de deporte, diversión e amizade no Campus Polideportivo de Semana Santa, que organizou unha vez máis en Compostela a Escola Deportiva Santiago.

Máis de 80 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade participaron nesta actividade na que colaboraban a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, os colexios Compañía de María e La Salle e as entidades privadas Gadis e Decathlon.

Os rapaces pasáronno moi ben practicando deportes como fútbol, baloncesto, bádminton, tenis de mesa, xadrez e iniciación ao atletismo, entre outros. Con exercicios adaptados ás súas diferentes idades, as actividades realizáronse no pavillón do colexio Compañía de María e o campo de fútbol de Belvís.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías e tamén tendes máis imaxes na nosa páxina de Facebook. Moitas gracias a todos os pais e nais que confiaron en nós para que os seus fillos/as se divertiran nestes días sen colexio!

Regresa a diversión co Campus Polideportivo de Semana Santa 2015

Xa está aquí unha nova edición do Campus Polideportivo de Semana Santa que organiza a Escola Deportiva Santiago. Os próximos 30 e 31 de marzo e 1 de abril nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade poderán divertirse e aprender xogando a diferentes modalidades deportivas.

Este Campus, na que colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, os colexios Compañía de María e La Salle e as entidades privadas Gadis, Decathlon e Feiraco, desenvolverase en horario de mañá: de 10:00 a 14:00 horas.

O pavillón do colexio Compañía de María e o campo de fútbol de Belvís acollerán as diferentes actividades que inclúen fútbol, fútbol sala, baloncesto, iniciación ao atletismo, deportes alternativos e exercicios para mellorar a atención.

Os prezos por participar son: 10 euros por días soltos ou 24 euros por asistir a todo o Campus. Hai ademais descontos para segundos irmáns e familias numerosas que pagarán só 8 euros por días soltos ou 18 euros polo Campus completo.

As inscricións poden realizarse cubrindo este formulario online.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR