Facer deporte, unha práctica moi beneficiosa para os nenos desde calquera idade

 
Que modalidade deportiva é a adecuada para os nenos segundo a súa idade? Esta é unha das cuestións das que se fala no artigo que nos enviou unha das seguidoras deste blog e que podedes ler por completo neste enlace
 
A natación é un dos deportes que os nenos poden practicar desde máis pequenos. Incluso sendo bebés. Na auga poden desplazarse por si mesmos aínda que todavía non se manteñan en pé en terra firme. Esta actividade axúdaos a desenvolver a súa psicomotricidade e aumenta o seu equilibrio. 
 
A danza e ximnasia nas súas diferentes disciplinas (rítmica, acrobática, artística, aerobic…) poden comenzar a practicarse a partir dos 3 anos. Aínda que non serán clases específicas, senón clases de psicomotricidade, onde se traballan máis as aptitudes de coordinación de xeito lúdico.
 
A partir dos 3 ou 4 anos, os nenos poden adquirir un bo equilibrio, flexibilidade e unha boa suxeición vertebral practicando a equitación con ponys. Con 4 ou 5 anos é o momento de aprender a montar en bicicleta. O ciclismo axudaraos a desenvolver a súa resistencia cardiovascular e a reforzar os músculos e as articulacións dos seus membros inferiores. 
 
O baloncesto e o fútbol son deportes que desenvolven a velocidade, a resistencia, a coordinación de movementos, o respeto ao adversario e o traballo en equipo. Recoméndase iniciarse a partir dos 5 anos. A mesma idade é a ideal para comezar con deportes de combate como o judo ou o karate. Estos permiten a nenos hiperactivos canalizar a súa enerxía ou agresividade. Tamén é un bo momento para empezar co tenis, un deporte que mellora os reflexos, a coordinación e a concentración. 
 
Sexa unha ou outra modalidade, o máis importante é que os nenos fagan exercicio. Ademais de divertirse, estes son algúns dos beneficios que o deporte aporta aos pequenos:
  • Fortalece músculos e ósos
  • Axuda a evitar a obesidade
  • Axuda a evitar enfermidades como a diabetes
  • Pode correxir posibles defectos físicos
  • Ensina a seguir regras
  • Axuda a relacionarse cos demais
  • Axuda a coordinar os movementos
  • Potencia a creación de hábitos
  • Estimula a hixiene e a saúde
  • Os nenos durmen mellor e son capaces de enfrontarse mellor aos pequenos retos da vida cotidiana
Por último, lembrámosvos que este blog pretende ser un lugar no que os membros da gran familia da Escola Deportiva Santiago poidan aportar as súas ideas, inquedanzas ou suxerencias. Se queredes que tratemos algún tema en concreto relacionado co deporte, a educación ou a saúde infantil ou tendes algún artigo ou información que consideredes que é interesante para publicar, podedes envialo ao noso correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com Tamén podedes poñervos en contacto con nós a través da nosa páxina en Facebook, entrando neste enlace e premendo en ‘Me gusta’. 

Un Comentario to Facer deporte, unha práctica moi beneficiosa para os nenos desde calquera idade

  1. […] moitas ocasións falámosvos neste blog sobre os beneficios do deporte para os máis pequenos. Neste senso, a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que os nenos […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR