acoso escolar

now browsing by tag

 
 

Dúas curtas para reflexionar sobre o acoso escolar

Segundo a Unesco, dous de cada dez alumnos sofre acoso escolar no mundo.Trátase dun problema moi grave nas escolas ao que non podemos dar de lado. Para reflexionar sobre el, deixámosvos dúas curtametraxes: unha campaña de Android e unha película de Sergio Barrejón que estivo nominada ao Premio Goya.

A Unidade de Atención Temperá da USC axúdate a detectar e intervir en casos de acoso escolar


Sospeitas que o teu fillo pode sufrir acoso escolar? Temes que lle poida pasar nun futuro? Cada vez son máis os nenos e nenas que padecen esta forma de maltrato psicolóxico, verbal ou físico, producido polos seus compañeiros de colexio. Pero como detectalo? Pódese previr? Que podo facer se lle ocorre ao meu pequeno? Estas e outras cuestións son as que se tratarán nunha xornada informativa que organiza a Unidade de Atención Temperá da USC, dirixida pola profesora Mª José Buceta, o vindeiro 22 de maio pola tarde na facultade de Psicoloxía.
Especialistas desta Unidade afondarán nos protocolos que deben seguir tanto docentes como os pais e nais en casos de acoso escolar, tanto se son quen os sofren como se son os acosadores. Trátase dunha actividade gratuíta con prazas limitadas, polo que os interesados deberán preinscribirse no enderezo mjosecarmen.buceta@usc.es. O acceso á xornada realizarase por riguroso orde de inscrición. O prazo para anotarse xa está aberto.

Máis dunha década na USC

A Unidade de Atención Temperá leva máis dunha década traballando no seno da Universidade, tempo no que tratou a máis de 2.500 menores afectados por trastornos ambientais con factores de estrés, exclusión social, trastornos na linguaxe ou algún tipo de enfermidade rara, entre outros. Composta por un equipo multiprofesional do ámbito social, educativo e psicolóxico, a U.A.T conseguiu unir a docencia, a investigación e a atención aos usuarios para dar servizo a todos estes menores.   
Está situada na Facultade de Psicoloxía (Campus Vida) e conta con salas de logopedia,  de terapia de xogo, de atención temperá, de investigación, estimulación precoz e atención psicopedagóxica.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR