De que serve castigar o teu fillo sen adestrar ou xogar un partido?

 

Un dos lectores deste blog fíxonos chegar un enlace dun escrito no que formulan unha interesante pregunta: “Que gaña o teu fillo cando o castigas sen adestrar?” (podes lelo por completo premendo aquí).  
 
Nel, o coach deportivo Kike Fernández, recolle un artigo da psicóloga Yolanda Cuevas no que reflexiona sobre os beneficios do deporte para os nenos, tanto físicos (prevención contra a obesidade e enfermidades como a diabetes, coordinación de movementos, fortalecemento de músculos e ósos, etc.) como educativos e psicolóxicos. “O cerebro dun neno/a deportista é mais activo, a atención e a concentración toman protagonismo“, afirma. Cuevas sinala, ademais, que a práctica do exercicio físico fomenta “o ser perseverante, tolerar o erro propio e o dos compañeiros e aprender deles como parte do proceso de aprendizaxe”.
 
Por iso, para esta psicóloga cada día que deixas ao teu fillo sen facer deporte “impides o seu desenvolvemento físico, mental e a súa longa lista de beneficios”.  Se o castigas sen ir a adestrar, “non só non fai o esforzo que tiña que facer para desplazarse, senon que ademais deixa de facer co que estaba facendo, non cumple co compromiso que ten cos seus compañeiros… É dicir, estás fomentando a non responsabilidade”.  

Pola súa banda, Kike Fernández engade outra consideración: “Que mensaxe lle estamos a dar se lle quitamos, por exemplo, o partido? Esforzouse? Cumpriu co seu compromiso? Cres que debería opter o seu premio e apoialo o sábado na competición? O día é largo dabondo como para que dea tempo a todo, só fai falla un plan de acción para que organice o seu tempo, para que aprenda a facelo”. 

E ti, que opinas? Podes deixarnos a túa opinión no espazo para comentarios que hai debaixo.
Por último, aproveitamos este post para recordarvos, unha vez máis, que se tendes algunha información ou dúbida sobre o deporte, a educación ou a saúde infantil que vos gustaría que se tratara neste blog, podedes escribirnos a escolasantiagocf@gmail.com 
Tamén podedes atoparnos en Facebook: www.facebook.com/escoladeportivasantiago 
 

Un Comentario to De que serve castigar o teu fillo sen adestrar ou xogar un partido?

  1. […] – De que serve castigar o teu fillo sen adestrar ou xogar un partido?  […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR