O goleador do Celta B, Borja Iglesias, cos rapaces da Escola Deportiva Santiago

A Escola Deportiva Santiago viviu o pasado sábado toda unha festa no pavillón de Roxos. As actividades comezaron ás 12:30 horas cuns partidos nos que pais e nais xogaron contra nenos e adestradores da nosa entidade (Podedes ver as fotos na nosa páxina de Facebook).

A continuación, tivo lugar a presentación do Himno Oficial da Escola Deportiva Santiago, unha creación da artista Celia Pía, que a partir de agora formará parte de todos os actos do clube.

Pero o prato forte chegou cara o final, cando apareceu no campo o goleador do Celta B, Borja Iglesias, xunto con Álex Abalde, coordinador da Escolas e Campus da Fundación Celta. O xogador compostelán entregou unha camiseta do equipo ao gañador das rifas que vendeu a Escola Deportiva Santiago o pasado Nadal, así como outros agasallos do conxunto vigués. Tamén asinou autógrafos a todos os seus pequenos e pequenas ‘fans’.

Un Comentario to O goleador do Celta B, Borja Iglesias, cos rapaces da Escola Deportiva Santiago

  1. […] partir de agora de todos os actos que organice a entidade. A letra, que presentou o pasado sábado despois do partido que xogaron pais e nais contra fillos e adestradores, é a […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR