Stephen Heppell: “Na escola obsesionámonos coa aprendizaxe individual pero o traballo en equipo é o camiño a seguir”

Coñeces a Stephen Heppell? É o director de decenas de proxectos en escolas e univesidades de todo o mundo co que retomamos a nosa serie de artigos sobre expertos en innovación educativa.

Facémolo compartindo convosco esta entrevista publicada en XLSemanal, e que podedes ler por completo premendo aquí.

Stephen Heppell

Heppell defende unha escola que prepare aos alumnos para afrontar o inesperado. “Se saben manexarse nun entorno cheo de sorpresas poderán lidar coas dificultades e aproveitar as oportunidades”, opina. E tamén na que aprendan a traballar en equipo: “No colexio obsesionámonos coa aprendizaxe individual. No curso 2029-2030 veremos a catro nenos abrindo o mesmo sobre e celebrando que sacaron un sobresaínte nun traballo colectivo. O modelo baseado en proxectos é o camiño a seguir”. Así considera que os pequenos poderán prepararse para o mundo profesional.

O experto tamén critica as aulas con sillas moi incómodas (que son “antilectura”) e aposta por un futuro con clases abertas e moi espaciosas. Alí poderanse xuntar ata cen estudantes con tres profesores e cinco ou seis zonas de atención. E sen separación por idades: “Mire unha familia, un club deportivo, un grupo de teatro… As idades mestúranse. Cando o facemos, os pequenos queren esforzarse para ser como os maiores, e os maiores coidan deles. O comportamento é mellor. E o progreso tamén. Temos este sistema estúpido que retrasa a aprendizaxe duns nenos e obriga a outros a ir coa língua fóra cando os seus ritmos son diferentes”.

LER MÁIS:

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR