baloncesto

now browsing by tag

 
 

Este Nadal xoga ao fútbol e ao baloncesto coa Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago organiza un ano máis o seu Campus Polideportivo de Nadal, no que participarán nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade. Con esta iniciativa, na que colaboran o Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, o colexio Compañía de María e Gadis, preténdese ofrecer unha alternativa de conciliación para os pais e nais durante este periodo vacacional dos pequechos.

O Campus desenvolverase do 26 ao 30 de decembro no pavillón de Roxos-Vilestro e no campo de fútbol de A Barrosa (Villestro) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os participantes practicarán fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, xadrez, deportes alternativos como pode ser o béisbol e exercicios para mellorar a atención.

As inscricións poden realizarse por días soltos (12 euros por día) ou polo campus completo (50 euros). Hai descontos para segundos irmáns e familias numerosas (10 euros por día ou 40 euros polo campus completo). Estes prezos inclúen as merendas e un seguro de accidentes deportivos.

Se estás interesado en inscribir aos teus fillos ou fillas, podes cubrir o seguinte formulario online. Se tes algunha dúbida, podes escribir ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou chamar ao 697 408 573.

Chega o III Campus ETC e o II Torneo Memorial Antonio Bermúdez

Xa temos todo listo para a próxima edición do III Campus ETC (Ensino Técnico Competicional) que organiza a Escola Deportiva Santiago, en colaboración co Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, o colexio Compañía de María e Gadis.

Este ano o Campus desenvolverase do 26 ao 30 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 horas. Ofrecemos dúas posibilidades:

  • Campus de Tecnificación en Fútbol, que se celebrará no campo de fútbol e pavillón de Santa Isabel para nenos e nenas de 4 a 14 anos de idade.
  • Campus de Tecnificación en Baloncesto, que se celebrará no pavillón Lorenzo de la Torre para rapaces e rapazas de 8 a 17 anos de idade.

Actividades complementarias
O sábado 1 de xullo terá lugar no campo de fútbol de Villestro o II Torneo Memorial Antonio Bermúdez, co que homenaxearemos unha vez máis ao coñecido xornalista compostelán falecido o ano pasado. Neste torneo participarán os equipos da Escola Deportiva Santiago, SD Villestro, Atlético Fátima, RC Celta de Vigo e unha selección de xogadores do Campus ETC. Ademais, ofrecerase unha master class sobre regulamento deportivo.

Inscricións
Todos os nenos e nenas que participen no Campus terán un seguro de accidentes deportivos e recibirán unha equipación de agasallo. Pódense inscribir de xeito individual ou por equipos. Estes son os prezos:

  • Prezo por inscrición individual: 90 €
  • Prezo por neno/a para equipo de 3 xogadores/as: 80 €
  • Prezo por neno/a para equipo de 5 xogadores/as: 65 €
  • Prezo para dous irmáns (cada irmán): 80 €
  • Prezo para familias numerosas (cada irmán): 80 €
  • Servizo de acollida ás 9:30 horas: 5 €

Os interesados en apuntarse xa poden facelo cubrindo o seguinte formulario online. Para calquera dúbida, poden dirixirse aos teléfonos 697 408 573 – 607 581 541 ou escribir a escolasantiagocf@gmail.com

Que facer en Semana Santa cos nenos/as? Divertirse no noso Campus Polideportivo!

Xa temos todo listo para unha nova edición do Campus Polideportivo de Semana Santa! Tres días nos que nenos e nenas – de entre 4 e 12 anos de idade – poderán pasalo ben, facer novos amigos e practicar deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, deportes alternativos… e exercicios para mellorar a atención.

O Campus desenvolverase os días 10, 11 e 12 de abril no pavillón do colexio Compañía de María e no campo de fútbol de Belvís, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os prezos por participar son:

  • 10 euros por día/neno (8 euros para segundos irmáns e familias numerosas)
  • 25 euros polo Campus Completo (20 euros para segundos irmáns e familias numerosas)

Neste campus, organizado pola Escola Deportiva Santiago, colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e Gadis.

A continuación, podes cubrir o formulario online para reservar praza!

Cinco días de deporte e diversión no Campus Polideportivo de Nadal 2016

Queres que os teus fillos/as pasen as vacacións de Nadal practicando deporte, divertíndose e facendo novos amigos? A mellor opción tela co Campus Polideportivo de Nadal 2016 que organiza a Escola Deportiva Santiago, en colaboración coa Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e Gadis.

As actividades desenvolveranse os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro – en horario de 10:00 a 14:00 horas – no campo de fútbol de Belvís e no pavillón do colexio Compañía de María. Os nenos e nenas participantes – de entre 4 e 12 anos de idade – poderán practicar deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, xadrez, deportes alternativos ou exercicios para mellorar a atención.

Os rapaces poden anotarse ao Campus completo por só 45 euros ou a xornadas soltas por 10 euros/día. Hai ademais descontos para os segundos irmáns e as familias numerosas, que pagarán 35 euros polo campus completo ou 8 euros/día se escollen a opción de xornadas soltas.

Para inscribirse, só hai que cubrir o seguinte formulario online e enviar o xustificante de pago a escolasantiagocf@gmail.com Para calquera dúbida, pódese chamar ao teléfono 697 408 573.

O que fai grande a un deportista son os seus valores

En moitas ocasións falámosvos neste blog dos valores que aprenden os pequechos practicando deporte (podedes lelo premendo aquí, aquí e aquí) tales como compañeirismo, esforzo, traballo en equipo, respecto… Una vez máis queremos incidir nesta cuestión que tanto defendemos na Escola Deportiva Santiago, amosándovos este vídeo da marca de material deportivo arxentina-brasileira Topper. Dádelle ao play! 😉

E alá vai outra edición do Campus Polideportivo de Semana Santa!

Hoxe rematou o Campus Polideportivo de Semana Santa 2016. Foron tres días estupendos, nos que luciu o sol, e nos que os máis de medio cento de rapaces e rapazas participantes gozaron do deporte en boa compaña.

Os pequechos, de entre 4 e 12 anos de idade, practicaron fútbol, fútbol sala, baloncesto, bádminton, xadrez… así como outros deportes alternativos e exercicios para mellorar a atención. As actividades desenvolvéronse no campo de fútbol de Belvís e no pavillón do colexio Compañía de María de 10:00 a 14:00 horas.

998483_953929614660169_4782313000767078184_n

Este Campus, organizado pola Escola Deportiva Santiago, foi posible gracias á colaboración da Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e Gadis. Moitísimas gracias a todos eles! E tamén, moitas gracias a todos os nenos e nenas polo ben que se portaron e aos seus pais e nais por confiar en nós unha vez máis! Un saúdo agarimoso tamén para os monitores que, coma sempre, souberon coidar moi ben aos rapaces e ensinarlles moitos valores e novas técnicas a través do deporte.

Na nosa páxina de Facebook podedes ver máis fotos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR