Actividades

Escola de Fútbol Sala

ESCOLAFUTBOLSALANa Escola Deportiva Santiago contamos con varios equipos competindo na liga local de fútbol sala, tanto integrados por nenos como por nenas, nunha clara aposta deste club por apoiar ao fútbol feminino.

Horarios dos adestramentos

  • Luns e mércores de 18:30 a 20:00 horas no pavillón de Lamas de Abade.

Escola de Fútbol 8

ESCOLAFUTBOL8Na Escola Deportiva Santiago contamos tamén cun equipo de Fútbol 8 que comezou a competir na tempada 2013-2014 .

Horarios dos adestramentos

  • Martes, de 18:00 a 19:00 horas, no campo de fútbol do Sergas e os venres, de 18:30 a 21:30, no campo de fútbol de Belvís.

Campus Polideportivos:

CAMPUSPOLIDEPORTIVOSNa Escola Deportiva Santiago organizamos tamén diferentes Campus Polideportivos, que se desenvolven durante aqueles periodos vacacionais nos que os nenos e nenas non teñen clase (Nadal, Semana Santa e verán).

Os pequenos poden practicar deportes como fútbol, fútbol sala, baloncesto, bádminton, atletismo, xadrez, golf ou habilidades de loita; aprendendo moito, pero sobre todo pasando un bo rato!

Campus e Tecnificación:

CAMPUSTECNIFICACIONNos meses de verán poñemos tamén en marcha Campus de Tecnificación en Fútbol, onde pequenos futbolistas poden mellorar as súas técnicas e tácticas da man de reputados adestradores. Os campus desenvólvense en varias localidades galegas como Santiago, Rois ou Cambados (con posibilidade de pensión completa).

Cursos de Formación:

Cursos de Formación:

CURSOSFORMACIONAo longo do ano ofrecemos tamén distintos cursos de formación dirixidos a adestradores e monitores de fútbol, en colaboración con entidades como a Cruz Vermella ou o Centro Xuvenil Don Bosco.

Premios:

Premios:

Premios:

Premios:

PREMIOSNa Escola Deportiva Santiago outorgamos uns premios cos que recoñecer o labor de xogadores e adestradores do fútbol base compostelán. Teñen carácter anual e están patrocinados por Activa Galicia e Expert.

Lista de gañadores

  • Pablo Insua, Premio Activa á Mellor Promesa do Fútbol Compostelán 2013
  • Víctor Santos, Premio Connecta ao Mellor Adestrador do Fútbol Base compostelán 2013
  • Jota Peleteiro, Premio Expert ao Futbolista Máis Destacado da Comarca Compostelá 2014 (categoría masculina)
  • Sheila Fernández, Premio Expert á Futbolista Máis Destacada da Comarca Compostelá 2014 (categoría feminina)
  • Nuria Rábano, Premio Expert ao Futbolista con maior Proxección da Comarca Compostelá 2014

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR