“Conquista os elementos”, unha campaña de fomento do deporte feminino

O día 19 de xaneiro temos unha cita en Compostela. Inaugúrase a tempada de videoforums sobre muller e deporte “CONQUISTA OS ELEMENTOS”, unha campaña da Deputación da Coruña para sensibilizar e visualizar o deporte feminino na provincia.

O acto comezará ás 19:00 horas no centro sociocultural das Fontiñas coa proxección do documental “CONTRA OS ELEMENTOS”, no que se basea esta iniciativa. Posteriormente haberá unha mesa redonda en torno á temática “EMPODERAMENTO DA MULLER NO MUNDO DO DEPORTE” na que participarán Adrián Dios Vicente, adestrador de baloncesto e árbitro; Paula Mayobre, atleta internacional ademáis de adestradora e directora da escola deportiva que leva o seu nome; María Obelleiro, Directora do semanario Sermos Galiza e tamén Cristina López Villar, profesora e investigadora da Universidade da Coruña.

Nesta campaña, que terá unha duración de 12 meses, desenvolveranse 23 vídeo forums en 23 Concellos diferentes. O obxectivo é que se visualice o deporte feminino na Provincia da Coruña, amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva destas deportistas de elite e axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade. Queren ademais que sirva para apoiar os deportes minoritarios e de base, Só a través da loita contra os elementos se produce a súa conquista, con este xogo de palabras que dan título a Campaña fan unha alusión directa ao contexto no que as mulleres deportistas desenvolven a súa actividade, xa sexa de forma afeccionada ou profesional.

Foto: Presentación da campaña. 

Un Comentario to “Conquista os elementos”, unha campaña de fomento do deporte feminino

  1. Beatriz dice:

    A visualización dp deporte feminino ten que ser a través dos medios públicos de comunicación de masas, e en prime time, senón seguiremos vendo o deporte femenino en video forums.

    A outra parte interesante sería promover os deportes por equipos mixtos, nada mellor para promover igualdade que creándoa. Un exemplo interesante de igualdade é o baile deportivo, home e muller forman o equipo.

    De paso dicir que os deportes minoritarios hai que publicotalos e promocianalos moito máis.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR