E ti, xa colaboraches no proxecto compostelán de loita contra o cancro ‘Biopsia Líquida’ de Oncomet?

Nesta entrada aparcamos os temas sobre deporte e educación que abordamos habitualmente neste blog, para falarvos dunha iniciativa de loita contra o cancro que xa conta co apoio da Escola Deportiva Santiago e na que vos animamos a participar. Trátase da campaña de micromecenado ‘Biopsia Líquida’ de Oncomet.

Tal e como explican na páxina web habilitada para recadar fondos, o obxectivo é lograr 500.000 euros para un proxecto do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional, que traballa no Hospital Clínico de Santiago. A súa meta é caracterizar “distintos tumores mediante mostras de sangue (Biopsia Líquida) de pacientes oncolóxicos de Galicia, co obxectivo de estudar a súa evolución e obter información sobre os mecanismos polos que se produce a metástase ou se desenvolven resistencias aos distintos tratamentos”. Deste xeito, esperan atopar marcadores que “proporcionen información sobre o  tratamento que é mellor escoller e en que momento os pacientes deixan de responder ao devandito tratamento”. Tamén buscan marcadores que “permitan diagnosticar a enfermidade en estadios temperáns, cando as opcións de curación dos pacientes son maiores”. Así, os resultados deste estudo servirán para facer “un diagnóstico máis temperán e sinxelo da enfermidade así como para seleccionar o tratamento dos pacientes dun modo máis personalizado e eficaz”.

Podedes atopar máis información sobre o proxecto, os seus responsables, e sobre como colaborar nas seguintes vías:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR