A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio anímanos a completar unha andaina polo Pico Sacro

A Escola Deportiva Santiago, o Concello de Boqueixón e a comisión de festas de Lestedo colaboran coa Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio na organización duna andaina polo Pico Sacro o vindeiro 16 de xuño. A continuación tendes toda a información:

ANDAINA POLO PICO SACRO.

O MURMURIO DA RAÍÑA LUPA


O próximo sábado 16 de xuño subiremos o mítico monte, será un exercicio físico na procura dos encantos e misterios que coroan este espazo senlleiro coma o auténtico símbolo das tradicións e historia de Galicia.

A saída será dende o pavillón de Lestedo en Cachosenande ás 16,30 e a chegada ás 20 horas o Centro de interpretación do Pico Sacro, no mesmo lugar de Cachosenande, antiga casa reitoral.

No percorrido imos atopar con varios puntos de interese, entre outros podemos destacar:


  • Restos da igrexa e cemiterio de Rubial

  • Aldea e cruceiro de Rubial

  • Camiño dos santos

  • Capela do Pico

  • Rúa da raíña Lupa

  • Castelo do Pico

  • Cova dos mouros

  • As sobreiras centenarias

  • Fonte milagreira do Pico

  • Centro de interpretación do Pico Sacro

E, fundamentalmente unha solaina encantada, que sempre nos vai amosando diferentes perspectivas sobre unha ollada mergullada nos efluvios do noso espírito moura, sentimento que aínda se percibe no embruxo do lugar.

Ánimo, o día e o enclave son o dúo ideal para camiñar na túa compaña, non defraudes a parella tan especial e confirmade a vosa presenza no correo acmestremanuelgacio@gmail.comou nos teléfonos 649993699, 664444528 ou 626215479.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR