Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio

now browsing by tag

 
 

Celebra o Día das Letras Galegas coa música do II Serán Sons do Ilicino en Lestedo

Os nosos amigos das asociacións culturais Mestre Manuel Gacio e Santa María de Lestedo convídannos a participar este sábado, 17 de maio,  no II Serán ‘Sons do Ilicino’. Esta segunda edición, na que colaboran a Deputación de A Coruña e o Concello de Boqueixón, celebrarase en Lestedo a partir das 19:00 horas.

E que mellor maneira de pasar este Día das Letras Galegas que gozando coas actuacións musicais dos grupos Escola Cantigas e Agarimos, Loaira, O Ghusto do Boi, Pandereteiras de Siador, Tirandela de Camanzo, Os Ke Hai, A Requinta de Xián, Pandereteiras de Codeso, Pena do Corvo, Recobio, Ruadeiras de Loimil e Sta. Lucía A.F.  Vémonos alí!

II SERAN SONS DO ILICINO (7)

Contos para todos os nenos co escritor Miro Villar este sábado en Lestedo

Miro Villar. FOTO: AELG


A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio invita a todos os nenos da Escola Deportiva Santiago a participar no encontro co escritor Miro Villar que terá lugar este sábado, 8 de febreiro, ás 18:00 horas no Centro de Interpretación Pico Sacro de Lestedo. Nel colaboran o concello de Boqueixón e a Deputación da Coruña.

Nesta actividade, que eles denominan ‘Contada Rimada’, o escritor ceense narrará varios relatos rimados da súa autoría. E que mellor maneira de pasar a tarde do sábado que cunha boa ración de contos! Ademais de divertirse, os pequenos poderán espertar a súa imaxinación! 
Miro Villar (Cee, 1965) é profesor de lingua e e literatura galegas, poeta, narrador e crítico literario. Ademais de ensaios e obras poéticas, no eido da literatura infantil e xuvenil ten publicados a serie ‘Carlota, a marmota’ (2000), ‘Carlota e a bota perdida’ (2003), ‘Carlota e a gaivota patiamarela’ (2006), ‘O nariz de Fiz’ (2009) e ‘A cobiza do verme Noel’ (2011). Se queredes coñecer máis sobre este autor, podedes premer neste enlace
 
 
 

Música en directo e moita diversión no I Serán Sons do Ilicinio o próximo 25 de maio

Foto: Martiño Picallo (www.cantigaseagarimos.es)
O próximo sábado, 25 de maio, tendes unha cita na localidade de Boqueixón con música en directo e moita diversión. Será no I Serán Sons do Ilicinio que organizan a Asociación Cultural  Mestre Manuel Gacio, o Ghusto do Boi e a Asociación Cultural e de Festexos Santa Mª de Lestedo, en colaboración do Concello. 

O campo da feira de Lestedo acollerá a partir das 21:00 horas as actuacións de A.F. Santa Lucía, Cantigas e Agarimos, Pena do Corvo, Ghusto do Boi, Recobio, Son do Souto e Os ke Hai. Así que se queredes pasar un bo rato, non vos podedes perder esta oportunidade! 




Este sábado non perdas a ruta de sendeirismo polo Pico Sacro

A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, de Boqueixón, anímanos a participar este sábado, 20 de abril, na ruta de sendeirismo que ten organizado polo Pico Sacro. A saída terá lugar ás 17:00 horas, desde o campo de fútbol de Lestedo. A actividade está aberta a todo aquel que queira pasar unha tarde facendo deporte en contacto coa natureza.
O sendeirismo é unha actividade deportiva non competitiva que se realiza en camiños balizados, ubicados no medio natural, e que permite o coñecemento da zona a través do patrimonio e dos elementos etnográficos e culturais. Esta recomendado e é apto para todos os públicos e idades. Entre os beneficios que aporta destaca o feito de ser un excelente exercicio cardiovascular. Estes son algúns consellos a ter en conta á hora de practicalo:
  • Manter un ritmo regular ao camiñar
  • Facer paradas de vez en cando para recuperar o alento, pero non demasiado longas para que os músculos non se enfríen
  • Hai que camiñar fixándonos ben onde pisamos para evitar caídas
  • Apoiarse nun bastón e camiñar en grupo

Queres aprender a xogar á estornela, á chave ou aos bolos celtas?


A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio organiza o vindeiro domingo, 19 de agosto, unha xornada de xogos tradicionais. A cita será ás 19:00 horas no campo da feira de Lestedo. 

Esta entidade anima a todos os amigos e amigas da Escola Deportiva Santiago a participar nesta iniciativa, na que colaboran o Concello de Boqueixón e a comisión de festas de Lestedo.

Todos os que se achegen ao campo da feira de Lestedo este domingo a partir das sete da tarde poderán xogar á estornela, á chave ou aos bolos celtas, entre outros moitos xogos populares galegos. Así que… por que non pasar unha xornada ‘brincando coa historia’? 



A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio anímanos a completar unha andaina polo Pico Sacro

A Escola Deportiva Santiago, o Concello de Boqueixón e a comisión de festas de Lestedo colaboran coa Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio na organización duna andaina polo Pico Sacro o vindeiro 16 de xuño. A continuación tendes toda a información:

ANDAINA POLO PICO SACRO.

O MURMURIO DA RAÍÑA LUPA


O próximo sábado 16 de xuño subiremos o mítico monte, será un exercicio físico na procura dos encantos e misterios que coroan este espazo senlleiro coma o auténtico símbolo das tradicións e historia de Galicia.

A saída será dende o pavillón de Lestedo en Cachosenande ás 16,30 e a chegada ás 20 horas o Centro de interpretación do Pico Sacro, no mesmo lugar de Cachosenande, antiga casa reitoral.

No percorrido imos atopar con varios puntos de interese, entre outros podemos destacar:


  • Restos da igrexa e cemiterio de Rubial

  • Aldea e cruceiro de Rubial

  • Camiño dos santos

  • Capela do Pico

  • Rúa da raíña Lupa

  • Castelo do Pico

  • Cova dos mouros

  • As sobreiras centenarias

  • Fonte milagreira do Pico

  • Centro de interpretación do Pico Sacro

E, fundamentalmente unha solaina encantada, que sempre nos vai amosando diferentes perspectivas sobre unha ollada mergullada nos efluvios do noso espírito moura, sentimento que aínda se percibe no embruxo do lugar.

Ánimo, o día e o enclave son o dúo ideal para camiñar na túa compaña, non defraudes a parella tan especial e confirmade a vosa presenza no correo acmestremanuelgacio@gmail.comou nos teléfonos 649993699, 664444528 ou 626215479.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR