E alá vai outra edición do Campus Polideportivo de Semana Santa!

Hoxe rematou o Campus Polideportivo de Semana Santa 2016. Foron tres días estupendos, nos que luciu o sol, e nos que os máis de medio cento de rapaces e rapazas participantes gozaron do deporte en boa compaña.

Os pequechos, de entre 4 e 12 anos de idade, practicaron fútbol, fútbol sala, baloncesto, bádminton, xadrez… así como outros deportes alternativos e exercicios para mellorar a atención. As actividades desenvolvéronse no campo de fútbol de Belvís e no pavillón do colexio Compañía de María de 10:00 a 14:00 horas.

998483_953929614660169_4782313000767078184_n

Este Campus, organizado pola Escola Deportiva Santiago, foi posible gracias á colaboración da Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, o colexio Compañía de María e Gadis. Moitísimas gracias a todos eles! E tamén, moitas gracias a todos os nenos e nenas polo ben que se portaron e aos seus pais e nais por confiar en nós unha vez máis! Un saúdo agarimoso tamén para os monitores que, coma sempre, souberon coidar moi ben aos rapaces e ensinarlles moitos valores e novas técnicas a través do deporte.

Na nosa páxina de Facebook podedes ver máis fotos.

Un Comentario to E alá vai outra edición do Campus Polideportivo de Semana Santa!

  1. […] estupenda oportunidade de fomentar a actividade física dos nosos fillos xogando ao aire libre. Nos Campus Polideportivos que organizamos na Escola Deportiva Santiago, ademais de deportes clásicos como o fútbol ou o […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR