Arranca o verán co II Campus ETC – Ensino Técnico Competicional

Despois do éxito do primeiro Campus ETC (Ensino Técnico Competicional) organizado pola Escola Deportiva Santiago o ano pasado, a nosa entidade pon en marcha a segunda edición deste novidoso concepto de campus de fútbol.

O pavillón e o campo de fútbol de Santa Isabel volverán a acoller as actividades deste Campus ETC, onde os  nenos e nenas asistentes poderán mellorar a súa técnica a través dos exercicios propostos polos monitores e tamén das competicións que disputarán por equipos. O Campus – no que colaboran a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, Grupo Germania, Gadis e a Unidad de Psicología y Coaching Deportivo Libredon – celebrarase os días 27, 28, 29 e 30 de xuño e 1 de xullo en horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas).

Preme na imaxe para ampliar

Preme na imaxe para ampliar

Os xogadores (de entre 4 a 14 anos de idade) poderán inscribirse de maneira individual – formando os equipos os responsables da Escola – ou xa por equipos en grupos de 3, 4 ou 5 persoas. As actividades, baseadas na competición, incluirán dinámicas de psicoloxía e coaching deportivo para ensinar aos pequenos valores como o compañeirismo e o esforzo e adestrar as súas mentes para mellorar a concentración e a comunicación.

Equipación de agasallo
O prezo por inscrición individual é de 85 euros, con desconto para o segundo irmán (que só pagará 75 euros) e familias numerosas (65 euros por cada irmán). O prezos polas inscricións por equipos son de 75 euros por neno/a para grupos de 3; 65 euros por neno/a para grupos de 4; e 55 euros por neno/a para grupos de 5. Poderase solicitar tamén un servizo de acollida ás 9:30 horas por 5 euros. Todos os participantes recibirán unha equipación de agasallo.

Os interesados deberán cubrir o formulario online que atoparedes ao final desta nova. Para calquera dúbida, poden chamar ao teléfono 697 408 573 ou escribir a escolasantiagocf@gmail.com

2 Comentarios to Arranca o verán co II Campus ETC – Ensino Técnico Competicional

  1. Juan Isabel Montero dice:

    He una forma de que los niños pueden asociarse con otros,y hacer nuevas amistades

  2. […] torneos servirán de colofón á segunda edición do Campus ETC (Ensino Técnico Competicional) organizado pola Escola Deportiva Santiago coa colaboración da Deputación de A Coruña, o Concello […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR